Novidades nos centros comerciais de A Coruña

Estamos en crise, pero iso non impide que os centros comerciais abran en A Coruña (eles saberán o que fan), e así estes días podemos escoitar na radio anuncios de que o Media Markt, xa presente en Vigo, vai abrir un espazo de seu no Dolce Vita de A Coruña (comentan por aí que hai que estar pendente das ofertas de apertura, que habitualmente son moi boas).
Pero non é a única novidade destes días, pois mañá mesmo vai abrir preto do Carrefour e o Coliseo unha nova área comercial, Espacio Coruña, que acollerá a moitas das marcas presentes no Dolce Vita, á vez que contará cun cine de Yelmo con sala 3D e todo.
Na caixa do correo deixáronme hoxe un vale de desconto de 2 euros para o cine, polo que igual algún día pico, e o que teño claro é que ao quedar preto da casa agora xa podo elixir entre El Puerto e Espacio Coruña (pois por proximidade antes sempre desbotaba a Los Rosales para ver as estreas). Vaia, que cando boten Avatar en 3D xa sei onde vou ir vela ![]()




11 comentarios realizados
1. Bit escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 18:16
Non ia ir o Media Markt no centro comercial novo que hay preto do Dolce Vita, no que via ir o IKEA etc etc?
P.D: Pareceme excesivo o aumento en tan poucos anos de tantos centros comerciais en Coruña: Dolce Vita, Espacio Coruña (con un ano de diferencia entre eles) e para o proximo ano o novo centro comercial que vai ser o mais grande de Galicia e con IKEA o que se vai perfectametne anando dende DolceVita que non leva nin 3 minutos …
2. Bit escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 18:18
P.P.D.: O nome do centro novo e Marineda Plaza
3. Marcus escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 19:08
Bit, ao final vese que os de Media Markt non queren agardar, e xa teñen anuncios da nova apertura no Dolce Vita.
Concordo contigo en que é excesivo o aumento de centros comerciais, especialmente porque replican franquías ata o infinito.
O peor de todo é que tanto Espacio Coruña, coma Dolce Vita e Marineda Plaza están sitos en lugares con alta densidade de tráfico viario, polo que contribúen a crear colapsos.
4. moinante escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 22:17
Si, o polígono da Grela vai ser un caos absoluto. O 31 de xullo do ano que vén vai abrir, si ou si, o Ikea, así que vai haber un pifostio de coidado. A iso haille que sumar o Decathlon (máis grande ca o de Vigo) e un Corte Inglés aínda máis grande que o de Catro Camiños.
Evidentemente tanto centro comercial na Coruña non se vai soster. Creo que o que está pagando xa o tema é o bulevar El Papagayo, que non ten nin rata.
5. Nemigo escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 22:50
son centros comerciais de distintas promotoras (estranxeiras) compiten entre eles (teóricamente) e suponse que eso garante certo éxito
O media mark aproveita a espantada de briko king que se ve está a morder de máis
media mark non penso que faga ofertas nin venda nada que sexa do outro mundo. Vamos que nos productos nos que hai competencia nótase pouco a diferencia de prezos
De todos ises centros comerciais o mellor é que aporten algo novo. O erro segue a ser non facer un macrocentro comercial con todo nas aforas de santiago ou a coruña
6. Marcus escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 23:41
#4 Tes moita razón no caso do Papagayo, que está deserto. A única vez que fun pensaba que non se entraba por alí porque non había ninguén. Aínda que un centro comercial no que apenas hai comercios tampouco ten sentidiño ningún.
#5 Normalmente os Media Markt teñen moi boas ofertas de inauguración (pasou coa tenda de Vigo) pero iso é algo limitado a unha ou dúas semanas. A partires dese momento temos un competidor con PC City que tamén vende electrodomésticos. Non parece ser o mellor momento para montar un negocio dese tipo.
Sobre a localización, podería ser a chave do éxito/fracaso destas iniciativas. Por exemplo, dubido que Yelmo manteña 2 multicines en A Coruña a longo prazo. O mesmo podería aplicarse a certas marcas que están presentes en case todos os centros comerciais (que cando teñan que reducir custos terán que pechar os establecementos menos rendibles).
7. Bit escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 12:47
O que esta claro e que para mercar para o Nadal o poligono da grela vai ser un sitio ideal, aparcas ali e tes 2 centros comerciais grandes, en cada un as tendas de INDITEX etc etc, pero dame que non van aguantar o tirón os dous e non sei por que me da que DOLCE VITA vai ser o perxudicado.
Sau2
8. El_podcastero_enmascarado escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 17:32
Hay muito carto negro que agochar, e si vai mal, sempre se poden construir mais pisos, que estes pensan que o da especulación ainda é sostible.
Carrefou está abrindo centros nos arredores de coruña, coma os de O Carballo e Coristanco, e non olvidemos a reacción das tendas coruñesas, como o Catro Camiños centro comercial, ou o comcor.
marinedaplaza.com
9. Marcus escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 17:51
#7 Coincido: o Dolce Vita vaino ter chungo (actualmente xa ten pouca xente pola semana).
#8 Coido que o comentario dos cartos negros non ten sentidiño ningún. Os centros comerciais que están a inaugurar son proxectos de grandes investidores que buscan o rendemento a longo prazo, e que estaban proxectados bastante antes da crise actual, ou sexa, que agora tiran para adiante porque en caso contrario perderían moito diñeiro de dios. Non esquezamos que os edificios construídos poden revalorizarse moito nunhas décadas (o Polígono de Agrela estase a transformar progresivamente en solo urbanizable).
Ao final, os que meten aí os seus cartos non terán problemas… outra cousa é a xente que vai traballar alí, que pode rematar moi puteada.
10. moinante escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 22:23
Por certo, que envexa co tema do vale desconto para o cine. Xa me podían deixar un par deles por aquí
11. El_podcastero_enmascarado escrito o 21 de Outubro de 2009 ás 1:20
#9 Home os cartos neghros tamén teñen bastantes anos.