Venres, 31 de Xullo de 2009

¡Saímos no moblog de verán de La Voz!

Coido que o moblog de La Voz foi o primeiro medio que cubriu hoxe o encontro blogueiro coruñés:

Reunión de Beers & Blogs en A Coruña

Esta tarde-noche en la que muchos gallegos emprenden su viaje de vacaciones, los bloggers de A Coruña han organizado una reunión para descubrir las caras que hay detrás de esas bitácoras que leen todos los días.

Raúl, uno de los impulsores de esta nueva reunión, nos  explica los motivos para esta convocatoria:

¿Y de que hablan un grupo de bloggers en un cafetería? Pues de blogs, por supuesto, y de comentarios y del papel de las redes sociales, entre otras cosas.

También de las cadenas de emails y de los spams. Pero también hablan de las horas que le dedican a sus blogs:

Se trata ya de la “cuarta o la quinta” reunión que se celebra en la ciudad, y una tras otra, los bloggers van poniéndose cara unos a otros.

¡E non será porque non viñeron medios! Pasou por alí xente de La Voz, El Ideal, Xornal de Galicia e non sei cantos medios máis, polo que mañá o evento vai parecer algo serio e todo ;O)
Agora que lin quen asinaba o artigo deume algo de carraxe non recoñecer á reporteira pola voz, pois era Mónica Pérez, a especialista en televisión de Voces de Galicia (RadioVoz).
E coma Pitufo Rosmón non podo deixar de destacar que encontro de Beers & Blogs é unha redundancia (un Beers & Blogs é un encontro informal de blogueiros).

A cousa estivo bastante ben, e puidemos coñecernos unha boa tropa, aínda que algunha xente foise incorporando un tanto tarde (eu incluído). LordMaX portouse de marabilla con todos, e dende aquí só podo recomendar que visitedes o Coffee Breaks!, un local que dá unha nota de cor ao Bulevar do Papagayo, centro comercial que precisa un pulo para achegar algo de público, pois a zona na que está non é mala, pero sospeito que a xente apenas o coñece (eu mesmo era a primeira vez que ía).
Despois do verán volverá a repetirse o evento, buscando unha certa periodicidade. A ver se non cadra en fin de semana para que poida achegarme, para que me dean a revancha ao Guitar Hero pois perdín unha partida polos pelos. ;)

Hoxe é o encontro blogueiro coruñés

Beers & Blogs no Coffee BreaksA xente de Corublogs organiza a partir das 17:00 horas no Coffe Breaks! do Bulevar do Papagayo un Beers & Blogs ou encontro blogueiro que se non me falla a memoria sería o primeiro deste tipo que non está convocado para unha fin de semana, o que sospeito que pode incrementar a asistencia de xente.
Nun principio, no blog de Raúl LordMaX Fernández aparece confirmada a asistencia duns 20 blogueiros, mentres que en Facebook a cantidade de asistentes dispárase a 33 confirmados (e 55 se cadra vou), aínda que eu fíome máis dos datos do blog que dos de Facebook, xa que nas redes sociais hai xente que confirma a súa asistencia sen pensar moi en serio o que está a facer (incluso hai quen ridiculamente o fai como apoio a unha iniciativa).
Apenas coñezo aos asistentes potenciais, e temo que é así porque están fóra do Blogomillo, pero de todos os xeitos de seguro que vai ser un evento interesante, no que achegar pareceres e experiencias sobre a blogosfera e o que nos leva a permanecer nela nun momento de estampida cara a plataformas máis dispersas coma Facebook, Tuenti, Twitter e semellantes.

Xoves, 30 de Xullo de 2009

Presentan a nova edición de Viñetas desde o Atlántico

Onte presentouse oficialmente a edición de 2009 do salón do cómic Viñetas desde o Atlántico:

Viñetas desde o Atlántico acada os doce anos facendo un repaso do cómic-book dende a súa época dourada ata os anos 90

A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou o Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico, que se desenvolverá entre os días 10 e 16 de agosto, alcanza a doce edición combinando o repaso pola historia do cómic-book americano coa presenza de singulares autores como a inglesa Posy Simmonds, o francés André Juillard ou o italiano Vittorio Giardino.

Presentación de ViñetasPosy Simmonds é ilustradora de The Guardian e autora das novelas gráficas Gemma Bovery e Tamara Drewe. A primeira delas supuxo no seu momento toda unha revolución formal ao mesturar, nunha historia longa, linguaxes diferentes: a narración, isto é o texto puro e duro, a ilustración e as viñetas.

A organización de Viñetas desde o Atlántico intentou en moitas edicións anteriores atraer ata A Coruña ao francés Juillard e ao italiano Giardino. Nesta edición, ao fin, as axendas destes consagrados autores permitírono. André Juillard é autor das sete vidas do Gavilán. O seu creador traballa tanto no rexistro histórico como o cómic máis intimista. Vittorio Giardino é autor da triloxía “No pasarán”, unha obra ambientada na guerra civil española na que realiza unha radiografía do conflito a través da mirada distante dun axente secreto enfrascado nunha guerra que non é a súa.

Ademais, esta décimo segunda edición de Viñetas contará con outro prato forte, a presenza dun teórico do cómic, o americano Scott McCloud, un dos expertos máis reputados con ampla bibliografía sobre o proceso creativo neste xénero.

A súa obra máis difundida neste ámbito é “Entender el cómic” unha peza teórica que fala sobre a linguaxe do cómic, os seus inicios e as súas claves, utilizando o propio formato do xénero.

Completan o cadro de invitados os españois Pasqual Ferry, un dos debuxantes españois máis internacionais, habitual colaborador nas editoriais Marvel e DC, José Fonollosa -que mostrará no Aquarium os orixinais da súa obra “A viaxe de Darwin”- e Enrique V. Vegas, o pai dos cabezóns que fan as delicias dos máis pequenos.

As salas de Viñetas tamén terán cabida para dous galegos que triunfan na actualidade no mundo da banda deseñada no mercado americano: Emma Ríos e Alex Cal que estarán cos seus seguidores no marco deste Salón do Cómic.

No capítulo de invitados, ademais, Viñetas desde o Atlántico contará coa presenza de Paco Roca, o autor do premiado “Arrugas” que o pasado ano non puido acudir á súa cita neste Salón en cuxo marco se expoñían os orixinais do citado álbum que se achega con formas exquisitas á dura realidade do alzheimer.

Inmersión na historia do cómic book americano

Unha exposición excepcional. Comisariada por Jaume Vaquer, chega a Viñetas unha mostra procedente dun coleccionista persoal que permite repasar exhaustivamente a historia do cómic-book americano máis tradicional e clásico, percorrendo para iso catro décadas, dende os gloriosos 50 ata principios dos 90. Trátase sen dúbida da mellor colección sobre cómic americano que chega ao noso país por primeira vez. Viñetas, ademais, quixo dar unha lectura especial a esta mostra, convidando a vela dende a perspectiva dos seus guionistas.

Así, entre as pezas expostas, poderanse ver traballos da editorial EC, DC, obra da etapa de Stan Lee en Marvel, os 80’s cos guionistas británicos, cun apartado gráfico a cargo de nomes como Jack Kirby, Jack Davis, Wally Wood, Steve Ditko, Jim Aparo, Neal Adams, Dave Gibbons, Mazzucchelli, Mignola, e moitos máis.

Feira da Historieta e salas de exposición

O Paseo de Coches dos Xardíns de Méndez Núñez volve ser o espazo de referencia das editoriais. Decenas de casetas poñerán á venda as últimas novidades editoriais nun recinto ao que se accederá a través dunha enorme arcada vestida con xigantescas lonas ilustradas. Nesta ocasión, ademais, a feira contará cunha carpa na que os editores poderán realizar presentacións das últimas publicacións e organizar encontros cos seus autores.

Os espazos expositivos do salón serán, como en anteriores edicións, o Kiosco Alfonso, a Sala Municipal de Palexco, a Sala de exposicións da Biblioteca Salvador de Madariaga, en Durán Loriga, o Palacio de María Pita e o Aquarium.

O cartel deste ano é bastante chulo (aínda que iso de pór a Torre de Hércules para coruñizar a ilustración aburre):
Cartel de Viñetas desde o Atlántico 2009
Tamén resulta curioso que este ano Viñetas coincida con Festival Noroeste Pop Rock, de xeito nos últimos días do Salón poderemos ver a partir das 10 da noite na praia de Riazor concertos de Calle 13, La Unión e Hombres G (o día 13), El Consorcio e Raphael (14) e No Way Out e The Hives (15). Coido que atraen a un público bastante diferente ao de Viñetas, polo que non creo que haxa moita xente que vaia da feira aos concertos.

Mércores, 29 de Xullo de 2009

Moquete canta ¡Qué Caló!

Para os que non vesen hoxe a sección de Miki Nadal en SLQH, aquí poño o vídeo musical máis axeitado para un verán normal:

A ver se en agosto a xente que vaia a praia pode queixarse da calor, e non facer coma neste xullo que remata, no que a tónica é falar das nubes.
Se gustades da canción, en YouTube ese tal Moquete tamén ten un tema contra o uso excesivo da Internet:

O Moquete non é El Reno Renardo (tende a Mojinos Escozíos), pero fai a súa graza.

Luns, 27 de Xullo de 2009

¿Quén é o actor que sae en Matrimonio con Hijos?

Hoxe en SET en Veo botaron o episodio Todos al cine de Matrimonio con hijos, no que Kelly está a saír cun moteiro chamado Frank ao que cacha no cine con outra no día do seu aniversario. O episodio non tería nada de especial se non fose porque de súpeto caín na conta de quen era o actor que estaba a interpretar a Frank:

¿Caedes vós na conta? ¿Identificades ao actor ao que Al Bundy dá unha malleira?

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios