Xoves, 17 de Decembro de 2009

Blu:brain, outra oportunidade perdida

Blu:brain conectado a un televisor
Estes días choven as informacións sobre o Blu:brain, un trebello que pretendía revolucionar o consumo de contidos audiovisuais no fogar cun disco duro multimedia capaz de gravar o sinal da TDT de alta definición, e que anunciouse hai ano e medio, pero que finalmente no chegará ao mercado ata o 15 de febreiro de 2010 ao prohibitivo prezo de 399 euros, e deixando pasar a forte campaña de Nadal.
¿En qué están a pensar dende Blusens? A min isto chéirame ao navegador GPS con imaxes reais, que tanto anunciaron e que finalmente non chegou ao mercado polo seu elevado prezo. ¿Por qué tardaron tanto en lanzar o produto? Porque agora hai unha chea de dispositivos semellantes, xa consolidados, e con mellor prezo.
ZoltarTV
Sen ir máis lonxe, o ZoltarTV ten unhas prestacións moi semellantes (pero superiores) e o seu prezo é máis reducido (podemos atopar o modelo de 1,5 Tb por 299 euros). Nin dicir que o ZoltarTV ten conectividade Wi-Fi N, mentres que o Blu:brain conformouse co IEEE 802.11g (bastante máis lento), e que incomprensiblemente o disco duro de Blusens ten unha capacidade de 250 Gb, o que non está xustificada polo seu tamaño, xa que o Blu:brain ocupa máis que os seus competidores (que optaron por discos duros de 3,5 polgadas en vez de 2,5 polgadas).

Pero, ¿non dicían que o Blu:brain tiña conectividade PLC para funcionar a través da rede eléctrica doméstica? Pois outra bola. Resulta que ten Fast Ethernet (nin que dicir que os competidores teñen en moitos casos Gigabit Ethernet), e que así é compatible con adaptadores PLC (venderán a parella a 119 euros). Vaia, que de optar por tal conectividade, o prezo dispararíase aínda máis.

O único punto forte que podería ter o Blu:brain sería o uso de tecnoloxía IPTV para acceder a canles de televisión dixital e contidos baixo demanda, pero iso dependería dun catálogo potente e uns prezos atractivos, algo no que non confío absolutamente nada.

Coido que o Blu:brain nace morto, e que ninguén vai mercar semellante produto por ser inferior aos seus competidores a un prezo máis elevado e que non estará á venda antes de Nadal e Reis. Unha mágoa que pase tal, pois estaría encantado de ter un produto desas características da man dunha compañía galega.

Asus HDP-R O!PlayPara rematar, engadiría que non podemos valorar ben o Blu:brain ata probalo, pois a cousa aínda podería ser peor, xa que descoñecemos cal é a compatibilidade real no tocante a formatos multimedia. A min paréceme moi difícil que supere ao Asus HDP-R1 O!Play, que está á venda por 85 euros, e que traga con moitísimos formatos de vídeo e audio (é capaz de facer DTS downmix) acceden a ficheiros en rede ou de discos externos USB ou eSATA. Considero que é unha das mellores opcións actuais para quen queira introducirse na reprodución de vídeos en MKV (e de practicamente calquera vídeo descargado da Internet) nun televisor en alta definición, pois para mercar dispositivos máis completos eu agardaría uns meses, xa que sería interesante ver antes cara a onde van os reprodutores de Blu-ray (pois moitos deles tamén están a soportar MKV) e os gravadores de vídeo (algúns modelos aceptan tarxetas para a TDT Premium ou para sinais de satélite/cable). A paciencia non é mala conselleira.

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 1:00

o problema de blu sens é obvio: non fabrican
E os chineses vai tempo que non fan todo o chollo. Piden cartos e só traballan pra quen fai pedidos de millóns de unidades. Non é o caso de blu sens
Pero isto xa lle pasou a máis marcas españolas
A idea e deseño é boa pero non está ben resolto o trebello. Pasou o mesmo co GPS. En blu sens tamén se equivocan por non apostar pola venda por internet. Aí si poderían poñer máis carne no asador. Ofertar productos específicios pra internet e vendelos solo aí

De tódolos xeitos non é doado ser competitivo no mercado no que se moven. Pero penso que un desco pra TDT con disco duro, wifi e extras de conectividade debería ser posible ofrecelo a bo prezo pero… as marcas prefiren sacar o mesmo que a competencia ou con moi pouca diferenciación

Está claro que a estratexia de blusens nada ten que ver ca de televés… xa se verá quen ten razón

a gravatar

2. Marcus escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 1:40

Eu o que teño claro é que se teño diante un Blu:brain e un LG MS450H quedo co produto surcoreano, pois LG é unha marca recoñecida, que dá soporte aos seus produtos (¿alguén fíase de que o Blu:brain vaia ter actualizacións de firmware dentro dun ano?).
De feito, as actualizacións de firmware son cruciais para este tipo de trebello (para non deixalo pasar á obsolescencia en poucos meses).

a gravatar

3. Nemigo escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 9:18

de LG eu non (volvería) mercar nada

Son unha empresa que fabrica pero que non sabe deseñar. O seu non é facer menús doados o simplemente lóxicos. Teñen uns tochos de manuais propios de nave espacial

Supoño que blu sens aprenderá de istas cousas. Se buscan deseñadores de hard e soft como teñen feito, non sei se chegaron a atopar algún, pero o tentaron e o que sacan é iso…

Se teñen deseñadores non necesitan fabricar en china. En españa hai empresas que fan placas e as poden ensamblar e portugal está preto

a gravatar

4. dorfun escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 12:51

Estás tardando en poñer a túa páxina coa selección dos 3 trebellos que máis che gustan en distintas categorías e que recomendaríais (3 cámaras, 3 reproductores de mp3, 3 televisores, 3 móbiles, etc.) Todo nunha soa páxina e con comentarios e valoracións para cada un.

Ale!

a gravatar

5. Marcus escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 13:39

Dorfun, pois supoño que terei que facer algo así estes días, para dar ideas de cara a Reis. Graciñas pola suxestión.

a gravatar

6. Sak escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 15:51

Que decepción!

Por ese prezo pensei que traería un disco duro de caer de cu e non trae nin un razonable…

So hai unha cousa que me chamou a atención nas especificacións, que foi a gravación por EPG, Marcus sabes hai outros dispositivos que a teñan?

Apertas!

PS: Súmome á suxestión de Dorfun

a gravatar

7. Marcus escrito o 18 de Decembro de 2009 ás 20:44

Sak, a gravación por EPG téñena practicamente todos os trebellos dese tipo, dende o ZoltarTV que comento nesta entrada ata os gravadores de BestBuy que venden no Carrefour por menos de 50 euros.
O que non ten case ningún dispositivo é a gravación de radio a través da TDT. De feito eu teño un receptor de TDT que ten tal función de chiripa, é bastante chungo, pero continúo usándoo por tal prestación.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios