Xa teño DNI electrónico
Hoxe fun á Comisaría de Lonzas a por o meu flamante DNIe, e sorprendeume ver que a pantalla na que amosaban os números para ser atendidos presentaba un erro bastante familiar:

Os ordenadores poden fallar, pero cando pasa nun equipo dun establecemento público e/ou nunha pantalla de grande tamaño, o cantazo é total. Non sei cómo o farán, pero ese tipo de imaxes son as que minan a credibilidade de Microsoft (aínda que é moi posible que o fallo en cuestión fose do disco duro do equipo e poida arranxarse en segundos… pero ninguén molestouse en miralo, o que sería un problema doutra índole).
Aproveito a ocasión para dicir que a expedición do DNIe xa está totalmente normalizada, e non é preciso madrugar para facer cola nin nada polo estilo. Sen ir máis lonxe, na Comisaría á que fun, atenden ata as 17:00 horas de luns a xoves, de xeito que ao serán o local está deserto e tramitar algo é chegar e encher (co ridículo de ter que pillar número pese a ser a única persoa á que atender).
Ao saír da Comisaría pasei por unha rúa da que nunca caera no seu nome:

¡Redios! ¡¿Coruña trilingüe?! Grazas á Santa Wikipedia puiden ver que Blanco White é o seudónimo do escritor José María Blanco Crespo que, ignorante de min, non coñecía de nada
Curiosidades a un lado, cando cheguei a casa fun directo a probar o meu novo lector de DNIe de Tractis, e quedei bastante decepcionado polo feito de que a súa instalación e funcionamento foi moito menos automática do que pensaba. Aínda que no Internet Explorer a cousa foi bastante ben, no Firefox non podo dicir o mesmo, e ter que instalar algo manualmente non creo que sexa algo ao alcance de calquera usuario.
Coido que estaría moi ben que no futuro os fabricantes procuren que os equipos veñan con lector de DNIe preinstalado (hainos integrados en teclados ou nunha das fendas infrautilizadas para disqueteiras de 3,5″), pois iso sería máis efectivo para normalizar o uso do DNI electrónico que repartir 500.000 lectores por USB que poden rematar nun caixón.
Como xa tiña un certificado dixital da FNMT instalado no meu ordenador, o DNIe apenas ten utilidades adicionais para min (polo momento) e incluso dáme certos problemas (por ter dous certificados idénticos, o que pode xerar erros), pero estou contento de poder gozar desta tecnoloxía no meu equipo, aínda que penso que debería ser máis doada de utilizar para un usuario medio.




12 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 23 de Novembro de 2009 ás 23:21
non penso empregar tal ata que a tecnoloxía estea máis rodada non quero nin pensar o que sería que me roubasen o ordenador ca documentación MEDO ME DA
Alguén se imaxina ter logo que reclamar ao banco por unha desfeita tal. Este mesmo fin de semana me comentaba un familiar que tivera que ir ao xuzgado pra reclamar ao banco 12 euros. Tivo que a xuiz chamar á oficina pra que soltasen a pasta e asinar un requerimento. Por 12 euros, por 10 mil serían… anos de xuizo no supremo?
O de dar número supoño que será por limitar as persoas que atenden. Vai algo máis dun ano fun sacar o pasaporte e tiñan cupo: 20 diarios. Tanto tiña se acababan 1 ou 2 horas antes de pechar. 20 e botaban o peche. Iso si, saías co pasaporte na man. Fancho diante dos fociños. Impresionante
2. Sak escrito o 23 de Novembro de 2009 ás 23:28
Son super escéptico coa implantación do DNIe, so a xente que teña verdadeiras necesidades o utilizará; por iso que non creo que a medio prazo cousas como o comentarios asinados teñan demasiada implantación… Para alén do que apunta Nemigo, que esto non é a contraseña dun mail…
O da Calle/Rúa Blanco White xa o vin hai tempo e é desas cousas chocantes que existen na Coruña. A miña familia non cria o da calle Arteijo, a ver como lles conto isto
3. Nemigo escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 0:57
… que eu son partidario do DNI electrónico e ata virtual se asemella. Pero non, que non pase como un compañeiro do chollo que ten ise carné e cando pagaba en Letonia pasábanllo polo lector de tarxetas e dicíanlle: don`t work no money
A marcus vaille a marcha. Facer fotos nunha comisaría…
4. Marcus escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 0:58
Nemigo, precisamente ante o caso de roubo do teu ordenador non tes nada que temer co DNIe, pois o certificado dixital está no documento de identidade… e tamén ten un contrasinal persoal (estupidamente chamado PIN… ¡cando non é un número!). De feito, os sistemas de sinatura dixital dan moita seguridade ás persoas, aínda que teñen coma contrapartida a limitación dos repudios (un documento asinado dixitalmente tería a mesma validez que asinado ante notario).
O do número creo que é para levar un rexistro da atención ao cliente, pois repito que á hora á que cheguei eu non había máis xente agardando e cando marchei non tiña a ninguén detrás. Vaia, que é a típica burocracia para controlar o funcionamento da oficina, e temo que se reducen os números que dan nun día rematarán eliminando o horario ampliado que hai actualmente (a hora normal de peche tería que ser as 14:00 horas, e está a ser as 17:00 horas).
Sak, o dos comentarios asinados nos blogs é unha animalada. Non ten ningún sentido facer algo así, pois aínda que fose moi habitual o DNIe, a xente non vai ter sempre un lector a man, e os comentarios tenden a ser algo impulsivo (se tes que andar sacando do DNI e metendo a chave de acceso… pasas de todo).
Pero o DNIe si pode rematar tendo bastante uso en España e o poñen doado. Hoxe en día xa serve para identificarse na web de case todos os bancos (o que é unha grande protección contra o phishing, xa que nunca chegas a pór os teus datos de acceso) e incluso na área de clientes de R. Se o resto de empresas coas que facemos trámites tamén adoptan esta tecnoloxía poderán facernos máis doada a vida (adeus aos rexistros en webs de empresas coas que temos servizos contratados).
5. xoteño escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 11:44
Ti xá o tes; eu xoteño.
6. Nemigo escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 11:58
o de identificar os comentarios con DNI electrónico xa o teño visto nunha web que falaba de poñelo. Non é tan extraño. Lembrar que nos xornais en papel hai que mandar copia do DNI pra que che publiquen unha carta
Na internet non ten moito xeito xa que hai opcións como openID (que non se emprega moito)
7. Marcus escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 13:15
Nemigo, hoxe en día ten máis sentido identificarse con Facebook Connect que con DNIe, conseguindo tamén un efecto anti-troll.
8. Nemigo escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 15:12
… efecto anti-troll jur, jur…
Penso que a identificación pro nazi é máis contra o spam. Os troll e os lamer son sembre ben vidos se son da corda do gurú e lle dan pulo
9. Marcus escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 15:30
Nemigo, hai que admitir que ao asociar os comentarios máis críticos a un perfil nunha rede social, a xente é máis prudente. Sempre é posible ter contas falsas en Facebook para spamear e trolear, pero é algo incómodo, e iso normalmente xa é un atranco para que a xente non realice ese tipo de prácticas de xeito impulsivo.
10. Nemigo escrito o 24 de Novembro de 2009 ás 23:23
Aos spamer tanto lles ten iso. Abren contas sen problema. A ferramenta contra o spam é permitir e dar ferramentas pra ignorar usuarios e iso haino en facebook. Quen non ten diso é porque ao gurú non lle interesa iso. Mellor pechar contas e que abran outras clon laranxa por exemplo
11. Galiciandreamer escrito o 25 de Novembro de 2009 ás 16:20
¿Fixeches fotos no interior das dependencias? Los tienes cuadrados, hamijo Marcus…
12. Marcus escrito o 25 de Novembro de 2009 ás 18:11
Home, mentres enfoque só a un detalle non hai problema. Outra cousa sería pillar a cara de funcionarios ou vistas xerais que permitisen mapear as dependencias. Vaia, que unha foto dunha pantalla non fai perigar a seguridade.
Nin que dicir que a funcionaria non dixo nin chío, e eu era a única persoa que estaba a agardar a esa hora, vaia que non tirei a foto ás agachadas.