Chega Media Markt ao Dolce Vita de A Coruña

Hoxe levei unha grata sorpresa ao poder visitar o novo Media Markt que abrirán mañá ás 9:00 horas no centro comercial Dolce Vita de A Coruña, xa que tanto as dimensións do establecemento (3.000 m2) coma o enorme surtido de produtos deixáronme impresionado.
Os prezos non están nada mal, coma podedes ver no catálogo que estará vixente ata finais de mes:
A tenda non só ten os típicos produtos de electrónica de consumo que podemos atopar en PC City e outros establecementos semellantes, senón que incluso venden películas en DVD e Blu-ray.

Aínda que admito que puxen os ollos coma pratos ao contemplar que tamén había unha sección de merchandising con bonecos de películas e videoxogos:

Coido que no deseño do establecemento debeu de colarse algún friki, que meteu produtos que nun establecemento de electrónica tradicional non meterían nin de coña.
Aínda así, a meirande parte da xente flipará ao ver que o local tamén é moi alto, resultando sobrecolledora a sección de televisores:

Alí tiñan o Philips Cinema 21:9, un televisor de 56 polgadas que custa 3.999 euros e está destinado a baixar de prezo por falta de vendas, xa que mercar unha pantalla en formato cinematográfico só serviría para ver películas en Blu-ray, pero quedaría desbotado para ver a televisión (incluso as series) xa que é demasiado panorámico. Vaia, que está na tenda para fardar.
Aínda que non guste moito do Dolce Vita (principalmente polo tráfico que hai para chegar alí), que teña que mercar algo de electrónica de consumo de cara ao Nadal faría ben en botar unha ollada ao Media Markt. Así, xunto con El Corte Inglés, Carrefour, PC City, o Miró de Espacio Coruña, a FNAC e outros establecementos cativos temos unha impresionante oferta na cidade que debería servir para que os consumidores poidamos atopar bos prezos.
ACTUALIZACIÓN (30-10-2009): Mónica Pérez captou o mogollón da inauguración do Media Markt coruñés, no que segundo parece estaban a vender televisores coma churros:
Comentáronme que hai un bulo (que incluso rula por Twitter) no que daban a entender que o televisor que saía no catálogo de Media Markt estaba á venda hoxe por 1 euro, e seica houbo xente que chegou co televisor á caixa toda convencida da oferta… e deixaron o trebello alí ![]()




11 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 1:41
pode media mark competir ca fnac?
2. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 1:53
En hardware a FNAC ten pouco que facer en comparación co Media Markt, agás casos puntuais (posiblemente en produtos de Apple e reprodutores multimedia a FNAC teña mellor atado todo), pois a nova tenda ten prezos bastante decentes e moita variedade de produtos en stock (que é unha das súas forzas). Por suposto, no que se refire á venda de DVD e Blu-ray a FNAC gaña, aínda que iso é algo que pode cambiar en calquera momento (haberá que agardar a xaneiro para ver as ofertas).
3. gaioso escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 9:35
Teño unha curiosidade:
¿Tiveches algún problema para quitar esas fotos?, vin máis fotos doutras tendas ou locais e non sei si llo comentas antes, ou directamente pasas á acción. Porque parece que nos últimos tempos a xente non mira moi ben ós que imos cunha cámara de fotos. Un saúdo.
4. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 10:17
Gaioso, eu fun ao pase de prensa, no que estabamos a tirar fotos a metade dos presentes. Sobre o de botar fotografías en lugares públicos, a verdade é que hai bastante polémica, pero normalmente non hai problema, aínda que é recomendable pedir permiso para evitar follóns (pero é legal sacar instantáneas sempre que non invadamos a intimidade da xente).
5. Bit escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 16:07
Flipo ca xente, dende as 11 da noite do dia anterior pola TV (polo que din os videos de LaVoz), supoño que será a do catalogo de 399€, pois dita TV en Fnac esta 20€ mais cara …. http://tv-video.fnac.es/a135617/Televisor-TV-LCD-LG-32LG3000-LCD-32-con-TDT?&Origin=zanox1300838118596816896 vamos que non é tanto choio … e o do bulo a xente e parba por crer algo que non ten a empresa publicitado no escaparate nin en ningures.
Sau2
6. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 16:21
O dos fulanos que foron o día anterior coido que é o típico cantazo para saír na tele, pois coma ben comentaban no vídeo, non os deixaron pasar ata primeira hora da mañá (ou sexa, que fixeron o parvo).
Sobre o televisor que comentas que hai na FNAC non é o mesmo, pois o que dis non é Full HD. O que teñen a 399 euros no Media Markt na FNAC está a 570 euros e en El Corte Inglés a 590 euros. Ou sexa, que a oferta é moi boa.
Iso si, coido que meteron a zoca ben metida na promoción, pois publicaron que o televisor ten USB 2.0 e na web do fabricante pon xusto o contrario, polo que poderían reclamarlles un televisor de prestacións superiores (o 32LH400 ou o 32LH500) polo mesmo prezo.
O televisor de Sony de 40 polgadas que teñen a 599 euros no Media Markt tamén é un prezo moi bo, pois está valorado en 799 euros e en El Corte Inglés o teñen de oferta a 699 euros.
7. Bit escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 16:32
O modelo segun o folleto e o 32LG3000 … e ese é o que puxen de FNAC que foi onde o atopei, non e o 32LH3000, no catalogo pon moi clariño o modelo a non ser que sexa un erro.
8. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2009 ás 18:08
Bit, o de 32LG3000 é unha errata (ao ser LG a marca, puxérona na referencia… e o H e o G tamén están pegados no teclado, polo que pode ser unha simple errata), pois ese modelo non é Full HD, só ten 2 HDMI e os seus altofalantes son de 7 W (ou sexa, que non coincide en nada co que aparece no catálogo). Se miras as especificacións, o modelo do catálogo é o 32LH3000, agás polo detalle do USB 2.0 (que ten pinta de ser un erro).
9. Nemigo escrito o 30 de Outubro de 2009 ás 23:03
veño de dar unha volta por alí, só un momento. A idea parece boa. O local pequeno pero é que na coruña non hai moita oferta pra mercar electrodomésticos que non sexan de marcas ben coñecidas… onde as fabrican
Non sei moi ben se unha tenda así dará pra manter a ise persoal (só na porta había 5 seguratas) Haberá que mirar mellor o que hai. Lástima non teñen pantallas ben grandes. En zaragoza vin unha de dos metros e medio pra xogar á play (custaba 90 mil euros)
Pero xa supoño que eles estarán máis a ofertar cousas con máis mercado
10. Marcus escrito o 30 de Outubro de 2009 ás 23:43
¿Local pequeno? É o local de venda de electrodomésticos de maior superficie de Galicia con 3.000 m2. Supoño que o dirás comparando con tendas de fóra de Galicia.
Sobre o persoal, na tenda traballarán 100 persoas en total, pero durante os días de inauguración trasladaron a xente doutras tendas coma reforzo (vaia, que é algo temporal).
11. Nemigo escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 1:53
pra o que pretender abarcar: electrodomésticos (todos sabemos que mercar unha lavadora necesita espazo de exposición) imaxe, libros, dvd, ordenadores e demáis… pois non penso que teña moita superficie. Por exemplo de mac ten máis el corte inglés. Sección por sección hai tendas na galiza que teñen máis oferta. Globalmente penso que non, e menos na coruña onde din sobran tendas pero non hai onde mercar nada e moito menos ofertas interesantes
E xa digo vai dous anos había no media markt de zaragoza (centro comercial gran casa) unha pantalla de dous metros e medio por 90 mil euros… pra xogar á play. Que cha deixaban probar!