Xa temos Popular TV Galicia a través da TDT
Dende o pasado día 9 de outubro, a través da mesma canle pola que entra en dixital a TVG aos nosos fogares, chega a Popular TV Galicia, cunha emisión en pruebas
, pois polo momento non conta con programación autonómica, senón que é unha simple redifusión dos contidos de Popular TV.
Velaquí unha proba das emisións:
Non é que Popular TV Galicia ofreza uns contidos moi atractivos, pero para algúns frikis coma min vai compensarlles a súa sintonización, posto que esta noite (a partires das 23:00 horas) botan o clásico El Señor de las Bestias, que é un sucedáneo de Conan con Marc Singer (o Mike Donovan de V).

Supoño que non verei a película (pois a teño en DVD… ¡mercada no desaparecido Día de Melide!), aínda que estou tentado a comprobar se censuran o momento no que aparece Tanya Roberts bañándose nun lago coas tetas ao aire ![]()




10 comentarios realizados
1. Sak escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 21:31
Marcus, non cres que é unha barbaridade esta licenza habendo grupos de comunicación dispostas a dar unha oferta moooooito mellor e máis axeitada ao dominio de emisión?
2. Marcus escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 22:43
Sak, cando foi o concurso de licenzas coido que xa comentei que parecíame mal que deixasen fóra a Filmax, que si era unha proposta moi solvente (coido que a mellor das 3 presentadas).
De todos os xeitos, o que me parece fatal é que nin Popular TV Galicia nin a canle de La Voz de Galicia (¿TeleVoz ou Nova 7?) estean a funcionar dende hai 2 anos, pois era ao que se comprometeran no seu día.
O mesmo conto o aplicaría ás televisións locais de El Ideal e La Opinión (no caso de A Coruña). Ou sexa, que no concurso deixaron fóra a televisións en funcionamento (coma TeleCoruña) e as que teñen que ocupar o seu lugar non atenden a demanda dos usuarios.
En Galicia precisamos de máis contidos propios (tanto locais coma autonómicos) e resulta moi triste que habendo xente que quería ofrecelos non o poidan facer por causas administrativas (ou sexa, por non recibir licenza) mentres que os adxudicatarios actuais están a rañar o bandullo.
3. Sak escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 11:28
Si, si, sei que o comentaras e ademáis penso que en Galicia és dos poucos que sabe do tema. A min paréceme escandaloso o asunto das concesións de licenzas, polo limitadores da liberdade de expresión e polo partidistas que son (iso sen entrar en temas económicos ou da promoción das linguas oficiais do estado).
Non sei se xa está escrito ou por escribir, un bon artigo sobre a concesión de licenzas a medios de comunicación en España, anímaste?
4. Nemigo escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 11:35
ese tipo de tv non penso que aporten á sociedade máis que crispación, mal rollo e un sabor valorecido
A tv tamén pode ser un servicio social. Estaría ben que houbese canles sobre ecoloxía, sociedade, solidaridade, deporte afeccionado… Que pasa a pesca non é un deporte digno da tv? So o golf
5. Marcus escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 12:00
#3 Coido que sobre o tema foise escribindo segundo foi transcorrendo todo, e incluso fixo tambalear ao bipartito no seu momento (e coido que coas concesións autonómicas tamén houbo resaca no seo do PP).
Pero facer un repaso de todo aínda non é posible porque quedan varios capítulos por escribirse. Sen ir máis lonxe, o tema das concesións de televisión local aínda non está pechado. Ou sexa, que de aquí a abril suponse que vai haber movemento.
#4 Dubido que Popular TV Galicia vaia converterse nunha canle tipo Intereconomía ou Veo7, e supoño que procurarán quedar como un programa orientado a un público familiar. De todos os xeitos, ata que vexamos a programación propia que fan é moi apresurado falar.
6. Bit escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 14:48
Boas, resintonizando o receptor TDT atopei como ben dis o canal POPULAR TV pero tamén atopei un canal cun nome raro de radio que parece que emite un curso de ingles ou algo así …
7. Bit escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 15:05
O nome en concreto do canle de radio que atopei e: Vaughan radio (ademais de esRadio de Federico e cia)
8. Marcus escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 17:15
Si, Vaughan Radio comezou a emitirse en setembro, coma esRadio, ou sexa, que aproveitan a presenza de Veo7 para meter radios de El Mundo na TDT.
En Galicia temos un caso semellante con Correo TV, que emite tamén Radio Obradoiro. Precisamente un dos motivos polos que quixera que as emisións da televisón de La Voz é poder escoitar/gravar RadioVoz por aí (a Radio Galega grávoa sempre a través da TDT ou de R). Tamén gustaría que Localia Coruña inclúa as emisións de Radio Coruña a través da TDT. En poucos meses sairemos de dúbidas.
9. Pacha escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 19:09
Home, eu polo que ollei así de visual, PopularTV non é tan extremista coma Intereconomía (que case me parece máis de extrema dereita que de dereitas), pero dende logo nunca se asemellará a Veo (os motivos son obvios na medianoite XD)..
O que sí me sorprende é unha cousa..
¿Qué pasou co proyecto de AXN por TDT de pago? Porque dicían que en setembro comenzaban as súas emisións e mataba a SETenVEO… e estamos case a finais de outubro e todavía sigo vendo SETenVEO?
PD: ¿ti que opinas de que se emitan na G2 contidos en V.O.S.? Porque parece ser que os dobradores están cabreados ó respecto.
PD2: oín onte dun aparello chamado Wikireader que parece ser que leva incorporado sobre 3 millóns de contidos da wikipedia sen necesidade de conexión .. ¿Que opinas ó respecto? ¿tería moa boa acollida aquí?
10. Marcus escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 19:51
Pacha, vaiamos por partes:
1- O de AXN na TDT Premium non ten datas de ningún tipo, pois Sony non fixo ningunha comunicación oficial, senón que foi Dahlia TV quen mandou o comunicado anterior.
Ao parecer, están estudando o que van facer, e supoño que son conscientes do mal que vai Gol Televisión a través da TDT (falan de 40.000 abonados) e prefiren demorar o seu movemento de ficha. Igual fan algo para o Nadal ou para abril (cando chega o apagamento) aínda que tamén poderían deixar o tema aparcado ata que detecten unha conxuntura económica máis favorable.
2- O dos Teletubbies subtitulados paréceme unha vergoña. Dende a TVG rectificaron e xa non os emiten así. Parece ser uqe xa concertaron unha xuntanza cos dobradores, e deberían traballar en arranxar o asunto, pois a cousa é grave: se fan iso agora que só hai 2 canles… ¡¿qué farán cando haxa catro?!
3- O Wikireader é unha trapallada que non mercará ninguén. Para iso xa están os smartphones, que teñen acceso á Wikipedia en tempo real. Para o iPhone incluso hai unha aplicación que permite consultar a Wikipedia facendo unha copia en local (ocupa 500 Mbytes) o que parece moito máis atinado que mercar un trebello só para tal uso.
Lembremos que o iPod Touch non é moi caro, e incorpora reprodutor multimedia, navegador web, Wi-Fi e a posibilidade de funcionar con multitude de aplicacións, converténdose nun ordenador de peto moito máis útil para os estudantes que unha enciclopedia electrónica cutreada.