Venres, 21 de Agosto de 2009

O PP de Melide: ¿a pedras co BNG?

Hoxe sae na edición dixital de La Voz de Galicia unha nova na que o PP de Melide denuncia que o BNG prometeu en 2008 unha galescola para a vila que aínda está sen presupostar, e a fotografía que a acompaña fíxome botar unhas risas:
tirapedras en La Voz
Dan a entender que os populares andan a pedras cos nacionalistas ;)

Iso lémbrama que a Festa de Xogos Tradicionais da Terra de Melide tivo unha impresionante cobertura mediática, e tanto o trompo minúsculo coma o Campionato de Tirapedras sairon en boa parte da prensa galega, aínda que a cobertura máis curiosa foi a que fixo Nacho Mirás para o moblog de verán de La Voz, no que se puideron ver clips coma o seguinte:

Non sería unha vista moi espectacular do evento, pero si realista (publicar vídeo directamente dende o móbil non dá para máis).

ACTUALIZACIÓN: Na páxina web do Concello contestan á denuncia do PP, aínda que sexa cun cruce de acusacións.

11 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 21 de Agosto de 2009 ás 13:16

pero como vai pedir o PP unha galescola cando feijoo as suprimiu?

a gravatar

2. Marcus escrito o 21 de Agosto de 2009 ás 15:23

O que denuncia o PP é que a galescola tiña que entrar en funcionamento para o mes que vén, e o BNG deixou a Xunta sen orzamentar a súa construción. Ou sexa, que os prazos prometidos eran un conto (o que non é ningunha sorprensa na obra pública). Se tivesen cumprido co prometido, o que estaba planificado coma galescola si entraría en funcionamento o vindeiro curso (pero con outro nome).
Supoño que a parcela cedida polo Concello a Vicepresidencia recuperará a titularidade municipal, pero con tantas voltas supoño que o único que farán será demorar o asunto.

a gravatar

3. os teus ollos escrito o 21 de Agosto de 2009 ás 15:40

Marcus,na web do Concello solicitan axilizar os trámites,posto que a licenza xa foi concedida polo concello o 17 de abril.Non coñezo os trámites pertinentes,pero unha licenza sen presuposto é raro,non?.Por certo,na prensa comentaron fai un tempo que licenzas para apertura de novos proxectos están sen conceder,tardan moito,ata un tivo que devolver a subvención ou algo así.Vaia,ata que o PP o sacou en prensa,o Bng non dixo nin “pio”.

a gravatar

4. Marcus escrito o 21 de Agosto de 2009 ás 17:46

Si, resulta un tanto curioso o asunto, especialmente por realizarse a aprobación dos trámites municipais despois dun cambio de Goberno na Xunta de Galicia (cando non estaban claras as competencias futuras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar).
Dá a impresión de que na propia nota na web do Concello botan parte da culpa ao Goberno autonómico anterior (aínda que non o din claramente). Basta con ver que a galescola anunciouse en marzo de 2008 e a licenza municipal non tramitouse ata abril de 2009 (co que supoño que ter unha galescola lista para setembro sería imposible), cando prometeran a construción da instalación en 2008.
De todos os xeitos, botar as culpas aos que marcharon non arranxa o problema, e deberían centrar os esforzos en atender a unha demanda social existente na actualidade.

a gravatar

5. os teus ollos escrito o 22 de Agosto de 2009 ás 13:46

Hoxe chaman á alcaldesa na Voz Socorro García.

a gravatar

6. Marcus escrito o 22 de Agosto de 2009 ás 18:05

Vaites, aínda que no mesmo artigo tamén poñen ben o seu nome, polo que supoño que sería un despiste do redactor (e desta volta non foi a delegada de La Voz).

a gravatar

7. Fofito escrito o 23 de Agosto de 2009 ás 16:19

É bastante habitual que os medios de comunicación chamen á nosa alcaldesa Socorro García por confusión con Socorro García, a tenente de alcalde de Santiago, tamén do BNG. Son despistes dos xornalistas pero deberan ter máis tino pois xa son moitas as veces que se confunden.

a gravatar

8. pedra escrito o 23 de Agosto de 2009 ás 16:25

Di Marcus: “Basta con ver que a galescola anunciouse en marzo de 2008 e a licenza municipal non tramitouse ata abril de 2009 (co que supoño que ter unha galescola lista para setembro sería imposible), cando prometeran a construción da instalación en 2008″.

Marcus, non repitas os mesmos erros que o PP. ¿Podes dicirme cando e onde se prometeu a construción da instalación en 2008?. Eu a primeira noticia que tiven ao repecto foi na revista municipal O Cruceiro (páxina 11), onde falan do ano 2009 para a posta en funcionamento da gaelescola.

a gravatar

9. sol escrito o 23 de Agosto de 2009 ás 16:36

¿O PP xa non se acorda de que anunciou o remate da Casa da Cultura para o verán de 2007? Iso si que é enganar ao pobo e non retrasarse meses en facer unha obra,como vai ser o caso da galescola. O novo goberno de Melide rematará a Casa da Cultura, estou seguro. Iso si, despois de gastar nela máis de 1 millón de euros porque o anterior goberno non deixou conseguido nin un só euro para ela. ¿Que ten que dicir ao PP a eso? ¿Que se equivocou nos prazos? ¿Tiña pensado rematala cunha subscrición popular, como se fixo co Museo?.PATÉTICO.
E aínda teñen o morro de queixarse porque non está feita unha obra para a que eles votaron en contra nun pleno. Aclárense señores e señoras do PP, ¿Queren que se faga ou non a galescola?

a gravatar

10. melindre escrito o 23 de Agosto de 2009 ás 16:43

Marcus, infórmate algo antes de opinar, por favor. Salió en su día en todos los medios de comunicación:

El Ministerio de Educación y la Xunta firman un convenio para invertir 12,3 millones en 15 nuevas galescolas

MADRID, 23 Dic. (EUROPA PRESS) -

El Ministerio de Educación y la Xunta de Galicia firmaron hoy un convenio para invertir 12,3 millones del Plan Educa3 en 15 nuevas galescolas en Pontevedra y A Coruña, que aumentarán en 1.111 el número de plazas públicas de educación infantil de 0 a 3 años de edad.

Según explicaron en rueda de prensa conjunta en la sede del Ministerio, la titular del Departamento, Mercedes Cabrera, y el vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, las nuevas escuelas se integrarán en la Rede Galega de Escolas Infantís, que agrupa a las galescolas.

De esta forma, el Estado y la Xunta invertirán 12,3 millones de euros en estos proyectos, de los que el Gobierno gallegos aportará 7 millones de euros y el Gobierno 5,3, para la puesta en marcha de las nuevas plazas de educación infantil para niños y niñas de cero a tres años de edad en 14 municipios de Pontevedra y A Coruña.

Según establece el convenio, los nuevos centros tendrán un impacto directo sobre una población infantil de 0 a 3 años de más de 20.000 niños y niñas, lo que representa un 32 por ciento del total de la población gallega en ese tramo de edad, según datos del padrón municipal.

Así, los nuevos centros se situarán en los municipios coruñeses de Ares, Culleredo, Ferrol, Ames, Melide, Noia, y A Coruña (dos galescolas); así como en los pontevedreses de Mos, Cangas, Cotobade, Silleda, Vilagarcía de Arousa, Tomiño y Vigo.
—————————————————–
¿Que es eso de que non hay un céntimo para la galescola de Melide? NO SOMOS TONTOS, SEÑORES DEL PP Y MARCUS. PROCURAMOS ESTAR INFORMADOS.GRACIAS.

a gravatar

11. Marcus escrito o 23 de Agosto de 2009 ás 20:52

#7 Fofito, grazas por precisar de onde vén a confusión entre as dúas Socorro (eu non caera na conta).

#8 Pedra, eu lin na prensa que según fuentes municipales, este centro estará en funcionamiento ya para 2009, cuando Melide pasará a disponer de 150 plazas de guardería, aínda que tamén resultaba rechamante ver que o PP de Melide criticaba o investimento nunha galescola por considerar que a natalidade melidense está a caer, como ben comenta Sol.

#10 Melindre, o certo é que non entendo moi ben o que pasa, pois o propio PP fala do Plan Educa3 na súa denuncia. Ou sexa, que hai unha partida económica que debería terse consignado para a construción da galescola, pero finalmente non se orzamentou. Supoño que será un problema burocrático, pero que agora falen de que procurarán que o edificio estea feito antes de decembro de 2010 cando xa debería estar en funcionamento…
Sobre o de estar ou non informado, a miña fonte de información é a prensa e o que publican na web o Concello e os políticos, e fago eco diso. Se hai imprecisións, erros ou malas interpretacións para iso están os comenterios no blog. Vaia, que o meu papel non é poñerme de lado de ninguén (ambas partes dan visións sesgadas segundo os seus intereses, como é natural).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios