Martes, 17 de Novembro de 2009

¿Caen as audiencias dos medios de comunicación dixitais?

Tras ver os datos que comentan en 233grados.com sobre a caída dos medios dixitais no último ano, déuseme por mirar se algo semellante pasaba en Galicia:
Os medios dixitais galegos segundo Google Trends
Polo que podemos ver segundo Google Trends, os medios dixitais poderían estar a perder a metade da súa audiencia nun par de anos, o que coido que non podemos interpretar á lixeira. Sospeito que o que está a pasar é que medrou o uso de plataformas coma Facebook, nas que non hai que esquecer que os medios tamén publican información, que non aparecería auditada. A medición de audiencias coa evolución da Internet parece que cada día vai ser máis complexa.

De caer a audiencia das edicións dixitais a cousa sería moi grave (non esquezamos que o papel está en caída libre), pero sorprende que OJD dea uns datos totalmente opostos aos de Google Trends, como podemos ver, por exemplo, no caso de La Voz:
lavozdegalicia.es segundo OJD
Convídovos a facer a mesma comparación con 20minutos.es: Segundo OJD dobrou os usuarios mentres que Google Trends reflicte unha redución drástica dos usuarios únicos diarios.

Coido que os datos de OJD son moito máis fiables que os de Google Trends, e parece lóxico pensar que ao aumentar os usuarios da Internet tamén aumentan as audiencias nos medios dixitais. ¿Alguén pode crer que La Voz perdeu audiencia na Internet cando é o medio máis consultado en Galicia con moita diferenza?
Antes de tomar por certos datos simplemente porque veñen dunha fonte que ten a palabra Google no seu nome deberiamos reflexionar seriamente sobre a fiabilidade das fontes de información e os perigos das estimacións estatísticas.

5 comentarios realizados

a gravatar

1. Xoán escrito o 18 de Novembro de 2009 ás 11:03

http://www.facebook.com/group.php?gid=53966271685
BOICOZ!

a gravatar

2. Sak escrito o 18 de Novembro de 2009 ás 14:07

Concordo totalmente co último parágrafo. Eu ese tipo de cousas míroas en alexa, que leva máis tempo e é especialista niso; ainda sabendo que sempre hai erros. OJD pode ser un bo punto de partido, mais sempre ten a sospeita de ser o medidor oficial no que sempre hai presións (paso o mesmo que no EGM).

A pregunta que lanzas paréceme axiomáticamente incorrecta :P Por moi lider que sexa pode perder audiencia (o caso de El País é paradigmático) e que os demáis competidores se lle van achegando mooooi de de vagar tamén é certo como reflicte Google Trends e en menor medida Alexa.

Paréceme curioso que google trends sexa pouco fiable, tendo en conta que precisamente google con analytics rebentou o mercado das métricas; pero si é certo que temos que ter coidado de pensar que google o fai todo ben.

a gravatar

3. Marcus escrito o 18 de Novembro de 2009 ás 14:22

Sak, o que quería dicir na miña incorrección axiomática é que o normal é que La Voz gañe audiencia na web tendo en conta que é o medio máis lido, e cada vez hai máis galegos con acceso á Rede.
Penso que en Google Trends cambiaron os estimadores estatísticos, de aí que vexamos unha caída de audiencias ficticia (se cambian os estimadores as medidas serven para comparar distintos medios, pero non un mesmo medio no tempo).
Se non confías en OJD, Microsiervos, sen ir máis lonxe, ten públicas as súas estatísticas, e Google Trends indica que perdeu a metade da súa audiencia en 2 anos, cando iso é rotundamente incorrecto (iso si, Microsiervos xa non mantén o crecemento que tiña, pois está claro que tal tendencia non pode manterse ata o infinito, algo que moita xente non entende, o que os leva a esaxerar datos constantemente).

a gravatar

4. Sak escrito o 18 de Novembro de 2009 ás 15:26

E que opinas de Alexa, que sei que levas tempo utilizándoa?

a gravatar

5. Marcus escrito o 18 de Novembro de 2009 ás 17:29

Os datos de Alexa son malísimos, porque están moi sesgados. Chegan uns poucos usuarios para poder modificar unha tendencia. Por exemplo, segundo Alexa a web de Rojadirecta.com ten máis audiencia que La Voz de Galicia, o que non é nada realista.
Tamén Google Trends sitúa a Rojadirecta.com (.org, para ser máis exactos) sobre La Voz, o que parece unha esaxeración brutal, e sería un bo exemplo da pouca fiabilidade de certas estimacións.
No pasado tamén houbo incluso tendas e medios pouco coñecidos que aparecían en Alexa nun posto destacadísimo, deixando claro que o seus sistema baseado nun panel só pode aplicarse a espazos con audiencias globais.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios