Luns, 9 de Novembro de 2009

¿Poderán cotar o acceso á Rede sen intervención xudicial?

A semana pasada a Axencia EFE difundiu unha nova na que no titular asegurábase que La UE acuerda que se podrá cortar el acceso a internet sin orden judicial, baixo a máxima de non deixar que a realidade estropee unha boa nova. Así, Javier Wicho Pedreira xa explicou nun artigo que a cousa non era realmente así e hoxe levamos o tema a RadioVoz:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Queda claro que nin está aprobada a directiva que saíu na prensa, nin é certo que autorice o corte do acceso á Internet sen autorización dun xuíz. Pero ao final, rematamos falando máis do canon e dos dereitos de autor que de asuntos con máis trasfondo como a neutralidade da Rede e a banda larga coma servizo universal, que supoño que trataremos máis adiante.

A min continúa a resultarme máis molesto o feito de que as axencias de novas manipulen a realidade de xeito impune. Os medios de comunicación replican as súas novas porque entenden que están contrastadas, e que non corresponden a versións de parte que buscan ofuscar a percepción pública e meter o medo á xente para protexer a certos grupos de presión con evidentes intereses económicos.

1 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 9 de Novembro de 2009 ás 22:06

se poden cortan, fijo

Lembrar que a cableira enxebre ten asexado aos clientes. Pra cachar descos chipeados… e despois levalos ao xuzgado. Como a isa señora maior á que acusaron de chipear ela mesma cas súas proprias más o desco

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios