Bos Días ás consolas de videoxogos
Esta mañá, dada a proximidade do Nadal, falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro no Bos Días da TVG das consolas de videoxogos:
Está claro que é unha cuestión de gustos. Eu son usuario da Xbox 360, e de usar unha portátil, optaría pola PSP, pois admito que as consolas de Nintendo apenas teñen xogos que encaixen nos meus gustos.
Sobre os xogos tamén falamos un chisco hoxe:
Coido que a semana que vén imos comentar máis sobre xogos, pois non tivemos tempo suficiente para comentar o fenómeno dos xogos musicais, ou facer algunha recomendación de xogos por rangos de idades ou plataformas (que posiblemente é o que quere escoitar moita xente de cara a elixir os agasallos do Nadal).
Precisamente de videoxogos falei tamén o pasado xoves no programa A Tarde da Radio Galega, centrándonos nos xogos musicais e na Wii:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Quixera destacar que aínda que segundo dos datos que anuncian dende aDeSe os nenos son o grupo demográfico que máis uso fai dos videoxogos (o 80%), a media de idade dos xogadores continúa a ser elevada (ronda os 30 anos) e no volume de negocio os adultos temos moito peso, coma queda claro ao ver os cartos que ingresan xogos coma Modern Warfare 2 e Grand Theft Auto IV. Non podemos esquecer que os nenos non teñen capacidade económica como para mercar con certa frecuencia xogos para Xbox 360 e PS3.
Dende a propia aDeSe recoñecen que o grupo de usuarios que pasa máis de 4 horas á semana xogando é maior nos adultos que nos nenos, o que reflicte un cambio xeracional. A xente que utilizou videoxogos de neno nos os abandonou co tempo, e así é de agardar que a medida de idade de xogadores increméntese durante moitos anos, ata que estea normalizado o uso de videoxogos por todos os rangos de idades, como acontece con outros tipos de lecer electrónico. O tópico de que os videoxogos son para nenos é cousa do pasado, aínda que é unha mágoa que fose Nintendo coa Wii e a DS a que máis contribuíu a tal fin.




8 comentarios realizados
1. skaltum escrito o 12 de Decembro de 2009 ás 13:52
Totalmente de acordo contigo, a potencia das dúas grandes competidoras como é a Xbox 360 e PS3 son case idénticas, polo que todos estos personaxes que se adican a presumir sobre a súa consola e “defecar” sobre a contraria podían ir rañala… estou algo enfadado porque ando metido por foros, e sempre me pasa o mesmo conto de sempre. Hai trolls a patadas!!.
Ti dis que prefires a PSP,e a simple vista eu tamén me decantaría por ela, pero eu matizaría o conto, porque existen xogos na portábel de Nintendo realmente bos, sen ir máis lonxe eu estou xogando a dúas vedadeiras obras de arte. A primeira é o Zelda:Spirit Tracks ( sempre me gustou o mundo de Zelda), e a segunda xoia é o último xogo de rol dos irmáns máis famosos das consolas, Mario & Luigi: Bowser´s Inside Story.
Por certo, penso que o éxito da WII, non se debeu só á creación de videoxogos a persoas afastadas deste mundo, porque Nintendo fixo unha campaña de Márketing de sobresaínte, iso non hai que negarllo, pero moléstame que teña que rexeitar esta compañía sabendo que me criei con ela dende pequeniño.Nacín coa NES, flipei coa SNES, quedei atónito coa N64, non baixaron o nivel coa Cube, e agora chega a Wii e tira toda a calidade que ten pola borda , para crear xogos exclusivos para cativos.
Nintendo, non te recoñezo, volverás a resucitar na próxima xeración??ummmmmm, economicamente estache saindo moi ben a xogada, polo que o dubido bastante.
Saúdos.
2. Marcus escrito o 12 de Decembro de 2009 ás 17:08
Skaltum, o curioso do marketing de Nintendo é que foi mellor que o de Sony, pese a que Sony tiña máis cartos e marca. Está claro que dende Sony non souberon vender ben o produto, e o grande erro da PS3 foi meterlle o Blu-ray de serie, o que non só encareceu a consola, senón que retrasou o seu lanzamento un ano, e así os hardcore gamers mercaron a Xbox 360, e agora non van cambiar á PS3 porque terían que volver a mercar periféricos e contidos descargables (o que non sae a conta). Amais, a Xbox 360 dálle un repaso brutal á PS3 en xogo en rede.
Sobre a diferenza de potencia entre a PS3 e a Xbox 360, é inapreciable, pois incluso o seu procesador comparte deseño parcialmente (son do mesmo fabricante, que fixo a cabronada de vender a Microsoft un traballo qe estaban a facer para Sony). Amais, de nada serve que a PS3 sexa un pouco máis potente, se os xogos os fan para Xbox 360 e logo os transforman para PS3. 9 de cada 10 títulos multiplataforma son mellores en Xbox 360 que en PS3 (en boa medida porque a Xbox 360 ten unha arquitectura interna máis sinxela, tanto no seu procesador como na xestión de memoria). Por exemplo, resulta imperdoable que moitos dos xogos de PS3 precisen instalación en disco duro e que tal cousa apenas afecte aos seus tempos de carga, mentres que na 360 cargan só un chisco máis lento. Amais, a 360 ten a instalación en disco duro coma opción, o que resulta menos violento para o usuario.
De todos os xeitos, para min o peor da actual PS3 é que perdeu a retrocompatibilidade, o que paréceme unha falta de respecto para os fieis á marca PlayStation (especialmente porque van rematar vendendo os vellos xogos de PS2 coma contido descargable).
Da Nintendo DS, está claro que ten moitos xogos bos, pero a meirande parte son cutrísimos. De feito, fóra dos xogos que utilizan a stylus, parece unha Game Boy Advance (consola que, por outra banda, ten os xogos máis manexables para portátiles). Que a DS teña moita variedade de xogos non parece ser moi decisivo, especialmente se a comparamos coa espectacularidade da PSP, aínda que hai que recoñecer que a aposta de Sony polos discos UMD foi unha cagada (parece mentira que meteran o zoco nese aspecto tanto en portátil coma en doméstica).
3. lauren escrito o 12 de Decembro de 2009 ás 17:29
A miña xogada para este nada vai ser do mais cutre que se pode facer.Pero os cartos mandan.E vou mercar a ps2 por 70 eurelios e meterlle con xogos de 10 euros, tipicos para xogar os coches os avions e o futbol.Por outra banda tp quero volver a meterme no mundo das consolas a fondo, pq coma me compre a ps3,cos xogos de ultima xeración, sei que lle vou dedicar moitisimo tempo…e hoxe prefiro invertilo noutras cousas.
Saudos.
4. Nemigo escrito o 12 de Decembro de 2009 ás 21:40
penso que a PS3 está a anos luz das demáis. En todo. Tecnoloxía e gráficos. Non é un erro moter o blu ray de serie. Non o foi meter o DVD na PS2 Que lembremos cando saíu custaba 80 mil pelas. Era case máis barata que os primeiros lectores de DVD De feito había quen a mercaba por iso, pra ver pelis. Aínda que daba problemas de lectura. Hoxe unha PS2 custa menos de 100 euros… pero non a quere ninguén
A PS3 é demasiada novidade pode que ise sexa o problema. Moitas cousas xuntas e iso fai que o prezo sexa alto e iso lle fai perder puntos
A WII parece unha consola pra cativos ou xente que non lle gustan os xogos
Os xogos da wii lembran aos primeiros que había… vai 20 anos!
5. Marcus escrito o 13 de Decembro de 2009 ás 0:59
Nemigo, o Blu-ray está considerado unanimemente (por parte dos analistas do sector) coma o grande lastre da PS3, pois a consola estaba desenvolvida á vez que a Xbox 360, por mor dos retrasos na fabricación das unidades de lectura demoraron o lanzamento da consola ¡un ano! O que fixo que nos EE.UU. a Xbox 360 conseguise unha posición tan boa como a PS2 no seu día, e a PS3 o ten imposible para recuperar posicións no mercado norteamericano (en Europa é outro conto).
Dende Microsoft foron máis espabilados, e venderon o HD DVD coma periférico externo, o que permitiu que a 360, con case as mesmas prestacións técnicas que a PS3, pero un ano antes e á metade de prezo. Hoxe as consolas están máis parellas en prezo, pero ¡tiveron que pasar 4 anos de éxito para a consola de Microsoft!
O problema da PS3 non foi que fose unha novidade, senón que saíu tarde, a un prezo elevadísimo (en España vendíase a 600 euros) e, non o esquezamos, impirateable. Sen dúbida, uns puntos nos que non coincidiu en absoluto coa PS2, que tamén tardou en calar no mercado, pero movíase nun panorama distinto, cunha Xbox inmadura e unha Nintendo fóra de xogo.
Admitamos que Sony actualmente é o grande perdedor do sector, pois non lidera nin o sector doméstico nin o portátil, o que servirá para darlles un baño de humildade, para que no futuro non pisen aos consumidores.
Ah, e a PS2 aínda goza de boa saúde, vendendo SingStars coma churros, e conservando basante espazo nos centros comerciais, o que vai rematar en 2010, pois as franquías de éxito van deixar de producir para esta consola (que continúa a ser a que ten o maior parque nos fogares).
Sobre a Wii, está claro que a consola é cutre (vén a ser unha Gamecube cun mando con sensor de movemento) pero conseguiu achegar a certo público aos videoxogos, e ese mérito non pode negarse.
Curiosamente si ten xogos ben feitos (Madworld, Muramasa, etc.), pero por desgraza venden mal, e así os estudos non se animan a facer bos produtos. Á Nintendo DS tamén pásalle o mesmo (unha mágoa o mal resultado de GTA: Chinatown Wars).
6. Nemigo escrito o 13 de Decembro de 2009 ás 12:39
a novidade págase e custa cartos. Lóxico que pese iso no prezo da PS3
Sony apostou por blu ray e saiu gañador blu ray
O do pirateo si é importante no mercado e si lles deu mercado na PS2 pero agora iso non debera ser tan relevante. É loxico que melloren a protección contra copia e máis cando iso se conecta a internet. Non vaia a ser o demo que alguén abra un server no cu do mundo e se poñan todos a baixar canto xogo hai
Xa se verá co tempo. A PS3 baixará de prezo e aumentará de potencia. Sony sempre estará no negocio xbox está hoxe e mañá dalles un punto e deixan o negocio
7. skaltum escrito o 17 de Decembro de 2009 ás 17:24
Pois eu opino exactamente o mesmo que Marcus, Sony pretendeu innovar demasiado engadindo o Blue-ray pero non lle saiu o tema como pensaba, porque a diferenza do que pasaba coa Play2, programar para a Playstation 3 é un verdadeiro inferno, de aí a diferenza entre versións, na que a melloría dos videoxogos (con referenza á calidade é superior na 360 ), porén para programar para 360, segundo teño entendido abonda con controlar Direct X e pouco máis, así que xa me diredes a vantaxe de esa enorme calidade da Play 3, xa que a fin e ao cabo o que verdadeirmente importa son os videoxogos.Por suposto, hai excepcións que confirman a regra como Uncharted, Killzone e algún máis por aí.
Cambiando de tema e desta volta referíndome á Marcus, claro que foi unha mágoa o pouco éxito do GTA na DS, poro ao mesmo tempo non me extrañou o máis mínimo. Alguén pensaba que ía ser un éxito?, trabúcome ou estamos falando da DS?, xa sabemos a quen vai dirixido…e a non ter tanto éxito Rockstar que fai?, pois traspasa o xogo enterio á PSP e sen variar case, case, case, nada.Penoso.Penoso.Por suposto tampouco tivo o éxito esperado, que se non triunfou na Ds, na PSP aínda menos tendo en conta que tecnolóxicamente está moi por debaixo do esperado nesta consola.
E para despedirme e aínda que non ven moi a conto só unha palabra: Bayoneta.
8. Marcus escrito o 17 de Decembro de 2009 ás 19:10
Uff, o de Bayonetta é un escándalo. Non só que a versión de Xbox 360 sexa superior á de PlayStation 3, senón que a de 360 chegue 4 semanas antes do debido, por canles non oficiais. A alguén deberían cortarlle a cabeza por iso.