Luns, 27 de Xullo de 2009

¿Quén é o actor que sae en Matrimonio con Hijos?

Hoxe en SET en Veo botaron o episodio Todos al cine de Matrimonio con hijos, no que Kelly está a saír cun moteiro chamado Frank ao que cacha no cine con outra no día do seu aniversario. O episodio non tería nada de especial se non fose porque de súpeto caín na conta de quen era o actor que estaba a interpretar a Frank:

¿Caedes vós na conta? ¿Identificades ao actor ao que Al Bundy dá unha malleira?

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Mnemonick escrito o 27 de Xullo de 2009 ás 16:24

¡¡David Boreanaz antes do milagre!! ¡¡Aleluia!!

Oh, meu Deus (que diría Higgins), ¿qué lle fixo o paso do tempo?

a gravatar

2. Marcus escrito o 27 de Xullo de 2009 ás 17:05

Eu penso que Al quitoulle a tontería a base de leña.
Sospeito que Boreanaz non está precisamente orgulloso das súas primeiras intervencións en televisión, pero co tempo foise consolidando chegando incluso a desencasillarse como Ángel, para que agora a xente o recoñeza coma Booth.

a gravatar

3. Mnemonick escrito o 27 de Xullo de 2009 ás 19:02

¡Oh meu Deus! De papel en serie longa, a papel en serie longa. Polo menos non terá débedas a vista, porque traballar… vai a reo.

a gravatar

4. Marcus escrito o 27 de Xullo de 2009 ás 19:09

Sospeito que por Bones está a cobrar bastante máis que por Angel, pois a súa serie actual está a ter unha audiencia xeral (mentres que Angel era unha serie friki).

a gravatar

5. Nemigo escrito o 27 de Xullo de 2009 ás 20:04

que serie máis boa. Cada episodio é de traca. Se os guionistas son bos (sen romper a cabeza) e os actores tamén (aguantan cámara) sae algo potable

Logo temos ista tv de refritos en rosa que é infumable. Tv con imaxinación xa!

a gravatar

6. Marcus escrito o 27 de Xullo de 2009 ás 20:23

Nemigo, tamén era moi boa Infelices para siempre, que curiosamente non están a botar por ningunha canle nin a editar en DVD (a ver se cae cedo).

a gravatar

7. Chimpin escrito o 28 de Xullo de 2009 ás 2:43

Sim Marcus, Infelices para siempre dá-lhe, na minha opiniom, mil voltas a Matrimónio con hijos. Tem um ponto absurdo-surrealista que me encanta.
E Bones mola também.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios