Últimas horas da campaña de reparto de lectores de DNI electrónico
Dende Tractis lembráronme que o domingo remata a súa campaña de reparto de lectores de DNI electrónico, de xeito que os usuarios que queiran facerse cun destes interesantes trebellos USB por só 2 euros (en concepto de gastos de envío) deben solicitalo xa.
Eu xa teño o meu, e segundo parece houbo 33 lectores deste blogue que fixeron tal (e 228 lectores de Código Cero). Amais, dende Tractis veñen de anunciar un engadido de WordPress para poder publicar comentarios nos blogs autentificados mediante DNIe, o que pode ser moi interesante de cara ao futuro, pois a xente que queira montar un blog que limite os comentarios a españois e que queira evitar que a xente publique burradas, ten agora unha interesante opción, que sospeito que podería empregarse en múltiples foros web de organismos públicos (que evitarían en boa medida a labor de moderación). Unha mágoa que o DNIe non sexa internacional, pois poder utilizalo para identificarse en certas páxinas web de comercio electrónico, poxas ou servizos semellantes sería moi práctico.






5 comentarios realizados
1. xotengo escrito o 14 de Novembro de 2009 ás 8:33
Bonita alfombriña para o rato.
2. Marcus escrito o 14 de Novembro de 2009 ás 11:05
Non sei de onde saiRía
3. lauren escrito o 15 de Novembro de 2009 ás 16:52
eu xa o teño, pero tardoume case un mes en chegar.Pedínlle un para a miña irma, e chegou en catro días.
Agora falta instalalo e ver como rula.Saudos.
4. Marcus escrito o 15 de Novembro de 2009 ás 21:25
Lauren, o que pasa é que tardaron en comezar os envíos. Pero unha vez iniciados, xa van rápido. Vaia, que permitían pedir os trebellos cando o distribuidor aínda non os tiña no almacén (hai que ter en conta que entre Tractis e TwinDocs pediron 500.000 unidades, e iso non é doado de abastecer).
5. marcus.es » Xa teño DNI electrónico escrito o 23 de Novembro de 2009 ás 22:43
[...] a un lado, cando cheguei a casa fun directo a probar o meu novo lector de DNIe de Tractis, e quedei bastante decepcionado polo feito de que a súa instalación e funcionamento foi moito [...]