Jornal de Galicia

Se miramos no dicionario a palabra xornal atopamos o seguinte:
1 s m Diñeiro que gaña un traballador por día traballado.
2 s m Conxunto de follas impresas informativas que se publican diariamente.
3 s m Lugar da administración e redacción dun periódico.
E o acontecido nos últimos días dáme a entender que a palabra xornal da cabeceira Xornal de Galicia corresponde á primeira acepción da palabra (que en español diríase jornal), xa que ante a maior decisión retrógrada na prensa dixital española dos últimos anos (só comparable ao erro estratéxico de El País de facer os seus contidos na web de pago), o propio director de Xornal solta o seguinte:
Los lectores de Internet también tendrán estas noticias por la tarde, pero por la mañana pretendemos ofrecer un plus a los lectores que compran cada día el periódico, ya sea en el quiosco o mediante suscripción. Sin ellos no serían posibles esas exclusivas, ya que no habría manera de pagar a los periodistas que escriben reportajes así.
Paréceme moi triste que se dea un paso atrás tan radical á vez que utilizan coma argumento os salarios dos xornalistas. ¿Qué ten que ver unha cousa coa outra? A min iso paréceme dunha demagoxia insultante (¿Están a dicir que unha única nova pode levar á xente a mercar un xornal? ¿E que un incremento de vendas de cen ou dous centos exemplares chegan para pagar o soldo dun xornalista que produce informacións exclusivas?), que Tati Mancebo analiza axeitadamente ao asegurar que:
Equivócanse por completo. Non están a ofrecer un plus aos lectores que mercan o xornal en papel, senón penalizando os que o len na rede. Nin sequera ofrecen a opción de micropagamentos -seguramente porque comporta un gasto inasumíbel para as expectativas de vendas- como fan outros medios que andan a experimentar actualmente co sistema de subscricións “por pezas”.
Como se pode apostar pola versión en papel para aumentar vendas, cando todos os medios van costa abaixo neste camiño, e menos aínda sendo un medio novo e minoritario?
Paréceme realmente insultante que vendan este medida absurda coma unha innovación periodística. ¿Dende cando innovar é involucionar?
Polo que vin, a nova embargada apareceu na web ás sete e media da tarde, o que provocou que os lectores da edición dixital de Xornal accedesen a unha información obsoleta, xa que durante a mañá o resto de medios xa publicaban a reacción ao artigo de Xornal de Galicia na edición impresa, ou sexa, que deixaban claro que na prensa diaria non existen as exclusivas.
Algún xornalista da vella escola aínda non entendeu que o que un medio pode ter hoxe é unha primicia informativa, pero non unha exclusiva, pois levantada a lebre, todos os demais medios poden falar do tema. Así, demorar a publicación de novas na web só prexudica á propia web.
Non acabo de entender a estratexia comercial de Xornal de Galicia, pois a prensa en España está a perder vendas en papel de xeito constante durante os últimos anos, polo que intentar medrar nun sector en contracción é nadar contra corrente. Deberían centrar os seus esforzos en gañar influencia a través da web, e non en vender exemplares en papel, especialmente se as súas vendas actuais son tan insignificantes coma comentan os ruxerruxes.
Incluso se miramos á prensa estatal podemos ver como a Rede comeza a gañar peso, e coma exemplo rotundo temos a El Mundo:

¿Vedes? A edición impresa da cabeceira de Pedrojota Ramírez incorporou o .es á súa imaxe, dando a entender que é un medio dixital con redaccións integradas.
O curioso é que El Mundo é un xornal con 20 anos de historia, que naceu nun momento no que a web non existía, mentres que Xornal de Galicia veu a luz hai menos dun ano, ou sexa, que a súa organización debería estar orientada aos novos tempos, e non ten sentido que unha nova publicación procure medrar de costas á Rede.
ACTUALIZACIÓN (28-10-2009): Aínda que sen confirmación oficial, parece ser que Xornal de Galicia pecha a súa delegación de Vigo, polo que entendo que os pasos que está a dar a publicación son medidas desesperadas. Sospeito que en non moitos meses Xornal volverá a ser o medio dixital que era antes.




14 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 1:20
cada empresa ten a súa estratexia. La Voz non vai moito tempo podou a web, quitou contidos e trocou os enlaces vellos que xa non valen
Non sei agora pero non vai moito as novas eran do día anterior. Os que están no mundo do papel saben e o din vai máis de 10 anos que internet comerá todo. Non penso que iso o cheguemos a ver. Cada día se publica máis papel. Alguén quere un tocho en papel da guía telefónica? Pra que a vas querer, a xente ten móbil non fixo
Xornal se trabuca, pero tamén la voz regalando exemplares… están errados os que reparten papel nas esquinas polas mañás. Pero isto está así. A conexión a internet non é masiva. Non está o bar da esquina co menú do día ata atopar a carteleira na web haina que buscar agochada tras varios clicks de rato e enlaces
Mentras sigan os gurús a profetizar o futuro que a elles lles convén seguirá todo igual
2. Marcus escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 2:33
O que pasou con La Voz non foi unha poda senón unha reforma da páxina web que saíu mal. Despois da modificación tardaron semanas en arranxar os fallos, e pouco a pouco foron rexurdindo os contidos desaparecidos (aínda que deixaron de funcionar as vellas ligazóns). Non foi un froito dunha decisión estratexica, senón unha neglixencia.
A desaparición do papel non vai acontecer, pero si vai cambiar completamente o seu peso, e a web será (¿ou xa o é?) máis relevante.
O que non é certo é que cada día publíquese máis. ¿Non levas conta da cantidade de xornais gratuítos que desapareceron no último ano en Galicia? ¿E das revistas mensuais que deixaron os quioscos (só do sector dos videoxogos xa caeron bastantes)?
A estratexia de La Voz regalando exemplares coido que respondía a necesidade de non baixar dos 100.000 exemplares (para captar certas campañas publicitarias estatais), pero xa deron a batalla por perdida, e os últimos datos de OJD estiman a difusión de La Voz de Galicia en 96.517 exemplares.
Se procuran manter unha difusión alta é simplemente para captar publicidade estatal (está claro que alguén que quere promocionarse en Galicia, especialmente na provincia da Coruña, ten que contar con La Voz).
O que os gurús andan a profetizar ultimamente é que vai existir prensa de pago na web, algo no que non teño ningunha confianza. Coa inmensa oferta de balde que hai hoxe é moi difícil que alguén vaia pagar por contidos. Ora ben, os soportes tipo Kindle poderían dar un respiro temporal aos medios escritos, xa que terían un modelo de explotación bastante tradicional (pero coma non reaccionen rápido…).
3. Bit escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 12:51
E xustamente hoxe pecha Soitu.es un periodico Online …
4. Marcus escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 14:04
Bit, é unha mágoa, pois Soitu foi un dos mellores proxectos de comunicación nos últimos anos, conseguindo que en acontecementos como as eleccións (tanto estatais coma autonómicas) a xente estivese pendente dos seus widgets para seguir os recontos en tempo real.
A conxuntura económica actuais pasoulles factura, pero estou certo de que poderán retomar o proxecto (ou algo semellante) no futuro, pois o equipo humano ao redor de Gumersindo é magnífico.
5. marcus.es » A caída da prensa (¿só nos EE.UU.?) escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 21:51
[...] todo isto nun momento no que, tras criticar o último paso retrógrado de Xornal de Galicia, teño que ver con pesar a caída de Soitu.es, medio dixital no que tiña bastantes esperanzas e [...]
6. Nemigo escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 22:40
pra facer unha web dun medio de comunicación o que non podes é empregar becarios ou buscar unha empresa allea que che faga o chollo. Penso que la voz tiña demasiada difusión na web. Custaba cartos e pensaron que non lles compensaban os ingresos que tiñan
Parece que haberá xornais que desaparecerán antes que dar o salto a internet. Teñen xente na dirección que non saben da internet. É un medio alleo e hostil. Lembra algo a os que se negaban a publicar en cor, de sempre eran en negro e o salto os tiña fora de xogo
Os xornais gratuitos teñen un problema. Os de pago tranquilamente a metade das páxinas son publicidade. Os gratuitos xa é de escándalo. Pode que calquera emisora de radio dé máis novas en 5 minutos de emisión
7. Marcus escrito o 27 de Outubro de 2009 ás 23:47
#6 Agora que citas á radio habería que precisar que moitos medios de comunicación manteñen a súa influencia grazas a que son multiplataforma. Combinar prensa, web, radio e televisión permite que algunha das plataformas non sexa moi rendible. Vaia, que aínda que os informativos de Cuatro teñan pouca audiencia, o compensa a SER.
As compañías que só apostan por unha plataforma o teñen moito máis complicado.
8. Sak escrito o 28 de Outubro de 2009 ás 0:48
A “nosa lóxica” non é a mesma lóxica que sigan nos xornais ou nas empresas. Eu interpreto a decisión de xornal como necesidade de máis presenza social, que basicamente é o seu punto feble. É obvio que non van sobrados de medios e non van ter axudas do governo (un exemplo claro de xornais sostidos publicamente pode ser El ideal gallego) por tanto foron a unha medida impopular e anti-audiencia-interneteira, que penso que terá pouca pegada pero non deixa de ser unha tentativa de ampliar un nicho de mercado vital.
Se xestionan axeitadamente esta estratexia non terían por que sufrir moita pérdida de audiencia en internet (é dos poucos medios “potentes” que discordan co governo), xa que eu non teño presa por ver unha opinión, unha longa crónica ou unha análise.
Sen ser boa, penso que non é tan mala e sobre todo, igual nós desde dentro igual experimentabamos isto.
Apertas
9. A Lareira de Santiso escrito o 28 de Outubro de 2009 ás 12:55
Penso que o maior problema do Xornal é que non ten agarradeiras económicas ningunhas. Sei de situacións laborais que, como xornalista, son insostibles, e que se dan cada día no Xornal. O tema da web penso que será un dos moitos furados polos que comezará a facer augas.
10. Marcus escrito o 28 de Outubro de 2009 ás 13:14
#9 Pois eu apostaría a que Xornal.com vai durar máis que Xornal de Galicia. Coma teñan algo de certo os rumores que circulan por aí, a edición impresa do Xornal de Galicia ten os meses contados, e precisamente por iso penso que deberían apostar máis pola web, para deixar uns alicerces sólidos de cara ao futuro.
11. xornaleando escrito o 28 de Outubro de 2009 ás 23:55
Eu penso que Xornal de Galicia naceu cunha prepotencia equivocada, non calcularon o escenario de que o bloque perdera as elecions e agora pasa o que pasa, segun o que comenta xornal, dito e publicado por eles, ibanse comer o mercado, eran a alternativa, encheron de persoal a redacion e fixeron un desplegue de medios que non tiña sentido, agora estas estratexia/ameaza de que non van mostrar as “noticias exclusivas” pois que se as metan no cu, hasta ai poderiamos chegar, vaia tela cos de xornal!!!!! as veces cando te crees o ombligo do mundo… A ver que pasa agora, Xose Luis Gomez volvera o seu Xornaliño e recollera velas e comerase a prepotencia que o caracteriza.
12. Xornaleiroperiodistico escrito o 30 de Outubro de 2009 ás 1:05
Totalmente de acuerdo con el articulo ,Marcus.
El tema del Xornal y de El Ideal Gallego no es otra cosa que un fiel reflejo de la falta de conocimiento de sus directores. Lo del Ideal clama al cielo !!!
En cuanto al desprecio que le da Xornal a los lectores que lo hicieron popular no tiene mayor importancia ,sabemos sufrir o surfear mejor y no quedarnos desinformados.
Es increible ser anunciante de ese periodico online y escuchar esa respuesta…cuando el precio del anuncio esta calculado en base a la gran difusion del medio y ya ves la importancia que le dan a quien se deja los duros en publicidad .
Se nota el gran desconocimiento del ” management” .
Viva Melide.net
13. marcus.es » ¿Xornal de Galicia = Xornalgalicia.com? escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 9:31
[...] chiripa rematei cargando a nova sobre a polémica destes días de Xornal de Galicia, publicada desta volta polo ABC, que deixoume de pedra: ¡¿Os de Europa [...]
14. marcus.es » Adeus ao Xornal de Galicia (deixémolo ir) escrito o 6 de Agosto de 2011 ás 1:10
[...] unha estratexia que parecía fuxir da Internet (que foi a peor menos dun ano despois, cando decidiron retrasar a publicación na web das súas poucas novas en exclusiva) e, pese a ter un nome en galego, limitar a presenza da nosa lingua a menos da cuarta parte dos [...]