Anuncio ¿censurado? de Sprite
Na Rede non paran de aparecer anuncios censurados que sospeito que nunca chegaron a presentarse para emitir en ningún lugar do mundo, senón que os gravan directamente para penduralos da web cos atractiva etiqueta da censura para aproveitar a promoción viral. O último exemplo que vin é un anuncio de Sprite:
O vídeo xa leva máis de 100.000 reproducións porque saíu onte nun popular blogue brasileiro. Tamén resulta bastante curioso que a protagonista do clip é bastante parecida a Britney Spears hai uns anos.
¿Alguén cre que dende Sprite pasouselles pola cabeza nalgún momento intentar emitir este anuncio pola televisión?




3 comentarios realizados
1. moinante escrito o 23 de Xullo de 2009 ás 15:59
Vaia, xa o censuraron tamén no Youtube e non o puiden ver
2. Marcus escrito o 23 de Xullo de 2009 ás 17:17
O que pasou é que os de Sprite picáronse co artista que fixo o vídeo, e mandaron aos de YouTube que o borraran. Vaia, que era evidente que o anuncio non era real.
Estiven a mirar, e parece que o borraron de YouTube, DailyMotion, Vimeo e servizos semellantes, pero podes velo a partir do minuto 1:58 do seguinte vídeo:
3. moinante escrito o 23 de Xullo de 2009 ás 20:05
Obrigado
Si, era un pouco animalada o vídeo, jeje