Domingo, 28 de Xuño de 2009

Tócame el Windous

Baixo o dominio de Internet canciondelverano2009.com preséntase a canción Tócame el Windous, que podemos descargar de balde en formato MP3, ameazando con estrear vídeo musical en breve. Mentres podemos conformarnos coa súa interpretación en directo:

Dubido moito que o Brody chegue a ter moita relevancia pois o verán xa está aquí e leva acumuladas poucas reproducións en YouTube, pero se nalgún programa de televisión (¿SLQH?) fan algunha coña coa letra da canción, a cousa pode cambiar.
De todos os xeitos, para min o mellor da canción é cando podemos escoitar o son predeterminado en Windows para a conexión de dispositivos USB, porque o que é a coreografía do vídeo… ¡mellor esquecela!

4 comentarios realizados

a gravatar

1. moinante escrito o 1 de Xullo de 2009 ás 22:25

:D :D :D :D

a gravatar

2. moinante escrito o 10 de Xullo de 2009 ás 18:31

Pois hoxe xa a puxeron en SLQH!

a gravatar

3. Marcus escrito o 10 de Xullo de 2009 ás 18:41

É o que ten o Sr. Nadal, que remata poñendo todo canto vídeo friki hai na Internet (aínda que puido afectar que saiu esta mañá en Microsiervos).

a gravatar

4. marcus.es » Novo intento de canción do verán escrito o 13 de Xullo de 2009 ás 19:40

[...] gañar o título de canción friki do verán está a chegar a niveis absurdos, e tras o patético Tócame el Windous chegan agora The Corridas co seu Vivo poyeya: O tema ten un nivel poético que pretende eclipsar a [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios