Bos Días ao software libre
Hoxe no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro sobre o que é o Software Libre e o Linux:
Tamén recomendei o antivirus gratuíto Avast!
Hoxe no Bos Días da TVG falei con Carlos Amado e Xesús Peleteiro sobre o que é o Software Libre e o Linux:
Tamén recomendei o antivirus gratuíto Avast!
![]() | ![]() |

7 comentarios realizados
1. Juanjocelta escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 11:18
Eu como antivirus, teño o AVG, e pareceme moi sinxelo e esta moi ben, pero non sei se cambiarme pro Avast, ¿recomendasme cambiar ou pareceche mellor o AVG? saudos
2. gaioso escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 12:57
Noraboa pola exposición dos conceptos. Estou dacordo en que o feito de que os sistemas GNU/Linux teñan unha cota de usuarios moi pequena fai que os creadores de malware non lle presten moita atención. Pero tampouco é menos certo que a propia estructura e deseño do sistema o fai máis seguro, e tamén que os usuarios deste tipo de sistemas soen ter coñecementos máis altos e polo tanto cometen menos erros de seguridade no uso do seu equipo.
Por exemplo, recordo que fai un tempo o virus Klez atacou a rede local do concello de Melide, e non había forma de eliminalo dos equipos dos usuarios que utilizaban Windows, sin embargo, no servidor con UNIX chegou con modificar os permisos do directorio que contiña os executables.
Botei en falta unha mención ás comunidades que hai en torno ó movemento de divulgación do software libre. Seguro que faría falta unha hora de programa para expoñer máis contidos.
O dito, noraboa pola difusión das tecnoloxías que fas neste programa.
3. Marcus escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 16:23
Juanjo, recomendo o Avast fronte o AVG nas súas versións de balde, porque na versión gratuíta do Avast hai protección tamén no navegador web, o que evita moitas ameazas de seguridade. É unha pasada ver cómo o Avast dispara as alarmas cando entras nalgunha web ou foro que inclúe publicidade perigosa.
Gaioso, está claro que quedou moito por comentar. Supoño que volveremos sobre o asunto máis veces. Onte mesmo pola tarde impartín un relatorio sobre comercio electrónico en software libre, e incidín moito en que a vantaxe non só é o prezo, senón que inclúe moito a comunidade que desenvolve módulos de ampliación, que son chave no éxito que plataformas coma OsCommerce, Magento ou Prestashop. Vaia, que o mesmo que podemos dicir do Firefox (que se o xulgamos polo seu núcleo é peor que os seus competidores) tamén é aplicable a outros produtos.
Sobre a seguridade, non teño tan claro que o Linux sexa máis seguro só pola súa estrutura, pois non hai que esquecer que as ameazas non entran só polas pifias dos usuarios, senón que parten de vulnerabilidade do sistema. Vaia, que se miramos a fondo, o software libre tamén está petado de fallos de seguridade (e incluso son máis doados de atopar ao ter dispoñible o seu código). De feito, Windows Vista xa ten unha estrutura moito máis segura que Windows XP, e segue a ter problemas de seguridade. Logo tamén temos o feito de que o Mac OS X ten unha estrutura moi simellante a Linux (está baseado en BSD) e tamén ten problemas de seguridade. Vaia, que hai troianos para todos… e dos vermes xa nin falemos.
Non existen os sistemas 100% seguros, pero está claro que o menos seguro será sempre o máis utilizado.
4. Juanjocelta escrito o 31 de Outubro de 2009 ás 18:34
Moitas gracias marcus
5. lauren escrito o 1 de Novembro de 2009 ás 9:36
Boas, noraboa.
Xa que nestos temas ando algo desfasao, vou aprobeitar para meter un off topic…( a medias pq ten que ver co software)
Teño un netbook o Asus 901,ten medio giga de ram, posiblemente o amplie.Tira decentemente co Ubuntu.¿Que SO me recomendades?Porque paso de andar probando cal tira mellor, o non ter unidade lectora, é algo coñazo.
Saúdos.
6. Marcus escrito o 1 de Novembro de 2009 ás 13:03
Lauren,tanto Linux coma Windows XP serán ideais para ese equipo. Sobre a mellor distro de Linux para un ultraportátil, temo que é cuestión de gustos (por exemplo, eu sempre preferín as contornas KDE as Gnome).
7. gaioso escrito o 3 de Novembro de 2009 ás 16:59
Lauren, podes probar algunha distribución que xa está preparada para estes equipos, tal como Easy Peasy, ou ben a Netbook Remix de Ubuntu. Soen ter unha lista de equipos nos que se probou con éxito para que non haia problemas cos drivers. Eu as utilicei nun Asus E1000H e van de marabilla. Un saúdo.