5 blogs para o BlogDay
Outro ano máis celebramos o BlogDay, e aínda que este ano tiña pensado pasar olimpicamente do tema (dá moita preguiza elixir blogs a recomendar), a tira de hoxe de Palomitas y Maíz levoume a tratar o asunto:

Supoño que ese webcomic non o podo colar coma blog, así que recomendo visitar 5 cadernos máis:
- que che parece?: Paga a pena só polo feito de ver cómo unha empresa dialoga cos seus clientes. Incluso conservan os comentarios máis críticos, converténdose nunha referencia obrigada para os que accedemos á Rede a través do operador galego de cable.
- Madera de Blog: É o blog corporativo de La Nuestra, e aínda que non o actualizan moito, os seus contidos son interesantes.
- Spotify: Si, o Spotify ten un blog dende o que dan conta das novas incorporacións ao seu catálogo e outras novidades. Para que vexamos que este servizo de música a través de streaming está moi vivo.
- Neoludita, ¡apaga el móvil!: Espazo no que recollen todo tipo de novas anti-tecnolóxicas que normalmente carecen de rigor algún. Chama á reflexión ante a demonización da tecnoloxía que fan algúns.
- And.roid.es: Novas sobre Android, o sistema operativo para dispositivos móbiles promovido por Google. Para que a xente saiba que hai vida máis aló do iPhone e dos terminais de HTC. Vendo o Samsung Galaxy un comeza a pensar que de aquí ao Nadal hai moitas posibilidades de que cheguen varios terminais interesantes baseados en Android e adaptados a distintas necesidades.




4 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 1 de Setembro de 2009 ás 12:29
palomitas y maiz si é un blog orixinal e sinxelo. Debería haber máis diso. Hai deseñadors gráficos non se entende que non fagan algo similar, escritores ou simplemente profesionais de calquera cousa que teñen algo que dicir
2. Marcus escrito o 1 de Setembro de 2009 ás 19:50
O certo é que hai moito material coma Palomitas y Maíz, pero a meirande parte está en inglés. É preciso un cambio de mentalidade para que iso cambie (fixémonos nos contidos educativos: nos EE.UU. publicáronnos na web dende o comezo, e aquí continuamos pechando o acceso).
3. Nemigo escrito o 2 de Setembro de 2009 ás 0:48
a maioría das empras teñen medo de internet. Poñer o traballo que fan na empresa. Ata non poñen nen fotos. Como pode ser que non entendan da importancia de ter un lugar onde amosar o que fan e o mesmo vale pra os “profesionais” Certo é que non podes poñer cousas do chollo (por evitar problemas) daría moito o cante pero algo si se debería poder amosar. Todo isto chámase publicidade, axuda a darse a coñecer
Algún gasta cartos en anuncios en xornais e revistas pero na internet non poñen un can
4. quecheparece escrito o 7 de Setembro de 2009 ás 18:46
Moitas grazas pola recomendación Marcus!
Un saúdo.