Martes, 24 de Novembro de 2009

Tertulia sobre a Internet coma servizo universal en RadioVoz

Esta mañá RadioVoz foi a emisora de radio máis tecnolóxica de España, pois de casualidade sucedéronse moitos contidos relativos á Internet e as TIC, como a miña sección de costume, un par de entrevistas e unha interesante tertulia na que participaron Miguel López (retomando os argumentos que defendeu no Bos Días), Javier Wicho Pedreira e Patricia Ferrol:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Eu reitero o meu parecer de que iso do servizo universal son palabras baleiras, e haberá que ver en qué substancian a futura lei que o regule, pois polo momento todo foi un falar. Gustei de comprobar que impera o consenso entre todos os consultados, e parece que calquera que entenda un pouco do tema xa está curtido de promesas incumpridas.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 23:21

a quén lle hai que esixir isa universalidade?
Non vaia a ser como timofónica que lles pon a gorra ás demáis telecos sobre a universalidade da telefonía fixa. Di iso para logo cobrar os postes a quen queira teléfono no rural

Hai internet vía móbil e satélite. Caro pero haino. Deixémonos de lerias e sexamos realistas

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero