Luns, 24 de Agosto de 2009

The X Factor xa ten unha nova estrela

Con só comezar no Reino Unido o concurso televisivo The X Factor, xa presentan a Danyl Johnson, un profesor de 27 anos que canta caralludamente e incluso é divertido no escenario:

Sobra dicir que a comparación do Factor X español é ridícula.

ACTUALIZACIÓN (25-8-2009): Tiven tempo de ver algunha actuación máis, e recoméndovos escoitar a Stacey (excelente voz), a Joseph (futura portada da Superpop) e a Duane (logrou manterlle o pulso a Simon) pero outras intepretacións como Triple Trouble, as The Dreamgirls ou Sister Act dan arrepíos, mentres que Kyle é unha risa (non ten futuro coma cantante, pero foi do máis divertido da gala).

5 comentarios realizados

a gravatar

1. “Factor X xa ten unha nova estrela” | Blog del Barrio de Los Rosales de A / La Coruña escrito o 25 de Agosto de 2009 ás 9:03

[...] Fonte: marcus.es [...]

a gravatar

2. Xotengo escrito o 25 de Agosto de 2009 ás 9:03

Grazas Marcus. Co teu permiso, veño de copiar e pegar o teu artigo no meu blog. Unha fonda corrente de aire limpo a que nos deches hoxe. Grazas.

a gravatar

3. Marcus escrito o 25 de Agosto de 2009 ás 10:14

Alédame que gustes do vídeo. É unha mágoa que cando fan concursos deste tipo en España non consigan descubrir cantantes, ventrílocuos, balaríns e humoristas como acontece no estranxeito, e teñamos que roer a unha recua de aspirantes a triunfitos.
A ver se nas seguintes edicións Danyl segue a sorprender, ou amosa máis do mesmo.

a gravatar

4. El_podcastero_enmascarado escrito o 25 de Agosto de 2009 ás 18:26

o link de kyle esta errado

a gravatar

5. Marcus escrito o 25 de Agosto de 2009 ás 18:42

Grazas por avisar. Acabo de corrixilo.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios