Venres, 24 de Xullo de 2009

Comcast sueña en grande

Encántame cando os anuncios de televisión convértense en auténticas obras de arte, e o último exemplo que vin foi o spot de Comcast (obra dun tal Juan Oubiña), no que aparece unha moza na cama gravada mediante a técnica de stop motion:

De todos os xeitos, hai que apuntar que a idea non é orixinal, e está inspirada no vídeo musical de Oren Lavie para o seu tema Her Morning Elegance (que gustou bastante en Digg a primeiros de ano):

Supoño que Oren Lavie estará encantado co anuncio de Comcast, pois así tamén ten publicidade da súa música. De todos os xeitos, non podo evitar lembrar o que pasou co anuncio do Dúo de Telefónica que tiña pinta de ser un plaxio (coido que nesta ocasión o conto non é o mesmo).

Sen comentario!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios