Sábado, 5 de Decembro de 2009

Enrique Dans fala en galego sobre a polémica a nova lei anti-piratería

Esta mañá no Somos Quen da Radio Galega contaron coa presenza de Enrique Dans falando en galego sobre a polémica destes días:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

12 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 5 de Decembro de 2009 ás 13:25

dixo se aceptaba cambiar a lei por un script ban day? O gurú do clon laranxa pode facer un, non sería a primeira vez

a gravatar

2. undedous escrito o 5 de Decembro de 2009 ás 15:35

Lástima que o feito de que o faga en galego sexa digno de mención. Algún día non o será, espero.

a gravatar

3. Marcus escrito o 5 de Decembro de 2009 ás 16:39

Undedous, é digno de mención porque, coma di el mesmo, leva 20 anos vivindo en Madrid (aínda que veña moito por aquí). Ten mérito que fale cun nivel de galego máis que aceptable (mellor que o de moitos dos nosos políticos).

a gravatar

4. undedous escrito o 9 de Decembro de 2009 ás 23:02

Dirías o mesmo dun británico que leve 20 anos vivindo en Barcelona, e que vai a Londres e fala en ingleś na BBC?

a gravatar

5. Marcus escrito o 9 de Decembro de 2009 ás 23:40

Un británico que viva fóra do seu país 20 anos perde parte do acento/léxico con total seguridade. Nós non o notariamos, pero os británico si.
Lémbrame a xente que coñezo con familia en Galicia que ten un acento madrileño ou catalán marcadísimo, pero que na súa terra din que se lles nota o acento galego. O mesmo que acontece co acento pode trasladarse a expresións, vocabulario, etc. Non esquezamos que a lingua está viva, e nun par de décadas cambia moito máis do que pensamos.

a gravatar

6. Sak escrito o 10 de Decembro de 2009 ás 1:29

Ten un galego caralludo!!

Undedous, que nos guste que non sexa noticia non é que non sexa, parabéns a Enrique por ese galego tan bon!

a gravatar

7. lauren escrito o 12 de Decembro de 2009 ás 18:11

Sinto ser avogado do demo.Pero, eu entendo que unha autoridade Administrativa é quen de inspeccionar e sancionar no seu caso unha paxina web.Da mesma forma que unha autoridade administriva pode sancionar un comercio, ou un albanel qeu non usa medidas de seguridade, o que ten que existir é unha norma sería, consensuada que regule esas actividades.

a gravatar

8. Marcus escrito o 12 de Decembro de 2009 ás 18:54

Lauren, non falamos de sancionar, falamos de pechar/bloquear, o que é equivalente a secuestrar unha publicación impresa.
Está claro que Sanidade (autoridade administrativa) pode pechar un local, como tamén pode facer o mesmo unha inspección de traballo, pero neses casos estaría xustificado porque ponse a persoas en perigo. No caso dos atentados a dereitos de autor un peche administrativo sería desproporcionado, pois daríase máis importancia a un interese comercial que á liberdade de expresión e información.
De feito, actualmente Sanidade tamén pode pechar páxinas web de anorexia e bulimia, pero eses casos están máis que xustificados. O que non é aceptable é que uns dereitos de propiedade intelectual (que poden ser discutivos, xa que existen moitas excepcións nos dereitos de autor) poidan servir de desculpa para pechar unha web de calquera índole (o anteproxecto de lei actual non especificaba nada de webs de descargas nin nada polo estilo, de xeito que poderían pechar este blog mañá mesmo se eu dixese algo que non lles gusta, e iso non mola nadiña).

a gravatar

9. lauren escrito o 13 de Decembro de 2009 ás 11:18

Non entendo a diferencia que fas entre sacion e pechar unha web, posto que pechar unha web é unha sanción.As sancions son un mal, coa funcion de castigar o que infrinxe unha norma, a sua cuantía e FORMA varía en funcion da conducta que queramos castigar, deberá existir, é existe, un principio de graduacion en severidade dende unha cuantia leve a pechar un recinto.
Respeto que unha A.administrativa pode pechar un local porque se poñen as persoas en perigo…Pois sinto volver estar en desacordo absoluto, por poñer un exemplo de moitos; A multireincidencia agrava a sanción ata a posible clausura dun local, de feito a mesma conducta (coma vender roupa falsa,etc..) repetida en distintas ocasions (mais concretamente catro faltas leves nun ano), equivaldrían a unha grave, etc… non fai falta poñer en perigo as persoas para que sancione unha autoridade administrativa en ningun caso, de feito é o reves, se existe “grave perigo hacia as persoas” xa é unha autoridade xudicial, coma así indica o c.p. a que lle corresponde castigar ese feito

O que eu considero desproporcionado é utilizar o poder punitivo xudicial en acordo por exemplo o principio de “ULTIMA RATIO LEGIS “,cando estamos a falar de temas que non tipifica o codigo penal,nin teñen peso para elo, é que non requiren dunha investigacion tan profunda, nin uns fundamentos en dereito complexos. Senón que falamos de conductas tanto ou mas flagrantes e sinxelas coma vender peliculas piratas nun video club.
Agora ben, que unha autoridade pode pechar o teu blog se ti dis algo que non lle gusta…Iso é totalmente imposible nun Estado de dereito, no cal a censura foi proibida cando morreo Franco, se o anteproxecto de lei di eso, o cal dudo, non chegaría a ser nin proxecto sequera, posto que caeria polo seu propio peso nas cortes.Aquí estamos a falar de webs que gañan moitos cartos a base de descargas de peliculas que unha persoa conseguiu introducindo unha camara nun cine.E non serei eu o que defenda as discograficas, pero que elas son libres de gañar os cartos coma estimen oportuno, sempre que respeten as leis, se non queren actualizarse alá elas, son entidades privadas responsables dos seus bens, igual que os bancos, os fontaneiros, ou as aseguradoras, que tp son ong precisamente.
Saudos.

a gravatar

10. Marcus escrito o 13 de Decembro de 2009 ás 22:27

Lauren, co texto actual do borrador da Lei precisamente o problema é que pasan o estado de dereito polo forro. Só falan de non respectar a propiedade intelectual, para o que chega poñer unha imaxe da que non tes dereitos, algo que poñen practicamente todas as webs do mundo.
As protestas non van porque queiran pechar webs de P2P e descarga directa, senón porque deixen que iso o poida facer unha comisión, especialmente cando actualmente non son quen de facelo pola vía xudicial. Se os xuices non atopan delito, ¿cal é o argumento para bloquear o acceso a unha web en concreto? Non esquezamos que no resto de sancións administrativas, se fosen a xuízo (e en moitos casos o fan) o xuíz tamén decretaría o peche.
O que estamos s ver estes días é que o borador da Lei non especifica nada, mentres que os políticos están a falar dunha serie de condicións que non están escritas en ningures, polo que piden asinar un contrato en branco, xa que a normativa que regulará a Comisión da Propiedade Intelectual non está nin en fase de borrador.

a gravatar

11. lauren escrito o 14 de Decembro de 2009 ás 17:15

En canto teña tempo, leerei detidamente o borrador para poder falar con coñecemento absoluto de causa.O que teño claro é que a Sgae non é nin unha autoridade nin nada que se lle asemelle, e non pode acordar nada, como moito propondrá.As meus razoamentos anteriores basanse en contrastar o mais obxetivamente que podo o que escoitei das duas partes.

a gravatar

12. kas escrito o 4 de Febreiro de 2010 ás 3:08

Para só saber português básico e espanhol falao-o bastante bem… http://profesores.ie.edu/enrique_dans/download/cv-nov02.pdf

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero