Xoves, 2 de Xullo de 2009

A Palladium promociónase en YouTube

Acabo de quedar algo flipadiño ao ver que a discoteca melidense Palladium publicou onte un vídeo en YouTube para anunciar a súa programación para as 2 vindeiras fins de semana:

Teño visto en YouTube moitos vídeos da Palladium, pero que se empregue esta canle coma promoción a tan curto prazo paréceme bastante arriscado, aínda que tampouco conto con que haxa moita xente que vaia a celebrar o 2º aniversario da discoteca só pola actuación de Eddy Watta, Hinojosa y Zambrano, DJ Sonic ou Liz & Baker, ¿verdade?
De todos os xeitos agardo que a discoteca funcione ben no verán, pois aínda que non guste dese tipo de local, entendo que da moita vida á noite melidense.

6 comentarios realizados

a gravatar

1. un calquera escrito o 4 de Xullo de 2009 ás 21:08

sen ter nada en contra dese local, nin da xente que o frecuenta, nen dos donos (quede todo dito) o que de verdade me supera e a súa publicidade hipersmachista. Todos os seus carteis teñen como reclamo a unha muller “ben feita” (en realidade mal feita), non podía ser menos este video, todos os primeiros planos son de mulleres agás un segundo que enfocan a uns pinchadiscos.
O uso de mulleres como reclamo é para min cando menos repugnante.

a gravatar

2. Marcus escrito o 5 de Xullo de 2009 ás 21:33

Pois os carteis que vin esta fin de semana por Melide tiñan só a imaxe de Eddy Watta, polo que non parecían precisamente sexistas.
Pero o uso de mulleres coma reclamo por parte das discotecas é de toda a vida (de aí que normalmente entren de balde).

a gravatar

3. os teus ollos escrito o 6 de Xullo de 2009 ás 10:19

Na Palladium pagan todos,homes e mulleres.

a gravatar

4. un calquera escrito o 6 de Xullo de 2009 ás 13:07

igualmente o asasinato de mulleres por parte dos seus maridos é de toda a vida… menudo argumento ese.

a gravatar

5. Marcus escrito o 6 de Xullo de 2009 ás 13:35

Vaia, ao dicir que é de toda a vida refírome a que o caso da publicidade da Palladium non é nada novo. De feito, é común a todo o seu sector (mirade as portadas dos CD con música disco, os videoclips…). O sexo é un elemento máis da promoción, coma os nenos pequenos sorrindo e os cadeliños.

a gravatar

6. Nesto escrito o 16 de Xullo de 2009 ás 1:41

A verdade despois de ollar o primeiro comentario, solo teño que dicir que se confundia de cheo, posto que a discoteca estaba repreta de xente para ver a Eddy Wata, pero bueno, normalmente xa esta repreta de xente asi que igual tes razón, non viñeron por iso, viñeron polo de sempre ajaja.
Saudos a todos

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios