O casting segredo de Star Wars
A xente do cine quere aproveitar as súas influenzas para cousas tan mundanas coma ligar ou ver mozas con pouca roupa, e coma exemplo filtraron á Internet o casting de Star Wars no que raparigas en bikini optaban polos papeis máis representativos da obra de George Lucas:
Se queredes seguir rindo con cousas polo estilo, tamén fixeron o mesmo con Pulp Fiction e coa mítica O Gran Lebowski (por suposto, non faltan as frases míticas de Turturro). De seguro que todo iso é culpa dos putos nihilistas de los cojones
.




2 comentarios realizados
1. moinante escrito o 14 de Agosto de 2009 ás 0:09
Non verías “¿Hacemos una porno?”, de Kevin Smith?? (http://www.filmaffinity.com/es/film624364.html)
Porque a peli que queren facer é unha adaptación de Star Wars
2. Marcus escrito o 14 de Agosto de 2009 ás 2:59
Por suposto que a vin. A primeira metade pareceume divertidísima, pero logo a peli perdeu todo o seu gancho. Non sei o que está a pasar ultimamente con Kevin Smith, que non para de facer pasteladas que non casan nada coa imaxe que dá.
Aproveito para reivindicar que saquen Clerks en DVD en España (en EE.UU. ata ten unha edición especial décimo aniversario). Eu ata teño a serie de animación en DVD (con iso dígoo todo, ¿non?).