Un camión innovador envorca incorporándose á Avda. de Alfonso Molina
Y otro. Y otro. Y otro Perrito Piloto
. Patricia Ferrol remitiume esta mañá fotografías dun camión que quere ser diferente, e en vez de envorcar indo da Avda. de Alfonso Molina a Matogrande, faino en sentido contrario:

O accidente sorpréndeme bastante máis que os outros, porque nesa curva hai que pisar bastante o freo, xa que incorpórase a unha vía na que hai moito tráfico:

O camión vén dunha vía limitada a 50 Km/h tras saír dunha rotonda (ou facendo un cambio de sentido dende Alfonso Molina), polo que non creo que que puidera ir moi deprisa. Vaia, que só podo explicarme o acontecido cun despiste monumental do condutor, que tardou en decatarse que tiña que parar de todo para incorporarse a unha estrada con moito tráfico.






7 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 10:43
sección esnafrarse en alfonso molina xa!
2. Coruna escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 12:21
De lo que podemos estar seguros es que moriremos como conejos el dia que pase algo mas grave que el vuelco de un camion, CORUÑA COLAPSADA POR UN CAMION!!!!, como un dia pase algo grave no nos salva nadie.
3. Marcus escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 13:08
Si, a nova sae en La Voz e parece ser que o colapso de tráfico foi importante.
Ao ser Coruña unha península, mentres non haxa vías alternativas teremos ese problema, e incluso cando estea rematada a terceira ronda seguiremos a padecer colapsos na Avda. de Alfonso Molina, aínda que hai que admitir que moitos dos mesmos non están provocados na cidade, senón nas vilas colindantes, que non son capaces de acoller o tráfico de retorno do traballo, e iso ten unha solución complexa, por non ter planificado ben as comunicacións da comarca no seu día.
Nemigo, como a cousa continúe así non haberá que facer unha sección de accidentes, senón un blogue enteiriño con webcam as 24 horas.
4. Nemigo escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 14:06
poderían as novas locais comezar así:
sección alfonso molina
tantas horas de atascos
tantos accidentes
número de implicados
…
Cando abra ikea, entón si van saber na coruña o que son atascos, entón si!
5. Marcus escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 16:02
Nemigo, despois de ver a que se formou durante a semana na que abriu o Dolce Vita, ninguén dubida que o Ikea vai traer un caos absoluto.
Se non fose porque os mobles pesan ía compensar ir andando.
6. Nemigo escrito o 7 de Xullo de 2009 ás 22:29
estaría ben facer no caralibro un grupo, algo así como:
dame medo vivir na coruña cando abra o ikea
7. Coruna escrito o 8 de Xullo de 2009 ás 8:37
Que bueno Nemigo!, operacion Ikea! “O ikea trae o medo a Coruña”, milleiros de peregrinos avanzan o Ikea. POr otro lado va a ser bueno para pasear por la coruña vacia, en octubre abre el Factory en la antigua fabrica de la Toja, el Ikea y familia fuera de la ciudad tambien, la Coruña va a quedar vacia en unos meses, las tiendas ya pueden empezar a liquidar lo que les queda por que el futuro es negro negro.