Venres, 18 de Setembro de 2009

Bos Días á TDT de pago

Esta mañá participei en directo no programa Bos Días da TVG, colaboración que nun principio ten vocación de semanal, e que comezou co asunto ese da TDT de pago:

A ver cómo vai quedando a sección. Espero non aburrir moito á audiencia habitual do programa.
Polo momento o único que podo comentar é que o equipo do programa acolleume moi ben, o que é de agradecer, aínda que continúo a flipar co feito de que sexan quen de facer un programa diario de 6 horas.

13 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 18 de Setembro de 2009 ás 19:25

sería interesante que falando de TDT lle preguntasen tamén a alguén de televes e de blusens. Que pensan do negocio da TDT e como plantexan o negocio as empresas

a gravatar

2. josiño escrito o 18 de Setembro de 2009 ás 19:32

Primeiro de todo,parabéns pola participación no programa.É agradable ver unha cara coñecida e que ademáis se fale con algo de propiedade xa que ás veces poñen a cada un que nin sabe o que dí.

En referencia á TDT de pago,o que me parece é que están mareando á xente con tanta historia.E dígocho eu que o vexo tódolos días.

a gravatar

3. Marcus escrito o 18 de Setembro de 2009 ás 20:19

Nemigo, xente de Televés e de Blusens vai saír non seguintes días en todos os medios galegos, por fabricar dispositivos para a TDT Premium. Dao por seguro.

Josiño, graciñas por la parte que me toca. Supoño que o grande problema da TDT de pago é que non hai nada nas tendas (e vai tardar en normalizarse a cousa) mentres que en certos medios non paran de prometer cousas que non cumples (en agosto anunciaban que faltaban días para que os receptores chegasen ao mercado). Tomar o pelo así aos consumidores non está ben (como cando dicían que coa TDT Premium os partidos venderíanse a 1 euro).
Iso si, nun par de meses só preocupará a TDT de pago aos seus clientes (que non creo que sexan moitos).

a gravatar

4. Nemigo escrito o 18 de Setembro de 2009 ás 22:12

certo que a TDT de pago pode quedar pra o de sempre: bares e catro que están no fútbol todo o día. Pero pola parte tecnolóxica que toca non se fan así as cousas. Certo que os que estean metidos no allo dirán que os contidos serán os que decidirán o que se vende. Pero ofertar uns cantos canles xerais a bo prezo sería un puntazo

Ao precio que están os descos non ten moito senso toda ista polémica “tecnolóxico”

a gravatar

5. Marcus escrito o 18 de Setembro de 2009 ás 23:59

Sobre os prezos dos descodificadores, parécenme un sablazo impresionante. Cando podemos pillar un receptor de TDT con gravación a través de USB por 39 euros, vender un dispositivo de Engel para a TDT de pago por 95 euros que non ten nin saída HDMI é un insulto aos consumidores.
Curiosamente algúns fabricantes xa están a avisar de que lanzan un receptor en outubro (en plan urxente) pero que para o Nadal xa terán algún outro con soporte de alta definición, MHP e cousas polo estilo. Ese tipo de moventos xeran desconfianza, e despois volveremos a ter problemas en 2010/2011 coa alta definición, cun regulamento discutido á vez que o da TDT de pago, pero que agora non se menciona, polo que a algunhas persoas vailles fastidiar moito que o touro os pille dúas veces seguidas :(

a gravatar

6. Xurxo escrito o 19 de Setembro de 2009 ás 3:18

Muxo brother !!!! Aghora colaborador da TVG… O novo Manel Pampín de Millí !!!
Ño !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Como din ao medio dia na TVG:
Ben Falado!
;)

a gravatar

7. David escrito o 19 de Setembro de 2009 ás 10:44

Enhorabuena!!!

Y ya sabes, a partir de ahora, a colgar tus colaboraciones en el blog.

a gravatar

8. Marcus escrito o 19 de Setembro de 2009 ás 10:47

David, igual hasta las cuelgo en un podcast de vídeo, para ser más cool ;)

a gravatar

9. skaltum escrito o 19 de Setembro de 2009 ás 18:49

Estou esperando polo programa que lle toque como tema principal aos videoxogos, tema a debate sen dúbida, que se son mal exemplo para os rapaces, que se non… espero que se leve a cabo e que expoñas o teu raciocinio ante todos.
Por certo, moi boa colaboración afrontándose a un tema que tanto está a dar que falar.
Saúdos.

a gravatar

10. Diego escrito o 19 de Setembro de 2009 ás 20:04

Coñezo a un que sae na tele, xa podo ir a Sálvame!!!!!!

a gravatar

11. Marcus escrito o 19 de Setembro de 2009 ás 23:22

Skaltum, sospeito que antes do Nadal teremos que falar algo do fenómeno dos party games, pois son un produto moi popular nesas datas.

Diego, temo que en vez de Sálvame tocaríache ir a Acompáñenos, pero por fortuna para min quitaron o programa de Piñeiro ;)

a gravatar

12. Nemigo escrito o 22 de Setembro de 2009 ás 0:33

@Diego
Non vale, eso só o poden dicir as mulleres ;-)

a gravatar

13. Sak escrito o 22 de Setembro de 2009 ás 0:42

Parabéns Marcus! Pola aventura televisiva e por levar algo de luz a un medio no que a tecnoloxía rara vez é explicada con xeito.

E que dure!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios