Shaq enfrontarase ao rei da canastra de YouTube
Bruce Manley flipou a milleiros de persoas en YouTube coas súas canastras artísticas case imposibles:
E resulta que incluso Shaquille O’Neil gustou do fenómeno e retou ao mozo a través de Twitter para competir coas regras do H-O-R-S-E (por unha bolsa de 1.000 dólares). Vale que no vídeo só saen os tiros bos de Manley, pero estou certo de que o clip co enfrontamento das dúas estrelas do baloncesto (unha da NBA e outra de YouTube) vai ser todo un éxito na Rede, e incluso vai invadir as pantallas dos informativos televisivos cando teña lugar o orixinal encontro de forzas durante o mes de xullo. ¿Quen gañará? Eu non o teño nada claro.




2 comentarios realizados
1. moinante escrito o 1 de Xullo de 2009 ás 22:13
A min sóame hai tempo de ver un vídeo no que se enfrontaba un xogador da NBA con outro coñecido xogador de rúa. Era ao mellor de tres e perdía o da NBA. Estíveno buscando pero non o atopo
Edito: se antes o digo antes o atopo: http://www.youtube.com/watch?v=Ysv3v7uXblw (Stuat Tanner contra o xogador dos Nets Devin Harris)
Non me estrañaría que a historia se repetise.
2. Marcus escrito o 1 de Xullo de 2009 ás 22:45
Moiante, o caso que dis foi bastante raro por tratarse dun 1 on 1. En cambio, o Shaq vs Manley é moi impredicible por si mesmo, xa que non coñecemos a habilidade de ningún dos dous facendo H-O-R-S-E (as gravacións de Manley están editadas, e Shaq xoga en partidos, non a balón parado).