Unha oportunidade perdida esta noite en Cuatro

Ás 22:15 horas Cuatro emitirá a película Scary Movie á que seguirá ás 00:15 horas Planet Terror, o que considero que é unha mágoa, pois esta última película forma parte de Grindhouse, proxecto conxunto de Robert Rodríguez e Quentin Tarantino, no que pretendían replicar a fórmula da sesión dobre nos cines de barrio. Se a xente de Cuatro fose valente, botaría as dúas películas seguidas, incluíndo os falsos trailers que as acompañaban a xeito de coña, pois sospeito que a semana que vén emitirán á mesma hora Death Proof (a achega de Tarantino).

Sospeito que a xente de Cuatro non programou as dúas películas consecutivas por seren non recomendadas para menores de idade, aínda que xa que teñen os dereitos de emisión poderían aproveitar algún período festivo (Nadal, Semana Santa, verán…) para botar integramente Grindhouse, pois sería un puntazo que puideran replicar en televisión algo que en España non puidemos ver no cine.

Por certo, ¿de qué me soa o home armado á dereita da foto? ![]()




12 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 23 de Setembro de 2009 ás 13:56
o da dereita da foto non é o terrorista raiado de mentiras arriscadas?
2. Marcus escrito o 23 de Setembro de 2009 ás 14:05
O de Mentiras Arriscadas era Art Malik. O da imaxe é Naveen Andrews, máis coñecido polo seu papel coma Sayid en Perdidos (Lost).
3. Galiciandreamer escrito o 23 de Setembro de 2009 ás 17:19
Os dous homes son coñecidos: un é Sayid e o outro é Federico de 6 Feet Under!
4. Marcus escrito o 23 de Setembro de 2009 ás 18:59
Rico non é precisamente un personaxe moi coñecido, aínda que cómpre precisar que Freddy Rodríguez non é fillo de Robert Rodríguez.
Agora que o dis, os 4 intérpretes son moi televisivos, pois Rose McGowan saía en Embrujadas e Marley Shelton é a coprotagonista de La Hora 11.
5. Mnemonick escrito o 24 de Setembro de 2009 ás 12:46
¿Podese crer que non me gustou NADA o filme? :-S
6. Marcus escrito o 24 de Setembro de 2009 ás 13:37
A min ese tipo de películas faime a súa graza, aínda que iso de ver películas gastadas, con rolos perdidos e fragmentos queimados coido que o público actual non o pilla.
O mellor do filme sen dúbida é o trailer de Machete
7. chimpin escrito o 25 de Setembro de 2009 ás 0:51
Marcus, sabes se algún dos DVD comerciais dalgum dos dous filmes incluiu os trilers?
Curiosidade por se o sabes, nom fai falta que busques
8. Marcus escrito o 25 de Setembro de 2009 ás 1:48
Chimpín, pois si que estou ao día sobre o tema, porque levo tempo buscando unha edición decente de Grindhouse e non dou con ela.
Coma con Kill Bill, en España seguimos sen ter unhas edicións completas. Unha mágoa, pois ao sacar versión reducidas están a perder vendas de xente coma min que prefire agardar a mercar a boa.
9. Bodegas escrito o 25 de Setembro de 2009 ás 10:37
A verdade é que si que parece un collage de actores de series
10. skaltum escrito o 25 de Setembro de 2009 ás 15:12
Pois a min foi un filme que me gustou bastante. Estas cintas de serie B sempre son do máis entretidas, ben sexa pola enorme esaxerción dos efectos ( principal mención ao sangue, sobre todo no momento no que atropelaban aos zombies co camión e estes estoupaban literalmente ), ou pola ambientación retro-tétrica.
Aínda que ten outro punto ao seu favor, os ZOMBIES!!!!!.
11. Lu escrito o 25 de Setembro de 2009 ás 15:52
said!!! ou mirei mal na web de eldoblaje.com ou o tío que o dobra ó castelán co seu característico acento árabe e o mesmo que dobra a bender de futurama
quedei case tan impresionada como cando me enterei de que a mesma persoa dobraba a kyle xy e a chris griffin!!
12. moinante escrito o 25 de Setembro de 2009 ás 18:36
Eu aíndan non tiven ocasión de vela, pero a verdade é que me chamaba. Noutra ocasión.