Venres, 4 de Setembro de 2009

Máis parodias pornográficas de series de televisión

parodias porno
Estou bastante mosca, porque tras facer unha parodia porno de Friends, a mesma xente atrévese con The Office XXX e tamén con Rockefeller Plaza (30 Rock na súa versión orixinal), cun título tan orixinal coma 30 Rock A XXX Parody:

Pero a cousa non remata aí, e incluso están a converter este tipo de películas X nun xénero que definen coma sitcums, e que deturpa clásicos como La Hora de Bill Cosby, Apartamento para tres, Embrujada e La Tribu de los Brady. A cousa non sería moi chunga se non fose porque atrevéronse a mancillar a miña prezada Matrimonio con hijos (aproveitade que aínda está en aberto SETenVEO para lembrar a serie) co seu Not Married With Children XXX:

A mesma xente xa está a preparar Not Monday Night Football XXX e confirman non ter cancelas, pois nestes días tamén estarían a producir unha versión pornográfica de Radio Cincinnati, aquela mítica serie que emitían na TVG nos tempos de Magnum e A Muller Biónica, e que destacaba pola súa excelente sintonía:

Segundo parece, a serie estaría maldita, xa que ao contar con tanta música nos seus episodios, lanzala en DVD sería carísimo (hai que pagar os dereitos de reprodución dos temas). Deberían revisar a regulación do copyright para que non pasasen ese tipo de cousas, pois resulta bastante molesto que cando mercamos unha serie en DVD a música non coincida coa que botaban en televisión… e aínda é peor que non poidan comercializar a serie por culpa da música (que nun caso coma o de Radio Cincinnati non pode substituírse por outra alegremente).

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 4 de Setembro de 2009 ás 22:46

o mellor segue a ser a versión porno de verano azul

a gravatar

2. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2009 ás 23:17

¡Ostras! ¡Non sabía nin que existía! Supoño que a película en cuestión é Verano Afull de Torbe, que polo que puiden ver, é unha auténtica ful de Estambul. É doado meterse con Verano Azul, Médico de Familia ou Farmacia de Guardia, pero ¡que teñan valor e fagan unha versión porno de Cuéntame! ¡Coa luz apagada! :P

a gravatar

3. Nemigo escrito o 5 de Setembro de 2009 ás 0:51

postos a falar de porno con morbo… un país en la mochila. Unha versión así de labordeta sería moito

a gravatar

4. Marcus escrito o 5 de Setembro de 2009 ás 12:26

¿Un condón en la mochila? :D :D :D

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios