Venres, 25 de Setembro de 2009

¿Qué ordenador mercar? ¿Portátil ou sobremesa?

Hoxe en Bos Días falamos da difícil elección á hora de mercar un ordenador. A xente tende a deixarse levar por modas ou a estética, e esquece as súas necesidades reais. Para min, o ideal é ter un bo ordenador de sobremesa (ampliable e doado de arranxar) e complementalo cun ultraportátil para poder levalo a todas partes, xa que os portátiles ordinarios son cada vez menos portátiles (cargar cun equipo con pantalla de 17 polgadas é moi incómodo). De todos os xeitos tampouco faltan os usuarios que apostan por equipos todo-en-un, que ocupan pouco no escritorio e incluso son doados de transportar.

Continuamos coa inauguración do consultorio tecnolóxico, co que quedei moi sorprendido, pois a primeira pregunta foi moi técnica, e a segunda demasiado difícil de concretar en pouco tempo (son moitos os elementos a ter en conta á hora de elixir entre Mac ou PC):

O que tampouco podo evitar comentar é que ao volver de Santiago a Coruña aconteceume algo curioso na peaxe da autopista: o home que atendía a caseta quedou petrificado despois de que pagase, e finalmente preguntoume se era o que falara de informática no Bos Días. ¡Menuda risa botei! É a primeira vez que un descoñecido coméntame que me viu na tele.

17 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 26 de Setembro de 2009 ás 12:45

sempre portátil. Sen dúbida

O portatil vale para case todo en case todas partes. O prezo actual dos portátiles están cada vez mellor polo que as ventaxas do sobre mesa son historia
Doutra banda a xente nova non ten moito sitio na mesa, ou teñen que cambiar de lugar -> portatil

a gravatar

2. Marcus escrito o 26 de Setembro de 2009 ás 13:00

Os portátiles son moi malos para xogar, para editar vídeo, para retocar fotografías e para amosar moita información en pantalla. Tamén teñen moi limitadas as súas capacidades de ampliación. Eu usei moito tempo un portátil coma equipo principal, e volvín ao sobremesa. Aínda que sexa só polo rendemento dos discos duros xa paga a pena.
Iso si, para ver páxinas web e escribir no Word tanto portátiles coma ultraportátiles están de máis. Todo depende do uso que deamos aos equipos.

a gravatar

3. El_podcastero_enmascarado escrito o 26 de Setembro de 2009 ás 19:56

A xente cando pensa nun ordenador pensa en portátil. E como eso non vai cambiar os sobremesa, está en vias de extinción.

Pero MAC joder, MAAAAAAAC burra grande ande ou non ande, ante la duda la mas tetuda, e non burra barata ainda que non ande e so sirba para atraer moscas, eso si con rabo espantamoscas gratis por 30 dias.

a gravatar

4. Sekis escrito o 26 de Setembro de 2009 ás 20:57

Como todo, depende. Eu no meu traballo, e pola sua natureza, prefiro sobremesa (a pesar de ser o único na empresa que o utiliza). Os motivos, os mesmos que expón Marcus. Sen embargo, para casa, un bo portátil de 17″. A pantalla ten un tamaño digno, o teclado ten a mesma distribución co teclado dun sobremesa, e un único cable de para alimentación. Tanto a edición de video coma xogos extremos son usos particulares que non representan a maioría da xente.

a gravatar

5. Marcus escrito o 26 de Setembro de 2009 ás 22:47

Coido que os novos todo-en-un poderían cambiar un pouco o panorama actual (non digo que os portátiles sexan o máis habitual, senón que sosteño que non son o máis axeitado). No fogar, un equipo coma un iMac sería ideal (especialmente coa pantalla de 24 polgadas) pero son bastante caros, pero agora están a chegar moitos dispositivos semellantes de Dell, MSI, Lenovo e outros fabricantes, que parten dos 400-600 euros, polo que algúns poderían ter en conta tal opción.
Tamén hai que ter en conta que o número de integrantes dun fogar pode influír moito na elección de ordenador, pois os portátiles son moi persoais, mentres que os sobremesa son máis un ordenador para toda a familia.
Se miramos nas oficinas, se exceptuamos os despachos, o normal son ordenadores de sobremesa por moitos motivos. Non esquezamos que o soporte técnico dun sobremesa está tirado, e podes substituír os elementos avariados dun día para outro, mentres que cun portátil rara é a vez que non hai que mandalo ao servizo técnico, quedando sen equipo, aínda que ese argumento non é para elixir entre sobremesa ou portátil, senón para deixar claro que é moi recomendable ter sempre un ordenador de reserva, polo que poida pasar.

a gravatar

6. josiño escrito o 26 de Setembro de 2009 ás 23:47

É un tema moi complexo,o da elección entre portátil e sobremesa.Eu teño os dous,e teño que dicir que calquera deles cubren as miñas necesidades,xa que tanto nun coma noutro fago edición de video,entre outros.O que os diferencia,na miña opinión,é o feito de que os portátiles son máis perecedeiros ,xa que a un sobremesa sempre se lle pode substituír algún compoñente e ir actualizanzoo.O que pasa cos portátiles , é que ,salvo nos casos nos que se lles dá unha certa movilidade , hai que usar algúns perifericos que melloran o seu uso(ratos,teclado numérico,…)…Está claro que depende dos gustos de cada un.

a gravatar

7. lauren escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 2:06

Humildemente non podría dicir as veces que algún coñecido me chamou para facerme esa pregunta.¿fixo ou portatil?…
e ben…eu digo: ¿Ti pregúntaste se mercar un teléfono mobil ou un teléfono fixo para a casa?¿Ou mercar unha bici ou unha “ciclostatic”?¿Unha tv para o salón de 40 polgadas ou unha tv portatil para poñer nas taquillas das atraccións do San Froilán?¿Quizais un sofá para o salón ou unha cadeira para levar a praia?¿Vitroceramica ou camping gas?..etc.etc…
Pois no caso dos pcs é o mesmo, cada un é para o que é, e a Gaita pa o gaiteiro.
Graciñas, e perdoade o meu galego, que cada día escribo peor.

a gravatar

8. Sekis escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 10:54

Está claro que é un tema para estar falando ata o infinito. Eu penso que a gama de portátiles evolucionou tanto que xa non é tan clara a distinción: fixo = sobremesa, movilidade = portátil. Hay unha ampla oferta de portátiles de 17″ e 19″, que obviamente non están pensados para andar dun lado a outro con eles. Ademais éstes teñen una grandísima vantaxe: se se vai a luz, ¿quen credes que se acordará da nai de Fenosa? ¿o dono dun sobremesa ou o dono dun portátil?.

Un producto que si me parece interesante son, coma di Marcus os todo-en-un, pero con coidado. A maioría destes productos son en realidade portátiles cunha pantaia mais grande e un teclado e rato independente. Polo que a sua ampliación e tan complexa coma estes.

De calquer xeito, sempre que alguén me comenta a problemantica da “amplicación” sempre lle digo o mesmo: cando o ordenador se te quede vello, cámbiao. O final, as ampliacións redúcense a máis memoria ou máis disco. E estes compoñentes se poden ampliar -con certos límites- nos sobremesa e nos portátiles.

a gravatar

9. Sekis escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 10:56

E outra cousiña: ti facendo alarde das “novas” tecnoloxías, e segues pagando a peaxe con cartos “reais”. Na casa do herreiro….

a gravatar

10. Nemigo escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 12:22

se estás a falar de xente nova a elección é portátil

A nivel profesional claro que tes que elexir sobre mesa… e portátil. Se é pra xogar: mellor unha consola

Claro que unha pantalla grande é mellor para case calquera aplicación pero postos a iso… conecta o ordenador á tv!

a gravatar

11. Marcus escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 13:06

#8 Sekis, tes razón en que os todo-en-un teñen certo perigo, pero habitualmente tamén permiten pantallas de maior tamaño, polo que para certos casos son ideais.
Sobre capacidades de ampliación, coido que unha das cousas para as que molan os sobremesa é para a ampliación de disco duro, pois podes meter sen problema 3 discos duros de 1,5 Tb e así crear un centro de piratería mundial ;) algo que nun portátil sería bastante incómodo, por ter que ter distintas caixas sobre a mesa e adaptadores de corrente a mazo.
#9 Na peaxe pago con cartos reais porque preciso do recibo da autopista.
#10 Sobre o dos xogos, está claro que o máis cómodo é a consola, pero para certo tipo de xogadores o PC é insustituible. Por exemplo, para os MMO as consolas van moi por detrás, os xogos de estraxia apenas existen e os FPS, por moito que digan, teñen uns gráficos e un sistema de control inferior. Vaia, que os seareiros do Crysis, o StarCraft ou o WoW aínda non teñen alternativas consoleiras.

a gravatar

12. lauren escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 15:13

jejej…moi boa a observacion da peaxe¡¡jajaja
eu reitero que non entendo a gran cuestión, de feito penso que é unha dúbida creada polo “medo” que xenera en moita xente as novas tecnoloxías e os pcs,que pensan que todo ten que ser moi complexo e necesitas un experto o teu lado ata para mercar un cd.Razoando a hora de elixir portátil ou sobremesa:
–A primeira pregunta que te tes que facer é moi sinxela ¿Queres realmente o equipo para estar nun sitio fixo, ou vas estar con el en distintos lugares?PUNTO.
–Despois, unha vez que tes iso claro, pódeste facer mil preguntas; o prezo, a marca, o modelo, o tipo, etc… pero xa terás elixido ca primeira resposta a gran dubida.
De pouco vale mercar a mellor moto do mundo,o mellor prezo, se o que necesitas é un coche (aínda que sexa malo) para levar os dous fillos a escola.
–Persoalmente creo que moita xente errou mercando un portátil para telo sempre na casa, comezando por min.
–Eu Marcus si que teño outra dúbida do estilo, que se podo enviareicha a tv por sms, mercar PC clónico ou de marca ¿?

a gravatar

13. Marcus escrito o 27 de Setembro de 2009 ás 20:43

O de mercar un clónico ou un equipo de marca é unha boa pregunta, e a resposta ten que ser dinámica pois depende moito de ofertas puntuais. Se sabemos exactamente o que precisamos nun ordenador, e queremos telo a medida o que temos que facer e mirar a canto nos sae clónico e se hai algún de marca que ofrece algo semellante ao que buscamos. As diferenzas de prezo poden ser moi cativas, e o bo de mercar un equipo de marca normalmente é que inclúe unha licenza do sistema operativo (unha cousa menos da que preocuparse). Todo dependerá dos casos, pero eu admito estar moi desencantado cos clónicos, polo pouco aforro económico que supoñen en moitas ocasións (tendo en conta que o usuario carga con todo o traballo, o prezo debería ser máis axustado).
O argumento que si que está totalmente obsoleto é o de que os equipos de marca son de maior calidade, xa que habitualmente é todo o contrario: se fas o equipo a medida podes elixir moi ben os compoñentes, e se non buscas só un bo prezo, podes rematar tendo unha fonte de alimentación fiable (algo que normalmente ignoramos), unha boa tarxeta gráfica e unha torre de doado acceso para as actualizacións de hardware.
Supoño que aínda que non mandes a consulta ao Bos Días, haberá alguén que a faga en calquera momento, pois é unha dúbida tan habitual como a de sobremesa ou portátil.

a gravatar

14. lauren escrito o 2 de Outubro de 2009 ás 0:20

Aprobeito para facerche unha consulta off topic que me cansei de mirar en foros etc…
Teño uns arquivos que supostante son de video (sacados de unha camara de vixiancia), coa extension .upg , e non hai forma posible de abrilos, nin coller informacion para intentar facer algo con eles.A fonte non me pode dar outros…non sei, creo que non podo exprimir mais o amigo google, ¿sonache de algo o tema? Grazas.

a gravatar

15. Marcus escrito o 2 de Outubro de 2009 ás 1:27

Nun principio UPG non é un formato de vídeo estándar, polo que supoño que en realidade trátase dun ficheiro propietario que almacena imaxes soltas, pero sen meterlle man aos ficheiros é difícil dicir nada (igual levas unha sorpresa e agochan un formato estándar coa extensión cambiada).

a gravatar

16. E. A. escrito o 5 de Outubro de 2009 ás 1:10

No solo el senor de la autopista …en Irlanda tambien te reconocimos.

Celebramos tu merecido exito televisivo .

Enhorabuena!!

a gravatar

17. Marcus escrito o 5 de Outubro de 2009 ás 10:48

Jajaja, gracias, Edilberto.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios