Bos Días ao Paquete de Telecomunicacións e á neutralidade de rede
Hoxe no Bos Días falei un chisco con Carlos Amado e Xesús Peleteiro das repercusións que podría ter o novo Paquete de Telecomunicacións aprobado pola Eurocámara de cara á neutralidade de rede:
O tema pode dar para falar moito, pero o certo é que mete bastante medo que as operadoras poidan cobrarnos segundo o uso que deamos da Rede. Se intentasen algo semellante noutros ámbitos da vida a xente de seguro que montaba en cólera. Por exemplo, ¿aceptarías pagar máis na autoestrada se vas máis rápido porque o adxudicatario da vía argumenta que así gastas máis o firme? Ti xa pagas por ir pola autoestrada, e se outros condutores prefiren ir a 100 Km/h é o seu problema, pero non tería moito sentido que penalizasen a quen fose a 120 Km/h.
Pero a cousa podería non quedar cinguida a velocidades, senón que podería facer discriminacións segundo contidos e destinos, de xeito que aos usuarios de Telefónica podería cargarlles mellor a web de El Mundo que a de El País, ou a páxina de Telecinco que a de Antena 3, e cousas polo estilo que crearían unhas distorsións que a calquera pareceríanlle ridículas, pero que en calquera momento poderían chegar a aplicarse se os reguladores de cada país non toman medidas.






4 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 28 de Novembro de 2009 ás 1:27
isos exemplos…
Pepiño xa propuxo subir a 140 km/h a velocidade das autoestradas de PAGO e non olvidemos que en moitos sitios xa se paga menos por levar publicidade
O que ti tentas dicir sería algo así como cobrarche as chamadas do móbil a distinto prezo segundo chames aos amigos ou a empresas ou poñer un prezo ao correo segundo o que envías e que en correos abran as cartas pra mirar o que envías… e a quen
Cobrar polo tráfico P2P é absurdo. Pasarase a cifrar as comunicacións ou irase a descargas directas. Hai moitos países con serves totalmente opacos… non servirá de nada ise presunto control
2. Marcus escrito o 28 de Novembro de 2009 ás 2:23
Nemigo, o control das operadoras pode ser moito maior do que pensamos. Simplemente poden facer que as descargas directas dende as webs de costume vaian moi lentas se non pagas un extra. Ao final o da neutralidade de rede é todo unha cuestión de cartos.
Na actualidade o que está a pasar é que unha minoría de usuarios consume unha maioría do tráfico da Internet, e moitas operadoras, se puideran, estarían encantadas de pecharlles a billa. Agardemos que non permitan tal en España.
3. Nemigo escrito o 28 de Novembro de 2009 ás 11:46
Claro que nos poden limitar a conexión… e nós darnos de baixa
Dende sempre a maioría do tráfico na internet o moven catro. Iso non é novo
Parece absurdo que os operadores estean preocupados porque alguén aproveita a súa conexión. Alguén se queixa por ter todo o día a tv acesa? Se as conexións son unha pataca (que o son) non é culpa dos usuarios
Que non pase como yoigo que ofrecía chamadas gratis entre clientes e despois se queixaba de que a xente chamaba moito!
4. marcus.es » ¡Canto cambiou a informática en pouco tempo! escrito o 30 de Novembro de 2009 ás 0:34
[...] un pouco decepcionado porque ninguén comentou na entrada sobre a miña última intervención no Bos Días da TVG unha curiosidade brutal, relativa aos recursos gráficos que empregaron para acompañar ás miñas [...]