Bos Días ao intercambio de ficheiros pola Internet
O tema do que falei hoxe con Carlos Amado e Xesús Peleteiro no Bos Días da TVG non foi outro que o P2P, e aínda que dá para moito, agardo que cando menos quedase claro que para o usuario é totalmente legal a descarga de contidos audiovisuais a través da Internet:
Digo para o usuario porque no caso de administradores de páxinas web que promoven estas actividades a cousa está claro que non é delito, pero pode ser falta, polo que aínda non se coñece o tipo de sancións que poderían imporse no futuro pola vía civil.
Esquecín destacar no programa que o que dicimos vale para música e vídeo, pero habería que subliñar que non todos os contidos son iguais e, por exemplo, os programas informáticos e os videoxogos non están suxeitos a compensación por dereitos de autor (canon) polo que a súa descarga sería outro cantar.
O que digo da posible ilegalización de páxinas tipo Rojadirecta.com coméntoo porque hai rumores de que os prexudicados (Sogecable e Mediapro) están a presionar ao Goberno para que modifiquen a lei, e teñan así un xeito de protexerse das retransmisións en directo vía P2P, que non só afectarían ao deporte, senón tamén ao seguimento de eventos como a cerimonia de entrega dos Oscars, que son doadas de seguir a través da Rede sen subscribirse á televisión de pago.
Vaia, que aínda que hoxe non se tocasen estes temas na Lei Xeral do Audiovisual, nos vindeiros meses poderiamos ter sorpresas que agardemos que non vaian na liña da lexislación francesa.






3 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 17 de Outubro de 2009 ás 1:55
nesto hai dúas feiras e dous que contan o que lles parece. As “empresas” presionan ao gonberno pra que poñan unha lei á francesa
Non entenden nin queren ver que habendo canon non é posible facer tal. A copia de seguridade e o canon son incompatibles. Se se enrocan en poñer a funcionar un sistema represivo propio dun país do primeiro mundo pódense atopar con que se leve aos xuzgados todo e teñamos anos de inseguridade legal e unhas consecuencias que poden deixar á sgae e presunta industria contra as cordas
Todo pasa por solucións de compromiso. Pero non queren. Sería tan doado como sacar cd-dvd virxes con recargo e uso específico pra facer copias de material protexido (como xa había cas cintas) pero non. Está claro que internet é unha teta moi boa e todos queren chupar
Por certo, quedas pasmado se falas con músicos novos ou que teñan algo que ver ca producción cultural. Non queren saber nada da SGAE dereitos de autor, cánones e peaxes. Queren que o seu sone e se fale de el e xa se decataron que hai que evolucionar
2. Marcus escrito o 17 de Outubro de 2009 ás 11:32
Nemigo, os únicos músicos que non controlan nada da SGAE son os que nunca editaron un disco. Tan pronto queren facer un replicado de CD de xeito masivo, pídenlles a correspondente certificación da SGAE (ou doutra sociedade de xestión), e xa pasan polo aro. Precisamente por iso conseguen tanto poder (son unha imposición legal).
De todos os xeitos está claro que o modelo de explotación de dereitos actual está obsoleto, e tardaremos moitos anos en ver cómo a lexislación axústase á realidade.
3. Nemigo escrito o 17 de Outubro de 2009 ás 23:24
pra un grupo novo é prácticamente imposible que unha discográfica (existe iso?) lles edite un cd. Os que chegan a asinar por unha discográfica non ven un can do cd
Os que editan o fan pola súa conta e poñen (para pasmo) creative commons