Mércores, 7 de Outubro de 2009

Os moitos logos de Batman ou como saber que es demadiado friki

Hoxe vin de casualidade a seguinte imaxe:
logotipos de Batman
Non vou dicir que fun quen de identificalos a todos (algúns preferiría non telos recoñecido), pero coido que confirmei que o meu nivel de frikismo é demasiado elevado cando pasou pola miña cabeza a idea de que falta o logotipo de Batman máis importante. Si, hai un moi semellante, pero non é o que eu consideraría de verdade. ¿É difícil saber de cal estou a falar?

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Xaime escrito o 8 de Outubro de 2009 ás 19:03

O primeiro?
http://www.youtube.com/watch?v=AKR_4kRDR9s

a gravatar

2. Marcus escrito o 8 de Outubro de 2009 ás 21:44

Tes razón en que falta o primeiro (foi logo do cómic, pero non o levaba Bats no peito, que conste), pero para min o que realmente é relevante sería un semellante ao 5º da 3ª columna, que empregábase nos comics e na película de Tim Burton con fondo amarelo. Coido que é o logotipo empregado en máis ocasións (aínda que agora xa non se leve).
Eu persoalmente prefiro o logotipo sen o fondo amarelo (que estaba aí simplemente para poder rexistrar o símbolo, pois un morcego non pode ser unha marca rexistrada).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios