Bos Días ás velocidades de acceso á Rede
Esta mañá tiven unha reducida intervención no Bos Días da TVG por mor do conflito do Alakrana (que restou tempo aos contidos habituais do programa) polo que só puiden comentar algúns detalles sobre as velocidades de acceso á Internet:
Supoño que en vindeiros programas poderemos adentrarnos novamente no tema, comentando detalles como a influencia do upstream, a velocidade mínima prometida polos operadores, o equipamento doméstico para acceder á Internet, etc.
Tamén comento que parezo algo pesado con iso de acceder á Rede dende o rural a través de 3G, pero é que esa está a ser unha das opcións máis utilizadas en Galicia, en moitos casos por ser a única que non é extraordinariamente cara (especialmente polos prezos de alta). Por exemplo, o servizo de Net2 baseado no satélite Astra ten uns prezos aceptables (tendo en conta o tipo de servizo) pero a súa alta (incluíndo instalación e equipamento) acaba saíndo en 522 euros. Cando a xente escoita iso, ao momento prefire optar por un modem 3G de 59 euros.






4 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 7 de Novembro de 2009 ás 1:15
http://www.laopinioncoruna.es/economia/2009/11/06/empresa-corunesa-ofrecera-internet-inalambrico-coste-particulares/332832.html
Hoxe sae ista nova de oferta con conexión a internet empregando as cabinas telefónicas como puntos wifi. Isto xa se fai vai anos noutros países. Sorprende que aquí timofónica con fose quen de explotar iso nas súas cabinas de nulo uso e penosa imaxe
R temén poderío ofrecer algo similar. Está claro que non é a solución definitiva ao acceso á rede pero pode ser un bo complemento e o prezo parace interesante
A opción de conexión por satélite pode ser boa se permitisen compartir conexión. Completar cunha wifi en aberto. Entón si sería competitivo
2. Marcus escrito o 7 de Novembro de 2009 ás 1:34
Iso de Telemo xa o comentamos o xoves en Código Cero e ten como grande problema a súa pouca implantación no mercado. Logo, entendo que a xente na casa tamén debería montar un repetidor Wi-Fi. Supoño que as velocidades non serán moi boas, senón que o que buscan é dar un acceso barato, e punto. Ah, e quedo coa dúbida de se os usuarios da Wi-Fi de Telemo poderán acceder a este blogue, xa que no Dolce Vita consideraban este espazo coma pornográfico.
¿Compartir unha conexión por satélite? Coido que iso non tería moito futuro, pois dan velocidades reducidas, con pouco upstream de xeito que cantos máis usuarios peor iría a conexión. Amais, se por 1 Mbps/128 Kbps xa cobran 44,90 euros/mes, non quero nin pensar o que cobrarán por unha conexión digna para compartir entre varios usuarios. Lembremos que de ter cobertura 3G poderiamos ter unha conexión mellor por menos cartos. Vaia, que o satélite é sempre o último recurso.
3. Nemigo escrito o 7 de Novembro de 2009 ás 2:06
pornográfico iste blog? Non, home non. É que non saben da erótica da tecnoloxía
4. Marcus escrito o 7 de Novembro de 2009 ás 2:22
É pola sección de Pornomillo. A min non me importa en absoluto que os menores de idade non poidan acceder a este espazo (incluso prefiro que sexa así).