Luns, 30 de Novembro de 2009

A evolución no almacenamento de datos

Despois do nostálxico tema de onte, atopei en Boingboing un gráfico que publican en Geekologie no que ilustran rapidamente a evolución do almacenamento de música e datos nos últimos anos:
A evolución do almacenamento de datos nos últimos anos
O gráfico parte dos diskettes, dando a entender que nunha memoria USB poderiamos meter uns 100.000 diskettes, e que nun iPod classic (120 Gb) poderiamos meter máis de 2.000 CD e máis de 28.000 singles. Se metemos na ecuación aos discos duros actuais (que chegan aos 2 Tb) xa a liamos, e aínda temos comparacións máis escandalosas.
¿Alguén contaba hai 20 anos cun incremento das capacidades de almacenamento tan brutal. Por exemplo, no 286 eu tiña un disco duro de 40 Mb, e agora o de máis tamaño que uso é de 1 Tb, ou sexa, 25.000 veces máis grande. Era algo imposible de imaxinar, porque os contidos que almacenabamos daquela ocupaban pouco, mentres que hoxe apenas optimizamos o tamaño dos ficheiros (chega con ver a animalada que ocupan os documentos de texto gravados con calquera paquete ofimático ou as fotografías de máis de 1 Mb para uso doméstico).
O que agora non queda nada claro é se seguiremos a contar con grandes discos duros, ou tenderemos a deixar o material na Rede, para acceder ao mesmo en tempo real. ¿Teremos discos duros multimedia con gravación no salón das nosas casas ou accederemos a todos os contidos baixo demanda? Hai moitos escenarios posibles, e o máis prudente sería apostar por todos á vez, pois é posible que convivan (a banda larga non pode ser realmente universal).

Domingo, 29 de Novembro de 2009

¡Canto cambiou a informática en pouco tempo!

Estou un pouco decepcionado porque ninguén comentou na entrada sobre a miña última intervención no Bos Días da TVG unha curiosidade brutal, relativa aos recursos gráficos que empregaron para acompañar ás miñas palabras:

Si, aparece unha persoa consultando a páxina web de Mancomún, no que claramente son uns recursos gráficos actuais pero, ¿non resultan moi rechamantes o resto de gráficos?
Acorn Archimedes A3000Pretendían ser imaxes xenéricas, elixidas a boa fe, pero o paso do tempo fíxoas envellecer moi mal, e certas secuencias pasan a obsolescencia por amosar cousas coma diskettes, o Netscape Navigator ou un flamante Acorn Archimedes A3000, equipo que saíu ao mercado en 1992. Aínda que non podo evitar a dúbida de se hai algún frikazo tecnolóxico na TVG que meteu esas imaxes por nostalxia. De ser así, a ver se hai sorte, e algún día pon algún ZX Spectrum +2, para facerme botar unha lagrimiña ;)

Os cambios na informática de consumo nos últimos anos van ser difíciles de disimular, e así, cando un ve unha película ambientada entre finais dos anos 80 e comezos dos 90, non percibe claramente a evolución tecnolóxica nas oficinas, pero agora temos detalles que van ser sumamente cantosos, coma o feito de que os monitores CRT están desaparecendo, e os TFT están a imporse de xeito rotundo, polo que cando nunha película ou serie de televisión vexamos un equipo algo vello será doado notar o cambio, o que tamén fará doado ambientar secuencias no pasado: pos a un tipo con gafas de pasta diante dun ordenador con pantalla de tubo e xa tes unha secuencia vella. Se logo atinas coa versión de Windows da época, levas premio.

Sábado, 28 de Novembro de 2009

As canles de TDT que non chegan

En La Vanguardia publicaron onte a seguinte nova:

La mitad de las concesiones de TDT comarcales no emitirá

Menos de la mitad de los canales de TDT previstos en el plan inicial de la televisión digital en Catalunya (96), en su gran mayoría comarcales, no estarán en marcha el 3 de abril del 2010, cuando se inicie en toda España la fase final del apagón analógico. “Y probablemente no habrá otros”, auguró ayer el presidente del Consell de l’Audiovisual de Catalunya, Ramon Font.

Ese panorama recesivo es el que describió Font en la III Jornada del Sector Audiovisual de la escuela de negocios Iese, donde reclamó a los concesionarios de licencias de TDT que “hagan su papel y cumplan sus responsabilidades, y si no están en condiciones de hacerlo, que opten por retirarse, como ya han hecho importantes operadores en el área metropolitana de Barcelona”.

La jornada, en la que expertos del sector audiovisual debatieron sobre la reforma de la normativa española, con la supresión de la publicidad en RTVE y la redacción de la futura ley del audiovisual que está en trámite en las Cortes, deparó críticas hacia el proyecto del Gobierno. La directora de Televisió de Catalunya, Mònica Terribas, se lamentó de que el redactado de la ley “se dedica a gestionar el sector desde el punto de vista estricto del negocio y no de los contenidos”. “Estamos condenados –advirtió– a ir mermando nuestra fuerza, pero no desfalleceremos en ofrecer una programación de calidad”.

Juan Ruiz de Gauna, director general de La Sexta, abogó, por su parte por que la supresión de la publicidad en TVE se extienda al resto de las televisiones públicas: autonómicas y locales.

En otro foro, el presidente de Mediapro, Jaume Roures, asistió ayer a Matins Esade, donde pronosticó que la publicidad que pierda TVE no se repartirá entre las otras cadenas. Indicó que la inversión publicitaria ha caído de 3.600 a 2.200 millones de euros durante el último año.

Por unha banda, o da publicidade de TVE paréceme unha auténtica animalada, que o único que vai conseguir é degradar a televisión pública. A medida foi totalmente arbitraria, pois ás canles privadas chegáballes con que TVE reducise os seus minutos de publicidade. Admitamos que aínda hoxe botan máis publicidade que moitas privadas, o que é unha vergoña. A min tenme molestado especialmente ao ver o programa 59 segundos, pois pese a ser a altas horas da noite, estaba cheo de cortes publicitarios de longa duración, o que rachaba totalmente o ritmo do debate e convidaba a abandonar o seu visionado (¡a camiña!).

Pero o que realmente é preocupante é que xa estimen que tras o apagamento analóxico a metade das canles que xa deberían levar moitos meses emitindo aínda non teñan un proxecto para despegar, de xeito que ocuparon un espazo chegando a botar do mercado a televisións en funcionamento para deixalo baleiro.
Coido que a situación de Cataluña pode trasladarse ao resto do Estado, e no caso galego ten toda a pinta de que a cousa vai ser aínda peor:
- As canles de ámbito autonómico non van cumprir nin de lonxe os compromisos establecidos, e aínda que é de agardar que La Voz de Galicia chegue a funcionar dun xeito medianamente digno, non teño ningunha confianza en que Popular TV chegue a desenvolver os contidos galegos prometidos.
- Das canles de ámbito local só están a emitir actualmente (que eu saiba) en toda Galicia as canles Correo TV, DezTV e Canal Rías Baixas, aínda que é de agardar que de cara ao apagamento incorpórense ao dixital as distintas emisoras de Localia, Telemiño, Telelugo e TV7 por seren canles que xa están a funcionar en analóxico.
Pero as emisoras de El Faro de Vigo (en Vigo, Pontevedra ¡e Compostela!), El Ideal Gallego e La Opinión (ambas en Coruña e Ferrol) dubido moito que cheguen a existir nunca, e o mesmo podería aplicarse a outras canles máis cativas das que non escoitei falar nada (e supoño que non chegarán a montarse).

Deixando de lado a miña experiencia profesional no sector, coma consumidor véxome prexudicado por cómo está a levarse o tema, pois eu na Coruña tiña antes para elixir entre TeleCoruña e Localia, e agora, que debería poder elixir entre 3 canles, só teño 1 (Localia) porque La Opinión e El Ideal conseguiron botar fóra a TeleCoruña, pero non ocuparon o baleiro deixado pese a comprometerse a tal.
A situación actual está a deixar aos espectadores sen contidos, e tamén está afectando moi negativamente ao sector audiovisual, que agardaba ter colocados a unha serie de profesionais que actualmente están no paro, pois o escenario de 3 canles de TDT por cidade en Galicia está lonxe de ser unha realidade :(

Venres, 27 de Novembro de 2009

Bos Días ao Paquete de Telecomunicacións e á neutralidade de rede

Hoxe no Bos Días falei un chisco con Carlos Amado e Xesús Peleteiro das repercusións que podría ter o novo Paquete de Telecomunicacións aprobado pola Eurocámara de cara á neutralidade de rede:

O tema pode dar para falar moito, pero o certo é que mete bastante medo que as operadoras poidan cobrarnos segundo o uso que deamos da Rede. Se intentasen algo semellante noutros ámbitos da vida a xente de seguro que montaba en cólera. Por exemplo, ¿aceptarías pagar máis na autoestrada se vas máis rápido porque o adxudicatario da vía argumenta que así gastas máis o firme? Ti xa pagas por ir pola autoestrada, e se outros condutores prefiren ir a 100 Km/h é o seu problema, pero non tería moito sentido que penalizasen a quen fose a 120 Km/h.
Pero a cousa podería non quedar cinguida a velocidades, senón que podería facer discriminacións segundo contidos e destinos, de xeito que aos usuarios de Telefónica podería cargarlles mellor a web de El Mundo que a de El País, ou a páxina de Telecinco que a de Antena 3, e cousas polo estilo que crearían unhas distorsións que a calquera pareceríanlle ridículas, pero que en calquera momento poderían chegar a aplicarse se os reguladores de cada país non toman medidas.

Xoves, 26 de Novembro de 2009

¿Queres unha motocicleta?

En Monkeyzen dan conta dun anuncio orixinal e divertidísimo da australiana tenda Coast Yamaha:

Non sei cantos residentes de Adelaida verían o anuncio pola televisión, pero en YouTube xa superou as 250.000 reproducións, polo que supoño que a tenda está a saír coa súa, e grazas ao humor está a conseguir unha sona que non podería pagar con cartos.

Outra promoción de El País á que dicir non

Non acabo de entender a teima que teñen ultimamente os xornais de vendernos produtos innecesarios, de pouca calidade ou a prezos de mercado coma se fosen grandes ofertas, e a última é a que incluirá El País o vindeiro domingo:
promoción de TDT de El País
Para comezar, o receptor en cuestión é do peor que podemos atopar no mercado, e iso de que ten porto USB para a reprodución multimedia leva a engano, pois serve só para cargar actualizacións do software, ver fotografías e escoitar música (nada de DivX, que é no que pensa a xente). Pero se ignoramos a calidade do dispositivo, o prezo non é ningunha ganga porque en APP véndeno a 20,50 euros. Ou sexa, que se pillas o xornal do domingo (cariño coma é) e 5 cupóns terás ¡un desconto de 60 céntimos! Pero resulta que para acollerse á promoción hai que chamar a un número de teléfono (cun prezo de chamada de ata 1,16 euros/minuto dende un fixo e 1,51 euros/minuto dende un móbil) ou mandar unha mensaxe de texto (1,39 euros). Vaia, que sae máis cara a promoción que achegarse ata unha tenda de APP. ¡Toma, moreno!

Mércores, 25 de Novembro de 2009

Os Teleñecos interpretan Bohemian Rhapsody ao seu xeito

A versión do Bohemian Rhapsody de Queen que fixeron os Teleñecos é unha obra de arte, que aínda que no momento de escribir estas liñas ten só 320 reproducións en YouTube, coido que en poucas horas vai conseguir milleiros de reproducións, pois paga a pena:

Non son moi obxectivo ao valorar esta peza, pois de cativo adoraba a Jim Henson e ás súas obras, e Queen é un dos meus grupos musicais favoritos, polo que esta mestura para min é salsa de carne, e supoño que para outros será unha mera versión. De todos os xeitos, admito que a mellor homenaxe a Bohemian Rhapsody e o comezo de Wayne’s World:

ACTUALIZACIÓN: O vídeo chegou ás 485.847 reproducións nunhas 10 horas. Ou gusta moito, ou a xente quere probar de primeira man cómo van os vídeos de YouTube a 1.080p (e si, vese de vicio en alta definición).

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero