Sábado, 31 de Outubro de 2009

¿Xornal de Galicia = Xornalgalicia.com?

De chiripa rematei cargando a nova sobre a polémica destes días de Xornal de Galicia, publicada desta volta polo ABC, que deixoume de pedra:
ABC confunde os xornais
¡¿Os de Europa Press están parvos?! ¿Qué é iso de dicir que a web de Xornal de Galicia é xornalgalicia.com en vez de xornal.com? A metedura de zoca é brutal, pois incluso ilustran a nova cunha captura de pantalla na que vese claramente que xornalgalicia.com non é o medio oficial de Xornal de Galicia.
Iso lévame a pensar en ¿por qué non tomaron medidas legais dende Xornal de Galicia contra XornalGalicia.com? Pois dá a impresión de que esta última web está a infrinxir a marca do Xornal á vez que estarían a realizar competencia desleal.

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 12:36

estás a supoñer que os “xornalistas” do ABC (dicir abc e lembrar á guerra civil é a mesma cousa) saben algo da internet? Penso que non teñen moita idea. Dubido incluso que algún saiba facer outra cousa que pinchar nos enlaces que xa ten no navegador como marcadores

Os xornalistas a día de hoxe son administrativos. Non saen da redacción. Publican o que chega de axencia e lles mandan as axencias de prensa. O día que lles falle unión penosa ou timofónica non din ren

a gravatar

2. Marcus escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 16:25

Nemigo, coido que estás a pensar que o ABC é o xornal da vella garda, e hai moito que non é así. Dende que o mercou Vocento cambiou moito, e incluso teñen a xente no seu equipo que é pioneira en materia da Internet e do audiovisual. Coido que simplemente trasladaron unha nota de axencia, e de ser así, a pifia é de Europa Press (pois sospeito que foron os que puxeron mal o nome de dominio e adxuntaron a captura de pantalla).

a gravatar

3. Nemigo escrito o 1 de Novembro de 2009 ás 2:00

trocar ABC? Noooooon
Pensa alguén que La Voz de Galicia pode algún día ser un xornal ao servicio da galiza? Poderá tve ser imparcial? Radio nacional algún día servirá pra algo?

Nesas organizacións xa hai unha estructura feita de moitos anos. Pasa como cos becarios é entrar nun xornal e asimilan a liña e estilo en días. Ver a un becario da cope ou de intereconomía é ver ao director

a gravatar

4. Teodoro escrito o 6 de Novembro de 2009 ás 13:16

Aquí está ben a imaxe, pero segue poñendo xonargalicia.com no texto: El Xornal de Galicia prima su versión impresa sobre la digital
É curioso que no servidor hai outra captura máis.

a gravatar

5. Marcus escrito o 6 de Novembro de 2009 ás 18:27

#4 Supoño que daríanlles un toque pola pifia (posiblemente dende o propio Xornal de Galicia). De todos os xeitos, continúo a pensar que a existencia dunha publicación web chamada xornalgalicia.com que denomínase no título da web coma Xornal de Galicia podería vulnerar unha marca e, sen dúbida, é un caso de competencia desleal.

a gravatar

6. Plaxio escrito o 8 de Novembro de 2009 ás 12:05

O malo de todo isto, é que xornalgalicia.com naceo e se rexistrou no ano 2000 e o Xornal de Galicia do BNG saliu este mesmo ano, polo que os que se dedican a plaxiar son os da Constructora San Jose que ten ao seu servicio o suposto Xornal de Galicia dirixido por Luis Gómez, penso eu que non tardaremos en ver pleitos xudiciales, como todas estas cousas, estaran esperando que engorde a vaca jejejejeje….

a gravatar

7. Marcus escrito o 8 de Novembro de 2009 ás 12:55

Plaxio, coido que confúndeste. O dominio xornalgalicia.com foi creado o 30 de setembro de 2005 (ano no que coido que comezaron a publicar na Rede) mentres que xornal.com rexistrouse o 12 de agosto de 1999.
Logo, non hai ningunha dúbida de que Xornal.com é unha marca coñecida na Internet galega, mentres que xornalgalicia.com é algo dos últimos tempos.
Se miramos as marcas, o 1 de xullo de 2005 rexistrouse Xornal de Galicia por parte de Udramedios (a xente de Xornal.com), polo que xornalgalicia.com non tería ningún argumento para defenderse legalmente (carece de marca e sona).
Para min é un caso clarísimo de competencia desleal, á vez que unha infracción dunha marca rexistrada (non por usar o dominio xornalgalicia.com, senón por definirse no título da súa web coma Xornal de Galicia).
O que non entendo é que a cousa non chegase ao Xulgado cando lanzaron Xornal de Galicia en papel. Agora non parece o momento para meterse en líos, xa que supoño que centran os seus esforzos na supervivencia (de reconverterse en xornal dixital puro, o lóxico é que fosen a morte contra xornalgalicia.com, pois a súa existencia suponlles un claro prexuízo).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios