¿Videoxogos dobrados ao galego?
Sei que é moito pedir, pois a meirande parte dos videoxogos nin sequere veñen dobrados ao español, pero sería bonito ver o Dragon Ball: Revenge of King Piccolo en galego. De feito, se saíse así, ata eu mercaría unha Wii (pese a que sexa unha merda de consola)… e moita xente faría o mesmo, se ve o seguinte trailer:
O xogo sae no Xapón o día 23, e supoño que intentarán que chegue a occidente antes do Nadal. ¡Que morriña!
De todos os xeitos, continúo a pensar que estaría moi ben que a FORTA chegase a algún acordo con Nintendo (ou outra compañía) para dobrar algún videoxogo nas linguas autonómicas (hai xogos que na actualidade xa deixan seleccionar entre a dobraxe en inglés/xaponés e español). Loxicamente non falo dos textos do menú e dos subtítulos, senón das voces, para poder conservar as voces que coñecemos da televisión. Soñar é de balde…




6 comentarios realizados
1. skaltum escrito o 3 de Xullo de 2009 ás 20:58
Certo é que soñar é de balde…
Para min sería unha verdadeira gozada xogar ao Dragon Ball coas mesmas voces que a interpretaban na serie da galega ( sexamos honestos, Songoku mola moitísimo máis en galego que en castelán ), pero como ben dís, xa hai bastantes problemas para que chegan dobrados ao castelán como para pedirlle que pensen no galego ( ademáis vendo a situación do noso idioma………….)
Por certo, e falando da saga de Songoku, parace que non queren deixar de exprimila, xa que a parte do xogo que mencionas, chegará un xogo de rol á DS, e un de loita á Play3 e Xbox 360, esperemos que aumenten o nivel do filme ( cousa nada complexa ), merda, prometera non mencionar ese insulto cinematográfico xamáis.
2. Marcus escrito o 3 de Xullo de 2009 ás 21:07
Skaltum, por desgraza, o xogo para PS3 e Xbox 360 ten unha pinta tremenda de copia e pega dos anteriores xogos de loita de Son Goku. A ver se algún día se atreven a facer un xogo coma o Dragon Ball: Origins para DS ou este último de Wii, pero para as consolas grandiñas, pois gusto máis da serie orixinal que das secuelas (Z e GT).
3. Nemigo escrito o 4 de Xullo de 2009 ás 0:17
“… ata eu mercaría unha Wii (pese a que sexa unha merda de consola)…”
Non ten moita lóxica que pra empregar determinado xogo teñas que comprar unha consola en concreto. Contra iso algo deberían facer
Cando saiu a PS2 custaba unhas oitenta mil pelas. Vai uns días vina vender por menos de cen euros. Porque as consolas son tan caras e as marcas din que perden cartos con elas? E os xogos custan tanto!
4. Marcus escrito o 4 de Xullo de 2009 ás 2:18
Nemigo, se non fose por un par de títulos en concreto, habería consolas que non existirían, e precisamente por iso os fabricantes loitan polas exclusividades. Agora case todos os grandes xogos son multiplataforma porque doutro xeito é moi difícil descontar os cartos que custa desenvolver un xogo (con ducias de traballadores durante un tempo medio de 3 anos), pero na actualidade a xente elixe entre a Xbox 360 e a PlayStation 3 segundo os xogos que hai en exclusiva para esas consolas.
Vaia, que se Sony non tivese o God of War, o SingStar e un par de títulos máis non se limitaría a vender menos PS3 que Xbox 360, senón que a PS3 estaría totalmente morta.
Sobre os prezos, é totalmente certo que Sony perde cartos coa PlayStation 3, pero iso é culpa dos elementos que elixiron para fabricala, e a incorporación do Blu-ray. O mesmo conto pasou no seu día coa PS2, que incluía DVD e era máis barata (ou case) que un reprodutor de DVD doméstico.
O que pasa é que coma hai xogos supervendas, poden permitirse o luxo de perder cartos na venda de consolas para recuperalos nos xogos; aínda que os de Nintendo aínda o fan mellor, porque gañan cartos tanto coas consolas coma cos xogos. Microsoft, pola súa banda, está case a pre coas consolas, de aí que poidan facer rebaixas e ofertas ata converter á Xbox 360 na consola da nova xeración máis barata. Que un cacharro de 179,90 euros poida correr xogos e vídeo en alta definición é unha pasada.
Se queremos criticar o prezo dos xogos, as valoracións deben ser relativas, pois está claro que 50 euros por un xogo de Wii é unha burrada (pois normalmente saen máis baratos que os xogos de PS2), pero 70 euros por un xogo de PS3/Xbox 360 é escandaloso. Con eses prezos pretenden marcar unha barreira de vendas baixa para recuperar os millóns de euros que custa facer un videoxogo (hoxe custa máis que a meirande parte das películas europeas), aínda que de ter prezos máis populares venderían máis. Supoño que botarán as súas contas… aínda que os xogos en descarga están a cambiar un pouco esta estratexia de prezos, e hai moitos títulos por menos de 15/10 euros que están á altura de xogos que hai 2 ou 3 anos estaban á venda nas tendas.
Incluso é bastante probable que para a vindeira xeración de consolas a aposta polas descargas sexa moito maior, provocando unha forte crise nas tendas de videoxogos, pero permitindo un maior control da piratería.
5. Galiciandreamer escrito o 4 de Xullo de 2009 ás 18:15
Marcus, non sei se ignoras o tema (dubídoo), pero penso que che molará saber a existencia da nova serie “Psychoville”, cos actores de “Cabaleiros con aquel” e unha producción moito mais cuidada. Eu xa vin o piloto e ten moi boa pinta. En esencia segue a mesma senda que a anterior, cunha trama de misterio que une ós mais estrafalarios individuos. Bótalle un ollo.
6. Marcus escrito o 5 de Xullo de 2009 ás 21:39
Galiciandreamer, graciñas por comentar o de Psychoville. A ver se temos sorte a e emiten pola TVG no futuro.