Mércores, 15 de Xullo de 2009

Xa falta menos para Spanish Movie

No outono estrearase nos cines a película Spanish Movie, que colle o éxito de Scary Movie, Disaster Movie, Superhero Movie e compañía, e pon a proba o seu formato achegándoo ao cine español. Polo momento xa ten un trailer:

Aínda que eu prefiro a súa nova promoción:

Vese que Chiquito pasou de ser un personaxe televisivo a unha icona. Calquera día na Coruña quitan a estatua de John Lennon e poñen unha de Chiquito na súa postura característica.

2 comentarios realizados

a gravatar

1. moinante escrito o 15 de Xullo de 2009 ás 16:01

Eu vin onte o trailer no cine e estrañoume ver a Leslie Nielsen. De feito, ao ver iso de Spanish Movie pensei que sería un bo dobre. E tamén me estrañou a estética, que non ten nada que ver con outras cintas españolas, vamos, que moi na liña do cinema norteamericano.

a gravatar

2. Marcus escrito o 15 de Xullo de 2009 ás 18:58

Por desgraza, parece ser que Chiquito non sairá na película final, pero a nivel de promoción quedou caralludo.
Coido que Spanish Movie vai ter un problema moi grande: precisas ter visto varias películas españolas para coller os chistes… :(

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios