A radio de Federico, un exemplo a seguir

Esta mañá, ou como din eles «el 7 a las 7», botou a andar esRadio, unha emisora de radio que emite na Comunidade de Madrid cunha licenza de seu (quedando a Cope fóra das adxudicacións no concurso público pertinente) e que pode escoitarse no resto de España de diversos motivos, o que fai que a considere unha iniciativa exemplar.
Se deixamos a súa temática e ideoloxía política a un lado temos no día do seu nacemento esRadio xa ten moitas das prestacións que quixeran para si radios con décadas de vida. Así, mentres completan a súa cobertura a través das emisións en FM, pode sintonizarse tanto a través da TDT (si, a TDT ten radio e, de feito, é o mellor xeito de recepción na actualidade de bastantes canles como a Radio Galega, Cadena SER, Onda Cero ou Radio Nacional) como da Internet, sendo especialmente importante a súa plataforma virtual, que combina emisións en directo con streaming baseado en tecnoloxía de Microsoft (Windows Media Audio 9.1 a 40 Kbps, 32 kHz e estéreo) con descargas en MP3 (incluíndo podcasts de cada programa) e incluso teñen unha aplicación para poder escoitar a emisora dende o iPhone (están pendentes da súa aprobación para aparecer na App Store de Apple).
A nova emisora tamén pon doada a participación do público, o que resultará crucial para consolidar audiencia. En definitiva, que están a construír unha plataforma radiofónica que apenas ten igual en España, o que debería facer que os responsables das distintas emisoras botasen un ollo ao que teñen na casa, e decidisen evolucionar dunha vez, pois unha cousa é ter menos funcionalidades na Internet que a SER, e outra quedar moi por detrás da radio de Federico Jiménez Losantos, ¿verdade?




5 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 8 de Setembro de 2009 ás 0:23
o que acontece cos medios de comunicación non ten moito senso. Pídese permiso pra poñer a funcionar un xornal ou unha revista? Non! Pois igual debería ser ca tv e a radio
O elemento losantos é un caso dos máis raros, raros, raros… un home que foi durante moito tempo un segundón entre os segundóns. Alguén (opus dei?) está a empuxar dende atrás (nunca mellor dito)
Inexplicable que nun país onde teñas cartos e propiedades con boas ideas non dan un can os bancos pero iste home…
2. Marcus escrito o 8 de Setembro de 2009 ás 1:03
O das concesións administrativas para poder ocupar o espectro radioeléctrico é unha carallada da que xa teño comentado algunha cousiña, pero a longo prazo non é sostible, como demostran algunhas canles de radio e televisión, que optando por plataformas de cable, satélite e Internet, así como con acordos con operadores que non son quen de rendibilizar as súas canles actuais (como acontece coa TDT). Un claro exemplo en España e Intereconomía, que actualmente é unha das canles máis fortes na TDT no prime time pese a que no seu día quedou fóra do sistema de concesións.
Poderiamos entender que a práctica está a demostrar o erro que supón deixar o reparto de concesións aos gobernos e non ao mercado.
3. Sak escrito o 14 de Setembro de 2009 ás 3:27
Paréceme un pouco esaxerada a túa visión de esRadio no tocante á web: na participación non inventan nada (enquisa + SMS + blog), en canto á distribución de contigo tampouco (streaming + podcast mp3); so queda a cuestión do iphone que está ben pero tampouco é para tanto.Non vexo moita diferencia en características con rtve.
O web en si está ben, mais coma calquera outra do sector; é mais, a da Cadena ser pretende ser un medio en si, cousa á que es-radio non pretende chegar porque xa está LD.
Está claro que a aposta é forte, que o están facendo ben e que a estratexia é moi adecuada; pero de ahí á vangarda en radio, penso que falta moito.
Unha dúbida, supoño que para emitir en TDT haberá que ter licenza, cando se conseguiu?
4. Sak escrito o 14 de Setembro de 2009 ás 3:30
Dous exemplos de pequenas radios ben interesantes e moito máis minoritarias:
http://www.radiofusion.eu/
http://www.radiozero.pt/
Non están tan lonxe
Apertas!
5. Marcus escrito o 14 de Setembro de 2009 ás 15:14
Sak, coido que malinterpretaches os meus comentarios: non digo que esRadio sexa mellor que o resto de radios, o que comento é que con só arrincar xa ten un produto redondo no que atacan por todas as frontes: radio, televisión, web, podcasts, directo por Internet, dispositivos móbiles… ou sexa, que en 7 semanas (disque é o tempo que tiveron para arrincar o negocio) montaron unha infraestrutura que aínda non teñen moitas emisoras moito máis grandes.
Sen ir máis lonxe, en Galicia nin a Radio Galega nin RadioVoz teñen podcasts oficiais, aínda que supoño que en calquera momento caerán da burra (RadioVoz fixo un amago).
E sobre as licenzas, para a TDT non hai que ter nada diso, pois o espazo para interactivos e radio das canles de TDT libre para os adxudicatarios actuais de programas na TDT. O mesmo pódese aplicar ao satélite e ao cable.
Actualmente a través da TDT pódense pillar moitas emisoras (todas as da Galega, sen ir máis lonxe), e algunhas tamén están en R en aberto(eu a Radio Galega sintonízoa no PC a través do cable).
Precisamente estes movementos están deixando en evidencia que o modelo de licenzas está obsoleto, existindo moitos outras plataformas fóra do control estatal para chegar ao público.