Outro ano máis celebramos o BlogDay, e aínda que este ano tiña pensado pasar olimpicamente do tema (dá moita preguiza elixir blogs a recomendar), a tira de hoxe de Palomitas y Maíz levoume a tratar o asunto:
Supoño que ese webcomic non o podo colar coma blog, así que recomendo visitar 5 cadernos máis:
- que che parece?: Paga a pena só polo feito de ver cómo unha empresa dialoga cos seus clientes. Incluso conservan os comentarios máis críticos, converténdose nunha referencia obrigada para os que accedemos á Rede a través do operador galego de cable.
- Madera de Blog: É o blog corporativo de La Nuestra, e aínda que non o actualizan moito, os seus contidos son interesantes.
- Spotify: Si, o Spotify ten un blog dende o que dan conta das novas incorporacións ao seu catálogo e outras novidades. Para que vexamos que este servizo de música a través de streaming está moi vivo.
- Neoludita, ¡apaga el móvil!: Espazo no que recollen todo tipo de novas anti-tecnolóxicas que normalmente carecen de rigor algún. Chama á reflexión ante a demonización da tecnoloxía que fan algúns.
- And.roid.es: Novas sobre Android, o sistema operativo para dispositivos móbiles promovido por Google. Para que a xente saiba que hai vida máis aló do iPhone e dos terminais de HTC. Vendo o Samsung Galaxy un comeza a pensar que de aquí ao Nadal hai moitas posibilidades de que cheguen varios terminais interesantes baseados en Android e adaptados a distintas necesidades.
O humorista gráfico Ferrán Martín vén de capturar nunha imaxe a realidade de Twitter, para que o entenda calquera que non saiba de qué vai iso do microblogging:
Coido que isto está inspirado nun innecesarioinforme de Peer Analytics que sostén que o 40,55% do que se publica en Twitter é leria inútil, só o 8,7% do publicado ten certo valor e só o 3,6% son novas… ¿unha sorpresa? Supoño que esta información pretende simplemente pór os puntos sobre os íes, pois Twitter non foi concibido coma unha plataforma de publicación de novas que compita con blogs e xornais, aínda que teña certa utilidade para seguir eventos de máxima actualidade.
Twitter é para o que é: compartir comentarios breves e efímeros. Pero como moitas plataformas de publicación, o soporte non marca o contido. Moitos son felices utilizando Twitter para contribuír á rexouba, outros contan o que están a facer a cada momento, algúns para comentar o que atopan pola web (e compartilo cos amigos) e incluso hai quen só quere facer autobombo. Todo iso non é nin bo nin malo, simplemente é.
Este serán pasei por RadioVoz para falar un pouco do follón da TDT de pago en España:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
A algúns igual sorpréndelles iso de que a TDT de pago xa funcionou en España entre maio de 2000 e xuño de 2002, pois Quiero TV funcionaba antes de que a xente coñecese as siglas que identifican á Televisión Dixital Terrestre, e que non son universais: nos EE.UU. chámanlle DTT, en Francia TNT, pero ao final o mellor xeito de identificar os trebellos que fagan uso deste tecnoloxía é buscar se o seu sintonizador é DVB-T.
Iso si, a imaxe que están a dar nos medios da TDT de pago está moi distorsionada, e mentres moitos son moi críticos coa media do Goberno (con moita razón) outros esaxeran as bondades do sistema:
Teñen o morro de dicir que a TDT de pago mellora a oferta audiovisual cando para meter canles deste tipo quitan outras que xa hai, de xeito que reducen a oferta de balde para incrementar a de pago. Tamén enchíaselles a boca dicindo que poderiamos mercar partidos de fútbol por 1 euro (¿mande?), contidos en alta definición (¿u-los?) e a porta aberta a concertos, películas e series (algo que estará por ver).
O certo é que todo iso da TDT de pago era innecesario para o público (hai plataformas de televisión de pago coma R, Digital+ ou Imagenio, polo que iso do monopolio é un conto) e responde directamente a que Mediapro (La Sexta) acumulaba dereitos futbolísticos que non lograba explotar axeitadamente en boa medida porque a canle Gol Televisión estaba a ser un rotundo fracaso (pretendían metela en todas as plataformas de televisión de pago, e os operadores das mesmas non quixeron tragar) e así atopan na TDT unha solución de urxencia, que de seguro que vai facer pupa a Digital+.
Para comezar, Digital+ Liga é un paquete que inclúe 2 partidos de liga por xornada (1 do Madrid ou do Barcelona) que custa 15 euros ao mes (¡qué coincidencia!), mentres que Gol TV incluirá un partido máis na súa oferta da Liga BBVA, pero non hai que esquecer que La Sexta continuará a emitir un partido en aberto, e que nas plataformas de pago anteriores seguirán a estar presentes os partidos de pago por visión. Vaia, que hai que facer contas, pois igual iso de Gol TV non é tan boa oferta, e queda claro que está lonxe do prometido (1 euro/partido).
Agora incluso hai unha complicación adicional: os receptores de Gol TV aínda non están á venda. Hai moitas dúbidas de que cheguen ao mercado a tempo, e a primeira xornada de liga parece ser que vai quedar fóra de Gol TV na TDT (aínda que non no resto de plataformas dixitais) de xeito que durante as emisións dos partidos para os que Gol TV ten dereitos de emisión de pago (ou sexa, que non pode emitir en aberto) verase unha imaxe como a seguinte:
Vaia, que o comezo de Gol Televisión na TDT de pago vai ser bastante accidentado, con moita desinformación (orixinada precisamente polos seus promotores) e moitos problemas para colocar no mercado receptores de TDT compatibles.
Polo momento xa están confirmados 2 receptores de Engel: o RT7000 e o RT7010. Son os que eu alcumo coma o normal e o cutre, como podedes constatar mirando a parte traseira dos mesmos:
O RT7010 é un dos receptores de TDT máis cutres que podemos ver no mercado, polo que non debería nin pórse á venda. Aínda que o RT7000 pareza que só cambia por contar con saídas de audio, o certo é que a súa gran diferenza está no sintonizador de televisión, que é de moita máis sensibilidade, de xeito que sería imprescindible para todos os que vivan nunha zona na que a cobertura da TDT non sexa boísima (e incluso ten un sistema de detección automática de canles, o que agradecerán os que non controlen moito do tema).
Pero o que resulta realmente rechamente é que ningún dos receptores oficiais de Gol TV no seu lanzamento conte con saída HDMI (o que fastidiará a quen teña un televisor moderno), pero o que aínda é peor é que non figura en ningures que teñan soporte de televisión en alta definición nin de interactivos (MHP) polo que estariamos a falar de trebellos practicamente obsoletos, pois agárdase que tras en 2010 chegue a TDT de alta definición (con pouca oferta inicialmente) polo que igual en 1 ou 2 anos habería que tirar co novo receptor, o que é un despropósito, coma ilustra JMV no seu Miércoles en la redacción:
Quen estea interesado na TDT de pago, e poida aguantar unhas semanas sen contratala, posiblemente páguelle a pena agardar a que lancen novos receptores (que van saír, de xeito que practicamente todos os fabricantes terán un adaptado á TDT de pago), aínda que os usuarios que terán menos complicacións serán os que teñan un televisor con espazo para un adaptador PCMCIA que permita a súa actualización (pasando por caixa pero aforrando ter un trasto máis na casa… ¡e un mando a distancia!).
ACTUALIZACIÓN (27-8-2009): Menudo trío montamos Wicho, JMV e un servidor. Todo froito da consecuencia, pois JMV remite as tiras a 233grados con certa antelación, a min citáronme para falar do tema en RadioVoz o martes e Wicho escribiu o seu artigo antes de ler o meu. Curiosamente todos coincidimos no mesmo: o da TDT de pago é un lío.
Algunha xente podería entender que estas críticas son retrógradas, o que sería difícil de xustificar por parte de 3 afecionados ás TIC (si, JMV tamén é bastante tecno-friki), pero precisamente responde ao contrario. Tal e cómo están a levar o asunto estase a retrasar o avance televisivo.
Gustaríame que en vez de centrarse en chuminadas como a televisión de pago, centrasen os esforzos na alta definición e nas emisións en anamórfico, tema que posiblemente comente nos vindeiros días.
Alfonso García remitiume por correo electrónico unha nova sobre o Concerto de Verán do pasado sábado, que ao parecer contou con moi boa resposta do público:
GRAN ÉXITO DEL CONCERTO DE VERAN DE LA ORQUESTA DE CUERDA DE MELIDE
MÁS DE 1000 PERSONAS ASISTIERON A LA ACTUACIÓN ORGANIZADA POR LA ASOCIACIÓN CULTURAL MELIDE VIDA MUSICAL.
Una vez más Melide demuestra su gran afición a la cultura y a la música como así lo hicieron los cerca de mil asistentes que acudieron a la Iglesia Parroquial de Melide, en donde la orquesta de cuerda de la Asociación Cultural Melide Vida Musical ofreció a todos los asistentes el primer Concerto de Verán, que como nos informó su presidente Alfonso García, tiene como objetivo ser el primero de muchos y pasar a formar parte de una actividad que perdurara en el tiempo y con la que Melide contara todos los años, convirtiéndose así, en el marco ideal de reunión de padres y niños de cualquier lugar.
La orquesta, que está formada por 18 violines, 6 violonchelos, un bajo, una guitarra eléctrica, un percusionista y una voz, todos ellos de Melide, A Golada, Arzúa, Sobrado dos Monxes y A Coruña, interpretaron durante una hora y cuarto temas variados.
Mientras que en la primera parte sonaban clásicos de Haendel, Strauss y Korsakoff, en la segunda parte sonaban conocidas canciones de La Oreja de Van Gogh, John Lennon, Elvis Presley y del recientemente fallecido Michael Jackson.
Desde este concierto también su presidente, Alfonso García hizo un llamamiento a todas aquellas personas que les gusta la música y que quieran venir a formar parte de esta asociación con el fin de ir incorporando más instrumentos a la orquesta. Tan solo cinco meses después de su constitución, la Asociación Cultural Melide Vida Musical cuenta ya con más de cien socios, a los que desde la directiva del colectivo se agradece la colaboración y el apoyo prestados para poder continuar fomentando la cultura musical tan arraigada en la comarca de Melide.
Agardo que esta iniciativa teña continuidade no tempo, pois favorece non só a oferta cultural local, senón tamén a oferta de lecer.
Con só comezar no Reino Unido o concurso televisivo The X Factor, xa presentan a Danyl Johnson, un profesor de 27 anos que canta caralludamente e incluso é divertido no escenario:
Sobra dicir que a comparación do Factor X español é ridícula.
ACTUALIZACIÓN (25-8-2009): Tiven tempo de ver algunha actuación máis, e recoméndovos escoitar a Stacey (excelente voz), a Joseph (futura portada da Superpop) e a Duane (logrou manterlle o pulso a Simon) pero outras intepretacións como Triple Trouble, as The Dreamgirls ou Sister Act dan arrepíos, mentres que Kyle é unha risa (non ten futuro coma cantante, pero foi do máis divertido da gala).
Marta Kauffman, a creadora de Friends está a preparar unha nova serie para a ABC, o que non impide que a súa vella serie continúe de actualidade grazas a unha parodia porno, Friends: A XXX Parody:
Polo que vexo, as semellanzas entre os actores da serie orixinal e da revisión para adultos limítanse ao peiteado e pouco máis, quedando moi lonxe da parodia de La Hora de Bill Cosby. O que si quedou bastante ven foi o estoxo dos DVD, que ten un aire ao de Friends:
O que non remato de entender é que as películas pornográficas deste tipo teñan 2 discos (¿contidos adicionais? ¿escenas eliminadas? ¿montaxe do director?) cando para botar unhas risas chega con mirar o trailer: