A evolución no almacenamento de datos
Despois do nostálxico tema de onte, atopei en Boingboing un gráfico que publican en Geekologie no que ilustran rapidamente a evolución do almacenamento de música e datos nos últimos anos:

O gráfico parte dos diskettes, dando a entender que nunha memoria USB poderiamos meter uns 100.000 diskettes, e que nun iPod classic (120 Gb) poderiamos meter máis de 2.000 CD e máis de 28.000 singles. Se metemos na ecuación aos discos duros actuais (que chegan aos 2 Tb) xa a liamos, e aínda temos comparacións máis escandalosas.
¿Alguén contaba hai 20 anos cun incremento das capacidades de almacenamento tan brutal. Por exemplo, no 286 eu tiña un disco duro de 40 Mb, e agora o de máis tamaño que uso é de 1 Tb, ou sexa, 25.000 veces máis grande. Era algo imposible de imaxinar, porque os contidos que almacenabamos daquela ocupaban pouco, mentres que hoxe apenas optimizamos o tamaño dos ficheiros (chega con ver a animalada que ocupan os documentos de texto gravados con calquera paquete ofimático ou as fotografías de máis de 1 Mb para uso doméstico).
O que agora non queda nada claro é se seguiremos a contar con grandes discos duros, ou tenderemos a deixar o material na Rede, para acceder ao mesmo en tempo real. ¿Teremos discos duros multimedia con gravación no salón das nosas casas ou accederemos a todos os contidos baixo demanda? Hai moitos escenarios posibles, e o máis prudente sería apostar por todos á vez, pois é posible que convivan (a banda larga non pode ser realmente universal).






5 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 30 de Novembro de 2009 ás 12:03
faltan soportes nesa comparativa. Falta a cinta de casete… mítica. Tamén falta o disquete de 8 pulgadas. As cintas que se empregaban pra back up. Os discos duros de 20 megas… ou o ZIP de 100 megas e sobre todo e máis importante. Poñer os prezos que tiñan no seu día. Aí si son escandalosas as diferenzas
O disco de 5 1/4 tiña efectivamente tiña unha capacidade de 1,2 megas, pero ise era o de doble cara HD pero habíaos de baixa capacidade e unha sola cara 360kb
Por certo nun disco de ises (1,2 Megas) collía un programa enteiro de deseño en 2D como autosketch
E xa un pouco de humor informático. Lembrar o mítico cursillo de informática no que lle falaban á xente de discos flexibles. E efectivamente un marchou co disquete prá a casa (un disco de 5 1/4) e condo volte o luns á clase co disco o saca dobrado en catro partes do peto e o mete na disqueteira…
2. Marcus escrito o 30 de Novembro de 2009 ás 12:18
Claro que faltan soportes, porque a evolución dos mesmos non foi lineal, nin eran homoxéneos. Por exemplo, non podemos dar unha capacidade de datos dunha cinta, pois dependía da súa duración e da velocidade da gravación (no Spectrum podíase gravar en turbo, pero era arriscado).
Tamén faltan os disquetes dunha capa porque o público xeral non os coñeceu e porque estamos a falar dun gráfico resumido (non tería sentido unha mesma icona para 2 capacidades).
Sobre anécdotas burras, e tamén sei dun que intentou meter un cartucho de MSX nunha disqueteira de 3 polgadas dun Amstrad CPC, co destrozo conseguinte. Vaia, que para quen non coñeza ess soportes, sería coma intentar meter unha cinta de VHS nun reprodutor de DVD.
3. lauren escrito o 1 de Decembro de 2009 ás 17:20
Xa o contei mais veces,unha anéctoda (con todo o cariño do mundo se o esta lendo).
Un reloxeiro do meu pobo, chamoume pq non lle iba un xogo do fillo no pc. O día anterior lle habia caído e roto en centos de anacos (estas veces que cae mal e parece que esboura).Pois cando mo enseña e me conta historia, vexo un cd pegado con lottite, coma se fora un puzzle de mil pezas, e pasara o pobre horas pegando cunha lupa de reloxeiro…
Explicalle ti pq non funciona…;)
4. franKeinas escrito o 6 de Decembro de 2009 ás 14:03
Moi bo o gráfico. So unha tontería que me chamou a atención, xa que cando o lein automaticamente pensei que estaba mal ¿nun ipod de 120 Gb caben 2106 cd’s? Será se pasamos eses cd’s a mp3 porque se non creo que caben moitos menos.
Saúdos!!
5. Marcus escrito o 6 de Decembro de 2009 ás 17:22
FranKeinas, si, o cálculo é se pasamos a música a formato comprimido a 128 Kbps (en formatos posteriores ao MP3 conséguese unha calidade bastante boa a ese bitrate).
Iso si, deberon coller cálculos vellos, porque o iPod classic actual ten 160 Gb de capacidade.