¿Cómo é Twitter realmente?
O humorista gráfico Ferrán Martín vén de capturar nunha imaxe a realidade de Twitter, para que o entenda calquera que non saiba de qué vai iso do microblogging:

Coido que isto está inspirado nun innecesario informe de Peer Analytics que sostén que o 40,55% do que se publica en Twitter é leria inútil, só o 8,7% do publicado ten certo valor e só o 3,6% son novas… ¿unha sorpresa? Supoño que esta información pretende simplemente pór os puntos sobre os íes, pois Twitter non foi concibido coma unha plataforma de publicación de novas que compita con blogs e xornais, aínda que teña certa utilidade para seguir eventos de máxima actualidade.
Twitter é para o que é: compartir comentarios breves e efímeros. Pero como moitas plataformas de publicación, o soporte non marca o contido. Moitos son felices utilizando Twitter para contribuír á rexouba, outros contan o que están a facer a cada momento, algúns para comentar o que atopan pola web (e compartilo cos amigos) e incluso hai quen só quere facer autobombo. Todo iso non é nin bo nin malo, simplemente é.






2 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 27 de Agosto de 2009 ás 23:04
e?
Existe algún problema por iso? Acaso pensa alguén que a prensa “rosa” é máis importante?
A xente vaille isa leira intranscente. Está farta de ollar unha pantalla morta que só amosa spam
2. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2009 ás 23:46
Precisamente é o que digo: hai xente que usa Twitter coma pasatempo, e outros coma fonte de información. Hai para todos os gustos, e non habería que darlle moita importancia ao asunto. O mesmiño que pasa cos blogs (onde tamén hai de todo).
O que é ridículo é perder o tempo analizando a calidade da comunicación entre persoas en Twitter, pois é coma facelo nas conversas dunha cafetería: uns falan de negocios, e outros de se vai chover ou non.