ConfÃrmase o cristo da TDT de pago
Este serán pasei por RadioVoz para falar un pouco do follón da TDT de pago en España:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
A algúns igual sorpréndelles iso de que a TDT de pago xa funcionou en España entre maio de 2000 e xuño de 2002, pois Quiero TV funcionaba antes de que a xente coñecese as siglas que identifican á Televisión Dixital Terrestre, e que non son universais: nos EE.UU. chámanlle DTT, en Francia TNT, pero ao final o mellor xeito de identificar os trebellos que fagan uso deste tecnoloxÃa é buscar se o seu sintonizador é DVB-T.
Iso si, a imaxe que están a dar nos medios da TDT de pago está moi distorsionada, e mentres moitos son moi crÃticos coa media do Goberno (con moita razón) outros esaxeran as bondades do sistema:
Teñen o morro de dicir que a TDT de pago mellora a oferta audiovisual cando para meter canles deste tipo quitan outras que xa hai, de xeito que reducen a oferta de balde para incrementar a de pago. Tamén enchÃaselles a boca dicindo que poderiamos mercar partidos de fútbol por 1 euro (¿mande?), contidos en alta definición (¿u-los?) e a porta aberta a concertos, pelÃculas e series (algo que estará por ver).
O certo é que todo iso da TDT de pago era innecesario para o público (hai plataformas de televisión de pago coma R, Digital+ ou Imagenio, polo que iso do monopolio é un conto) e responde directamente a que Mediapro (La Sexta) acumulaba dereitos futbolÃsticos que non lograba explotar axeitadamente en boa medida porque a canle Gol Televisión estaba a ser un rotundo fracaso (pretendÃan metela en todas as plataformas de televisión de pago, e os operadores das mesmas non quixeron tragar) e asà atopan na TDT unha solución de urxencia, que de seguro que vai facer pupa a Digital+.
Para comezar, Digital+ Liga é un paquete que inclúe 2 partidos de liga por xornada (1 do Madrid ou do Barcelona) que custa 15 euros ao mes (¡qué coincidencia!), mentres que Gol TV incluirá un partido máis na súa oferta da Liga BBVA, pero non hai que esquecer que La Sexta continuará a emitir un partido en aberto, e que nas plataformas de pago anteriores seguirán a estar presentes os partidos de pago por visión. Vaia, que hai que facer contas, pois igual iso de Gol TV non é tan boa oferta, e queda claro que está lonxe do prometido (1 euro/partido).
Agora incluso hai unha complicación adicional: os receptores de Gol TV aÃnda non están á venda. Hai moitas dúbidas de que cheguen ao mercado a tempo, e a primeira xornada de liga parece ser que vai quedar fóra de Gol TV na TDT (aÃnda que non no resto de plataformas dixitais) de xeito que durante as emisións dos partidos para os que Gol TV ten dereitos de emisión de pago (ou sexa, que non pode emitir en aberto) verase unha imaxe como a seguinte:
Vaia, que o comezo de Gol Televisión na TDT de pago vai ser bastante accidentado, con moita desinformación (orixinada precisamente polos seus promotores) e moitos problemas para colocar no mercado receptores de TDT compatibles.

Polo momento xa están confirmados 2 receptores de Engel: o RT7000 e o RT7010. Son os que eu alcumo coma o normal e o cutre, como podedes constatar mirando a parte traseira dos mesmos:

O RT7010 é un dos receptores de TDT máis cutres que podemos ver no mercado, polo que non deberÃa nin pórse á venda. AÃnda que o RT7000 pareza que só cambia por contar con saÃdas de audio, o certo é que a súa gran diferenza está no sintonizador de televisión, que é de moita máis sensibilidade, de xeito que serÃa imprescindible para todos os que vivan nunha zona na que a cobertura da TDT non sexa boÃsima (e incluso ten un sistema de detección automática de canles, o que agradecerán os que non controlen moito do tema).
Pero o que resulta realmente rechamente é que ningún dos receptores oficiais de Gol TV no seu lanzamento conte con saÃda HDMI (o que fastidiará a quen teña un televisor moderno), pero o que aÃnda é peor é que non figura en ningures que teñan soporte de televisión en alta definición nin de interactivos (MHP) polo que estariamos a falar de trebellos practicamente obsoletos, pois agárdase que tras en 2010 chegue a TDT de alta definición (con pouca oferta inicialmente) polo que igual en 1 ou 2 anos haberÃa que tirar co novo receptor, o que é un despropósito, coma ilustra JMV no seu Miércoles en la redacción:

Quen estea interesado na TDT de pago, e poida aguantar unhas semanas sen contratala, posiblemente páguelle a pena agardar a que lancen novos receptores (que van saÃr, de xeito que practicamente todos os fabricantes terán un adaptado á TDT de pago), aÃnda que os usuarios que terán menos complicacións serán os que teñan un televisor con espazo para un adaptador PCMCIA que permita a súa actualización (pasando por caixa pero aforrando ter un trasto máis na casa… ¡e un mando a distancia!).
ACTUALIZACIÓN (27-8-2009): Menudo trÃo montamos Wicho, JMV e un servidor. Todo froito da consecuencia, pois JMV remite as tiras a 233grados con certa antelación, a min citáronme para falar do tema en RadioVoz o martes e Wicho escribiu o seu artigo antes de ler o meu. Curiosamente todos coincidimos no mesmo: o da TDT de pago é un lÃo.
Algunha xente poderÃa entender que estas crÃticas son retrógradas, o que serÃa difÃcil de xustificar por parte de 3 afecionados ás TIC (si, JMV tamén é bastante tecno-friki), pero precisamente responde ao contrario. Tal e cómo están a levar o asunto estase a retrasar o avance televisivo.
GustarÃame que en vez de centrarse en chuminadas como a televisión de pago, centrasen os esforzos na alta definición e nas emisións en anamórfico, tema que posiblemente comente nos vindeiros dÃas.




13 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 26 de Agosto de 2009 ás 19:40
como alguén sace un soft pra ver TDT de pago polo morro…
Vaille dar a risa a moita xente
2. Marcus escrito o 26 de Agosto de 2009 ás 20:05
O único xeito de piratear a TDT de pago serÃa coa filtración das chaves de codificación da mesma, o que poderÃa pasar (coas operadoras de cable e satélite pasa constantemente). Coma no resto de plataformas, sempre hai medidas para evitar a piraterÃa, pero co tempo veremos o que as toman, aÃnda que nun inicio non parece que compense moito iso da piraterÃa da TDT (pois a oferta de contidos de pago é moi limitada).
3. Nemigo escrito o 26 de Agosto de 2009 ás 21:17
como dirÃan os xapos seguiremos a investigar
4. La TDT de pago y los decodificadores que no sirven para nada escrito o 27 de Agosto de 2009 ás 9:58
[...] compradores… Un momento, ¿se ha asegurado de que su TDT permite ver firulos amoratados? +info: marcus.es/2009/08/cristo-tdt-de-pago/ sin comentarios en: tecnologÃa, novedades karma: 17 etiquetas: tdt, pago, descodificadores [...]
5. Nueva burbuja: Decodificadores para la TDT de mierda - Burbuja Económica escrito o 27 de Agosto de 2009 ás 10:00
[...] Fernández estuvo hablando precisamente de este asunto esta tarde en RadioVoz y que lo comenta en Confírmase o cristo da TDT de pago (en gallego), donde también usa la ilustración de Jesús, aparte de dar algunos datos de los dos [...]
6. Nemigo escrito o 27 de Agosto de 2009 ás 23:06
o clon laranxa… o clon laranxa
ESTAMOS TODOS BANEADOS
7. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2009 ás 23:43
¿De qué estás a falar, Nemigo?
8. Nemigo escrito o 28 de Agosto de 2009 ás 12:00
#7 -> #4
9. Marcus escrito o 29 de Agosto de 2009 ás 2:22
Ah, vale, estás a chamar clon a Menéame, non o pillara.
10. lauren escrito o 30 de Agosto de 2009 ás 16:51
Noraboa pola colaboración na radio.
Unha perta.
11. Marcus escrito o 30 de Agosto de 2009 ás 21:58
Lauren, graciñas polos parabéns, aÃnda que como a xente me felicite por todas as colaboracións radiofónicas non darÃa feito
12. Nemigo escrito o 1 de Setembro de 2009 ás 0:23
poderÃas facer un pod “casteo” e poñelo no blog. Hai quen non escoita radio (o mp3 moito axuda de dios niso)
13. Marcus escrito o 1 de Setembro de 2009 ás 2:04
Nemigo, igual anÃmome a facelo coas intervencións que teñen certa periodicidade. As colaboracións en RadioVoz e Radio Galega normalmente podo gravalas, pero as de Radio Coruña pÃllame habitualmente na estrada (grávoas unhas horas antes) polo que non as conservo. De todos os xeitos, hai moita repetición temática na mesma semana, polo que igual só compensa que publique unha das colaboracións. En canto retome a actividade ordinaria verei o que fago.