Leave Michael Jackson alone!!

Comezo a estar fartiño do que están a facer con Michael Jackson, pois están a vendelo dun xeito abusivo. ¿Non poderían agardar ao seu cabodano ou ao aniversario de Thriller para volver a pasar por caixa?
Agora andan a voltas coa película This Is It:
De todos os xeitos, estrear no cine unha película-documental sobre Michael Jackson paréceme case suicida. ¿De verdade agardan que a xente pague por ver iso? De botalo na televisión terían audiencia asegurada, pero pagar coma se fose un concerto… dubido que cole.
Supostamente o 28 de outubro tamén vai estrearse a película en España, pero apostaría a que chegar con pouquiñas copias, aínda que igual sorpréndenme e funciona, xa que comentan que Jackson está a ter un grande éxito entre o público infantil que comezou a coñecelo a partires do seu pasamento ![]()






1 comentarios realizados
1. Bodegas escrito o 18 de Setembro de 2009 ás 8:54
Pois eu creo que todo o que cheire a Jackson terá éxito. Incluso unha mala idea coma ofrecer concertos grabados en cine. Neste caso, non só porque o concerto sexa e Michael Jackson senón polo morbo de saber como foi unha das súas últimas actuacións.
Por certo, a campaña de “Que volva o Xabarín!” que anuncias un banner arriba, está finalizada, non?