Venres, 31 de Xullo de 2009

Hoxe é o encontro blogueiro coruñés

Beers & Blogs no Coffee BreaksA xente de Corublogs organiza a partir das 17:00 horas no Coffe Breaks! do Bulevar do Papagayo un Beers & Blogs ou encontro blogueiro que se non me falla a memoria sería o primeiro deste tipo que non está convocado para unha fin de semana, o que sospeito que pode incrementar a asistencia de xente.
Nun principio, no blog de Raúl LordMaX Fernández aparece confirmada a asistencia duns 20 blogueiros, mentres que en Facebook a cantidade de asistentes dispárase a 33 confirmados (e 55 se cadra vou), aínda que eu fíome máis dos datos do blog que dos de Facebook, xa que nas redes sociais hai xente que confirma a súa asistencia sen pensar moi en serio o que está a facer (incluso hai quen ridiculamente o fai como apoio a unha iniciativa).
Apenas coñezo aos asistentes potenciais, e temo que é así porque están fóra do Blogomillo, pero de todos os xeitos de seguro que vai ser un evento interesante, no que achegar pareceres e experiencias sobre a blogosfera e o que nos leva a permanecer nela nun momento de estampida cara a plataformas máis dispersas coma Facebook, Tuenti, Twitter e semellantes.

11 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 31 de Xullo de 2009 ás 11:35

“LA CORUÑA…” pon LA CORUÑA

Son blogueiros jallejos!

a gravatar

2. LordMaX escrito o 31 de Xullo de 2009 ás 11:48

no politiquemos por favor Nemigo! no es la intencion!

a gravatar

3. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2009 ás 11:52

Non prestara atención ao L. De todos os xeitos, habería que estandarizar a cousa: ou escribimos A Coruña ou La Coru, pero La Coruña queda feo :P

a gravatar

4. Nemigo escrito o 31 de Xullo de 2009 ás 12:27

o que está escrito en inglés iso non é “politiqueo”

O idioma castellano/galego eso si

A día de hoxe “LA…” só o poñen os fachas (pra reivindicarse ou os mesetarios acomplexados

Aposto a que na xuntanza do “viernes, 31 de julio” (sic) Non falarán galego

a gravatar

5. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2009 ás 12:57

Iso de que non falarán galego paréceme moito supor. Eu penso falar galego con Silvia e Xosé Ramón, pero non teño nin idea de cómo falarei co resto dos asistentes (supoño que co Katangueiro pasará o mesmo). Vaia, que cadaquén fará o que lle cadre (supoño que predominará o español, pero iso non quere dicir que o galego non estea presente, pois falamos dun encontro, non dun relatorio).

a gravatar

6. marcus.es » ¡Saímos no moblog de verán de La Voz! escrito o 31 de Xullo de 2009 ás 22:43

[...] que o moblog de La Voz foi o primeiro medio que cubriu hoxe o encontro blogueiro coruñés: Reunión de Beers & Blogs en A [...]

a gravatar

7. Nemigo escrito o 1 de Agosto de 2009 ás 0:36

a estas alturas da festa ninguén agarda un compromiso co país

Os bloguers están moi por riba da galiza

a gravatar

8. Marcus escrito o 1 de Agosto de 2009 ás 0:47

Nemigo, non sei moi ben sobre o que queres dicir, pero por se acaso coméntoche que ao final preto da metade dos asistentes falamos galego durante o encontro.

a gravatar

9. LordMaX escrito o 1 de Agosto de 2009 ás 2:01

Y no paso nada. Añado :)

a gravatar

10. LordMaX escrito o 1 de Agosto de 2009 ás 2:01

Lo del footer.. Ok! ;)

a gravatar

11. Marcus escrito o 1 de Agosto de 2009 ás 2:50

LordMaX, graciñas por avisar.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios