Venres, 4 de Decembro de 2009

Bos Días á polémica do peche de webs sen autorización xudicial

Esta mañá no Bos Días da TVG falamos do polémico anteproxecto de Lei de Economía Sustentable que presentou estes días o Goberno, e que a través dunha Comisión de Propiedade Intelectual dependente do Ministerio de Cultura, abriría a porta á posibilidade de pechar o acceso a páxinas web sen intervención xudicial, o que a meirande parte dos usaurios da Internet entendemos coma un atentado aos dereitos fundamentais, coma precisou o blogueiro Pedro Goretoxo Silva, mentres que José Manuel Tournet, representante da Federación para a Protección da Propiedade Intelectual, defendía a outra cara da moeda:

Á mesma hora, Isidoro Valeiro falaba en RadioVoz con Javier Wicho Pedreira, Patricia Ferrol e Tati Mancebo do mesmo tema, nunha interesante tertulia:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Gustaríame ter participado na tertulia, pero claramente non podía estar en dous sitios á vez. A ver se noutra ocasións retomamos o asunto.

Sen saír do tema, durante a pasada tarde realizaronse unha serie de concentracións por toda España para manifestar o malestar cidadán sobre o asunto, aínda que temo que ao estarmos en véspera de ponte festiva a afluencia foi moi reducida.
Na TVG cubriron o paseo que tivo lugar na Coruña, e falaron do asunto con Víctor Grande (¡coida ese arrefriado, neno!):

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Aínda que parece que a mobilización cidadá foi ridícula, o feito é que bastante maior do que sería de agardar, xa que no pasado, concentracións semellantes (como as que realizáronse contra o canon dixital) contaron con moitos menos participantes. Vese que é máis doado convocar á xente na Rede que facelo no mundo real e, de feito, o efecto do manifesto publicado estes días foi moi superior do que tería unha manifestación multitudinaria, polo que igual deberiamos centrarnos na Internet para as reivindicacións relativas á mesma (por coherencia).

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 5 de Decembro de 2009 ás 13:18

temos a sorte que non son bos e son poucos. Se os que propuxeron ise enxendro soubesen algo déixannos fritos!

O gurú do clon laranxa falando de liberdade de expresión. El que fixo un script ban day! E o … enrique dans que o defendeu. Ises son uns dos defensores da liberdade de expresión?

O bo de todo isto foi que en pouco tempo (un día) se acadou un cambio ou polo menos unha declaración contra o peche de webs por parte dos políticos
Os que perpetraron isa lei tardaron DOUS anos en acadar semellante enxendro. E todo quedou no aire nun día

Se na internet se fose consciente da influencia que se ten non estaríamos con istas conexións de merda que temos. Pero claro con isa banda de impresentables por representantes. Incrible iso de que din que pretenderon NEGOCIAR no ministerio as modificacións da lei. Oide: que vosoutros non sodes ninguén pra negociar nada

a gravatar

2. En defensa dos dereitos fundamentais en Internet | O levantador de minas escrito o 6 de Decembro de 2009 ás 0:52

[...] ler neste sentido o blogue de Marcus Fernández. This entry was posted in Alfredo Ferreiro, Sociedade, Tecnoloxía and tagged En [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios