Melide xa sae no Google Street View

Hoxe levei unha grata sorpresa ao comprobar que non só Santiago, Lugo, Vigo ou Coruña están accesibles a pé de rúa dende os mapas de Google senón que tamén as rúas de Melide poden visualizarse a través da Internet en 360 graos:
Visualizar o mapa ampliado
A cousa non remata aí, senón que tamén é posible acceder a esta funcionalidade dende móbiles coma o iPhone ou os terminais co sistema operativo Android, que coma contan con pantallas táctiles fan o servizo moito máis intuitivo, e moverse polas rúas é toda unha pasada.
Tamén é curioso o feito de que, aínda que Google difumine as caras para protexer a intimidade dos transeúntes, é doado recoñecer a veciños paseando pola rúa. Convídovos a facer tal, que é bastante divertido.




9 comentarios realizados
1. Andrés López escrito o 10 de Novembro de 2009 ás 22:42
Si, si, incite vostede ao chisme. Como se xa houbera pouco neste pobo!
é incrible isto da tecnoloxía. Si, quen nolo ía dicir que ía chegar isto tan axiña!
2. Marcus escrito o 10 de Novembro de 2009 ás 23:19
Eu agardaba ter o Google Street View na Coruña, Vigo e Santiago, así coma no Camiño Francés, pero que chegase de súpeto a media Galicia foi toda unha sorpresa.
3. Nemigo escrito o 11 de Novembro de 2009 ás 0:19
incrible!
Están máis vilas da galiza. Só pensar no chollo que podería terse adiantado con isto vai 10 anos pra poñer r na galiza… tela!
4. Lu escrito o 12 de Novembro de 2009 ás 14:37
estiveron (e non sei se seguen) por ourense hai pouco e xa me pillaron varias veces por onde pasaba agardo non sair jaja
5. Marcus escrito o 12 de Novembro de 2009 ás 14:59
Lu, polo menos podes estar tranquila, que se protagonizas algunha parida como a da señora que caeu da bicicleta, os de Google borran a imaxe do sistema
6. Raquel escrito o 13 de Novembro de 2009 ás 17:29
Marcus, son de radio Melide, importariache falarnos sobre a implantación da TDT un día na radio? podería ser a través do fío teléfonico e abondarían con 10 minutiños ou asi….simplemente para aclarar algunhas súbidas que a xente segue a ter con isto da TDT, xa me contarás que che parece, deixoche tamén o correo electrónico para que te poñas en contacto connnosco!
Graciñas!
7. Marcus escrito o 13 de Novembro de 2009 ás 19:02
Raquel, para calquera asunto tecnolóxico podedes contar comigo sen problema. Mándovos un e-mail.
8. lauren escrito o 13 de Novembro de 2009 ás 22:57
acabo de flipar…vese a miña casa de enrriba a abaixo perfectamente…coma se sacase unha foto dende a casa de enfrente.bufff…acojona.
9. Angel Lopez Vidal escrito o 14 de Decembro de 2009 ás 0:03
Esto és maravilloso. Yo aca desde Brasil, paseo por las calles de Melide, como si alli estubiera. Estupendo. Apertas