Xoves, 4 de Xuño de 2009

A reportaxe non emitida pola TVG

Estes días están a falar dun acto de censura na TVG, o que creo que é un pouco esaxerado, pois as canles de televisión non emiten normalmente todo o que mercan (¿Acaso lembrades ver as últimas tempadas de Expediente X en Telecinco? ¿Foi iso censura?).
Por se queredes ver o vídeo para despois opinar con propiedade, velaquí tedes a reportaxe completa, que subiron a YouTube (aínda que non sei se aguantará moito, pois supoño que os dereitos de emisión pertencen á TVG):

Despois de tanto rebumbio parece ser que só demoraron a emisión do documental, o que supoño que vai disparar a súa audiencia (polo morbo).

ACTUALIZACIÓN (5-6-2009): A reportaxe emitirase o vindeiro martes.

12 comentarios realizados

a gravatar

1. lavrego escrito o 4 de Xuño de 2009 ás 19:31

Eu penso que si foi censura. Primeiro por que era o terceiro documental dun proxecto moi anunciado que penso… non lles dera tempo de comprobar se fracasara, a verdade é que a esa hora as audiencias non ian ser maiores se houbese outra cousa.

Mais o programa deste martes fora anunciado na semana pasada e eu estaba agardando para velo, sentoume moi mal ver o filme de o xinete pálido no seu lugar.

Segundo, as excusas dadas non se refiren a que o quitaran da programación por audiencia: os motivos argumentados ian dende a petición dunha organización agraria:XXAA, ata o posíbel “amarillismo” de tal programa e que podería causarlle moito mal ao dector gandeiro.

Toleria …A explicación mais acertada sería decir que como son eleccións o Domingo, como se cambiou a dirección da CRTVG e como os máximos responsábeis da crise das vacas tolas foron os do goberno do PP(na era Fraga) do que participaron membros do actual goberno do PP; non era procedente emitir o programa, si se fixo co programa referido ao “CASÓN”, xa que daquela gobernaban os do PSOE e mais por que non tiveron tempo de quentar o sillon do flamante novo xefe do ente galego.

A iso chámaselle censura: e se non que é retirarlle o programa a Xurxo Souto, meter de contertulio a Xaime Pita no lugar dos habituais, ou o futurible despedimento de Belén Regueira, entre outra persoas que se amosaron discordantes, non co goberno, mais si con determinadas medidas ou atitudes.

Iso é censura, e se non o que é é : represión.

a gravatar

2. Nemigo escrito o 4 de Xuño de 2009 ás 20:46

foi “sensura”

Telegaita anunciou o documental e hoxe mesmo feijolito ven de xustificar non emitir ise documental por que segundo el: non era axeitado

No documental vese a pésima xestión pepera nas vacas tolas. Alguén pensa que emitirán un documental sobre o PPrestige?

a gravatar

3. lavrego escrito o 4 de Xuño de 2009 ás 21:00

Emitir emitirano… pero primeiro ten que morrer que o viu nacer…e logo tentar que a TVG non estea mandada polo PP. E iso pode ser4 mais dificil, xa que na miña opinión, o que non se consiga facer en Madrid… tentarano aquí e a privatización parece ser unha desas cousas que lles encata aos do PP. Por certo agora xa non lle chaman así… como era … ah si: liberalización… coma Aznar que tamén era liberal

Eu penso que dentro de pouco van censurar o Blog de Marcus, e logo privatizano.

a gravatar

4. Jose Touriño escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 8:54

Grazas Marcus por recordalo e enlaza-lo video. Xa o vou difundir eu tamén no meu blogue.

a gravatar

5. Censura na TVG? | Muxicas escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 9:00

[...] a Marcus, pude descubrir el reportaje que cancelaron censuraron en la televisión gallega in extremis llamada “Vacas [...]

a gravatar

6. Marcus escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 11:16

#2 Nemigo, estamos en campaña electoral, e supoño que teñen un bo motivo para non lanzar un documental no que falan mal da xestión anterior do PP. Vaia, que tanto o Prestige como as vacas tolas non parecen temas para airear nestas datas (e poderían dicilo abertamente).

#3 Este blogue foi sempre privado, aínda que se algún político quere censuralo sería unha honra. É máis, estou desexando que unha asociación de veciños, un grupo ecoloxista, unha formación política ou calquera tipo de ONG emprenda unha recollida de sinaturas para pedir o peche deste espazo que contamina a mente dos seus lectores ;)

#4 Como vin que o vídeo estaba en 6 partes, pareceume necesario crear unha listaxe de reprodución para velo dun tirón.
De todos os xeitos, estou algo decepcionado co volume de reproducións que están a ter os vídeos, pois parece que só houbo un par de centos de reprodución completas da reportaxe (despois do que parecía unha boa difusión viral do asunto):
Reproducións en YouTube do vídeo non emitido pola TVG
A ver se mellora a cousa durante a fin de semana.

a gravatar

7. Chimpin escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 12:38

É censura. Nom emitir algo porque os programadores nom o vêm rentável é, como muito, ineptitude. Nom emitir algo anunciado por motivos políticos é censurar.
Respeito do número de reproduçons, pola minha parte, e suponho que máis gente que mim, nom reproducim os vídeos, descargueinos direitamente polo que nom creo que saia nas estatísticas (nom sei como vam, se sumam ao entrar na página ou ao dar-lhe ao Play.)

a gravatar

8. Marcus escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 14:07

Chimpín, sospeito que as descargas directas si computan porque dispositivos coma o iPhone acceden directamente a eses ficheiros.
Está claro que o xeito de actuar non foi o axeitado, pero continúo a pensar que non é exactamente censura, pois de entenderse que a reportaxe tiña carga política, estaba a emitirse nunha canle pública e fora programada polo equipo de dirección designado por un Goberno saínte… a propia Xunta Electoral Central podería pedir a súa demora para non coincidir coa campaña electoral. Non esquezamos que a reportaxe non tiña nada de actual (non é o mesmo aprazar un contido atemporal que unha peza para un informativo). ¿É censurar cambiar o día de emisión dun documental? A min non me parece que sexa así, e continúo a pensar que tal actuación vai ter un efecto perverso (de emitirse no seu momento tería moita menos audiencia da que vai ter o martes que vén).

a gravatar

9. lavrego escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 20:15

Cambiar a emisión dun documental, en principio non é censura, pospoñelo para dentro de varios anos, pois non creo que lle sexa oportuno ao goberno nunca, iso xa se parece mais á censura. Iso tendo en conta que non podemos comparar un documental do mundo animal ou calquer temática que nos é mais ou menos superflua, con un documento de recopilación de información, moi semellante a un programa informativo.

Por outra parte eu non creo que o PP saia mal parado neste documental, xa que se non o saiu daquela, mal vai ser agora. E o programa recolle as opinións dos respomsábeis da consellaria, penso que sen sacalas de contexto, onde opinan o que lles da a gana.

Polo tanto parece censura. Se o emiten para a semana retiro o dito, deixa de ser censura para ser manexo político dos medios públicos. Igual que fixo o PSOE ao facer cadrar a emisión deste programa coa semana das eleccións.

É o que hai

a gravatar

10. Marcus escrito o 6 de Xuño de 2009 ás 0:44

Lavrego, como puxen ao actualizar a entrada, xa anunciaron que a reportaxe vai emitirse o vindeiro martes.
Está claro que unha reportaxe non vai cambiar a intención de voto dun xeito significativo, pero non se pode negar que poida resultar incómoda a súa emisión. Vaia, que se con Prestige non pasou nada… despois de tanto tempo dubido que o tema das vacas tolas vaia crear polémica.

a gravatar

11. fandinho escrito o 8 de Xuño de 2009 ás 10:58

eu, aínda non me fío que o boten o martes, andoo descargandoo non vaia ser o demo ;)
por certo, para min si foi un claro exemplo de censura, como o é o de xurxo souto na tvg, e como o seguirán sendo esta caza de bruxas da crtvg…

a gravatar

12. Marcus escrito o 8 de Xuño de 2009 ás 12:33

Fandinho, ten por seguro que despois do cristo que montaron mañá van emitir a reportaxe na TVG.

Co de Xurxo Souto supoño que te refires ao seu cesamento na Radio Galega, o que non ten nada que ver coa censura: lembra que o cargo que tiña era político, polo que ao cambiar o Goberno da Xunta era normal que deixase de ter responsabilidades (aínda que non quedou ben que conservasen o nome do seu programa de radio cambiando totalmente os seus contidos).
Para que todo iso cambie o que teñen que facer é reformar o regulamento do Ente Público (como prometeron todos os partidos e aínda non fixo ningún) para dotalo de certa independencia, de xeito que non actúe sempre coma un catavento segundo o aire que veña da Xunta. Mentres, a RTVG será un apéndice do Goberno autonómico (guste ou non).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios