Luns, 20 de Xullo de 2009

Gwyneth Paltrow e Mario Batali na Parada das Bestas

Como comentei anterioremente, hoxe emitiron en Viajar a visita de Gwyneth Paltrow e Mario Batali á Parada das Bestas de Palas do Rei, e para os que queiran ver o momento en español, velaquí está o vídeo:

O MC Hammer do Lado Escuro da Forza

O U Can’t Touch This de MC Hammer inspira tanto a Bart Simpson como a Darth Vader, que fai a mellor representación que vin nunca deste tema:

Decididamente U Can’t Darth This. Vader Time!!!

Domingo, 19 de Xullo de 2009

Anuncio ¿censurado? de Sprite

Na Rede non paran de aparecer anuncios censurados que sospeito que nunca chegaron a presentarse para emitir en ningún lugar do mundo, senón que os gravan directamente para penduralos da web cos atractiva etiqueta da censura para aproveitar a promoción viral. O último exemplo que vin é un anuncio de Sprite:

O vídeo xa leva máis de 100.000 reproducións porque saíu onte nun popular blogue brasileiro. Tamén resulta bastante curioso que a protagonista do clip é bastante parecida a Britney Spears hai uns anos.
¿Alguén cre que dende Sprite pasouselles pola cabeza nalgún momento intentar emitir este anuncio pola televisión?

Xoves, 16 de Xullo de 2009

Concerto de Álvaro Muras en Melide

Álvaro Muras en MelideNon sei a santo de qué daríalles o arrebato aos de R, pero o vindeiro día 26 ás 21:00 horas organizan un concerto de Álvaro Muras en Melide.
Esta iniciativa está englobada nunha serie de concertos que o operador galego do cable organiza patrocina en xullo e agosto por distintas vilas galegas (coa organización de XpressionK).
Admito que non coñezo para nada a este artista coruñés de funk fusión, aínda que polo que podemos ver nunha gravación dunha actuación súa no rock bar La Diablita non parece manco:

ACTUALIZACIÓN (24-7-2009): Álvaro Muras comentoume por correo electrónico que a súa xira está patrocinada por R, pero a organización é cousa da asociación cultural Xpressionk Galiza.

Sintonizador de TDT con gravación por USB de oferta

Sintonizador de TDT con gravación
Nos últimos días varios xornais lanzaron promocións de receptores de TDT coa posibilidade de gravar o sinal televisivo en unidades de memoria USB ou discos duros externos, xuntando cupóns e pagando uns 30 euros, pero a xente de APP Informática vén de lanzar unha impresionante promoción ata o 27 de agosto (ou fin de unidades) a través da que venden o sintonizador NPG DTR 506C PVR por só 25 euros, polo que non hai que andar pendente de cupóns nin nada semellante para ter un trebello moi interesante, que serve tanto para gravar da tele (con calidade dixital) como para reproducir películas en DivX (coido que non soporta audio en AC3, aínda que iso non é moi importante, e o compensa sobradamente ao ter un porto USB 2.0, o que fai que certos vídeos non vaian a tiróns).
Gravar en memorias USB ou en discos duros externos é habitualmente mellor que gravar nun disco duro interno, pois permite copiar logo os vídeos ao ordenador para recompilalos en DVD, quitar os anuncios ou comprimir as gravacións a DivX. Vaia, que quen pense en mercar un receptor de TDT, esta opción resulta moi atractiva.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios