Santo André de Teixido, quen non vai de morto…
En vista do éxito que acadou no Facebook, replico no blog un corte do Bos Días da TVG, no que podemos ver a Manuela Busto, filla de Severino Busto, home que faleceu mentres visitaba Santo André de Teixido, tras o que o cura do lugar decidiu continuar coa misa que tiña que ofrecer, no que parece unha situación un tanto rechamante, non só pola falta de sensibilidade do cura, senón tamén porque á familia do difunto parecéselle ben:
Podedes ver máis detalles do suceso en La Voz de Galicia, aínda que para min é máis impactanto o testemuxo directo da filla. Sobre a distancia entre Fontecada e Santo André, segundo Google Maps é duns 169 quilómetros. Vaia, que era lonxe, ¿eh? É moi lonxe, é moi lonxe, eu pensei que non era tan lonxe, ¿eh?
.
De todos os xeitos, estamos ante un caso rechamante, pois Severino Busto coido que é a primeira persoa confirmada que foi a Santo André de Teixido unha vez de morto e outra vez de vivo.
ACTUALIZACIÓN (30-10-2009): No blog de Manuel Gago a cousa está a dar moito que falar. Tamén comentan a parodia que fixeron en SLQH:
ACTUALIZACIÓN (1-11-2009): En Menéame tamén montaron bulla.




4 comentarios realizados
1. Iago soto escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 11:57
Insuperable.
2. Nemigo escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 12:46
a galiza profunda
No agro, nas aldeas a morte é algo cotiá. Viven con iso. Teñen presente a morte, aos antergos… a sombra que dicían os vellos. A sombra dos mortos
3. O morto de Santo André de Teixido: a entrevista escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 23:50
[...] celebraron despois unha misa co corpo tirado dentro (ver noticia). Confeso que cando vin o vídeo (que Marcus posteou no seu blog) ao principio pensei que era algunha sorte de brincadeira da TV e a señora unha actriz do Luar, ou [...]
4. josiño escrito o 30 de Outubro de 2009 ás 10:11
O que hai que ver…Esto é do máis surrealista que vín en moito tempo.
Os presentadores ,eu creo que,non saen so seu asombro.Sobre todo cando a señora dí:”O cura increíble”,…”Ai dios mio,se vira que ben nos tratou,non tivo máis que nos ofrecer…”
Incrible.