Domingo, 6 de Decembro de 2009

Tertulia sobre a TDT en Correo TV

Esta semana no Faladoiro de Correo TV dialogaron sobre a transición á televisión dixital terrestre (TDT), contando coma conviados con Ignacio Otero, subdirector xeral de Enxeñería e Planificación de Telecomunicacións da Xunta de Galicia; Ángeles Vázquez, deputada provincial e anterior alcaldesa de Melide; Miguel López, secretario da Unión de Consumidores de Galicia e Santiago Rey, director general de TRedess.
O vindeiro martes pola noite vaise volver a emitir o programa, pero quen o perdera no seu día, non queira agardar, ou non sintonice Correo TV, pode ver a tertulia sobre a TDT a continuación:


Resultoume curioso ter coñecido en persoa a todos os interlocutores agás a un (Santiago Rey), e aínda que os puntos de vista que deron a meirande parte dos convidados eran moi formais, coido que superado o apagamento analóxico vai cobrar máis importancia o perspectiva de Miguel López, pois a información sobre a TDT pasará a un segundo plano, e serán os consumidores os que poranse a esixir un mellor servizo (actualmente é un pitorreo que anden que reaxustes de frecuencia, cambios de potencia e cousas polo estilo, que forzan que en moitos equipos haxa que resintonizar as canles cada poucos meses).
Eu continúo a protestar pola falta de contidos a través da TDT, o que podería agravarse en vista de que boa parte das concesións de TDT de ámbito local están a quedar no limbo, xa que nas últimas semanas o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegais as concesións de Ferrol e Pontevedra, ás que poderían seguir outras cidades galegas coma Lugo (onde repítese a mesma ilegalidade). Queda así constancia que o reparto de licenzas de TDT en Galicia foi unha trapallada absoluta, resultando prexudicados os profesionais do sector e os espectadores.

8 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 0:14

varias cuestións
No caso da Galiza a TDT é un grande paso. En moitas zonas afastadas a única tv que se pode ver é a galega e a primeira cadea. As demáis vense de pena. A TDT achega unha calidade de imaxe descoñecida pra moita xente

Unha cousa, nesas xuntanzas NON é posible levar a alguén de televes? Non se tenta levar a isa xente, convidala ou é que non lles interesa sair na tv? (contradictorio en si mesmo iso)

Más de un centenar de personas se manifiesta para pedir señal de TDT
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/mas-de-un-centenar-de-personas-se-manifiesta-para-pedir-senal-de-tdt/idEdicion-2009-12-06/idNoticia-494391/

a gravatar

2. Marcus escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 2:51

Nemigo, temo que a xente que actualmente só ve TVE1 terá bastantes problemas para ver a TDT (case seguro que deberán optar polo satélite), pero tamén hai que recoñecer que a televisión analóxica ten as súas vantaxes. Por exemplo, eu na miña casa teño boa recepción, e cando vai mal tempo algunhas canles da TDT entrecórtanse, mentres que ese tipo de interferencias apenas afectan ao sinal analóxico. Aparte, non esquezamos que a mellor calidade da TDT é unha falacia: se recibes o sinal ben non hai ningunha mellora, pois en moitos casos a compresión do sinal dixital é excesiva. Por normal xeral a TDT vese mellor, pero non sempre é así.

Sobre os convidados aos programas de televisión e radio, cónstame que normalmente convídase a Televés ou a Blusens (coma fabricantes locais de receptores de TDT), pero tenden a pasar do tema. Supoño que simplemente non teñen coma prioridade a relación cos medios.

a gravatar

3. azucre escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 16:01

Marcus, ponte ao día.
Ánxeles Vázquez non é deputada provincial dende o pasado mes de agosto. Por certo, alguén me pode explicar que pintaba esta señora neste debate? FLIPO…!!!

a gravatar

4. mel escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 16:34

Tremenda actuación de Ángeles. Unha hora de programa e só tres intervencións carentes do máis mínimo interese. Por certo, a presentadora dixo ao principio do programa (…que fora ata moi pouquiño deputada provincial) e , aínda así póñenlle sempre enriba do seu nome o de deputada provincial (sen selo). Cousa máis rara, ¿Daríalles apuro poñer simplemente concelleira da oposición, que é o único que é realmente, ou que?.
A Ánxeles alguén lle debía de dicir que non chega con falar rápido e con voz máis ou menos alta e clara, hai tamén que dicir algo interesante, se é que é capaz, claro.

a gravatar

5. El_podcastero_enmascarado escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 21:44

“Resultoume curioso ter coñecido en persoa a todos os interlocutores agás a un” eso é porque estás na pomada…

a gravatar

6. O de sempre escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 23:02

Que pena, faltar a unha persoa de Melide sen ningun tipo de argumento.
So meterse con Anxeles porque existe, que lastima. Se sale porque sale, se non sale porque non sale, o conto e falar mal.
Pero tede paciencia, pouco tardara en voltar a pesar vosa.
A cuidarse.

a gravatar

7. Marcus escrito o 7 de Decembro de 2009 ás 23:29

#3 Azucre, o de deputada provincial quiteino da web de Correo TV. Non tiña nin idea de que xa non o era.
Tampouco entendín moi ben por qué era a convidada para falar do tema (sospeito que porque viñan de anunciar o acendido de micro-reemisores no contorno de Melide) aínda que agradoume ver unha representación melidense no programa.

#5 Podcastero, pareceume curioso porque a cada unha das persoas as coñecín en circunstancias moi distintas:
- con Ignacio Otero coincidín nun debate sobre a banda larga en Galicia hai uns 7/8 anos
- Ángeles era a anterior alcaldesa de Melide
- Miguel López intervén no Bos Días da TVG unha hora antes ca min, polo que coincidimos na sala de espera ou en maquillaxe.
- nin dicir que fun realizador do programa de Correo TV, polo que tamén coñezo á presentadora.
Vaia, que foi todo un cúmulo de coincidencias.

a gravatar

8. Nemigo escrito o 9 de Decembro de 2009 ás 19:54

vendo a selección de convidados comprendo perfectamente (agora si) porque televes e blusens non queren ir :-(

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios